Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 19 de Xaneiro de 2006

Bibaltua

Publicado en Galicia Hoxe

NOITE DE TLATELOLCO

Implican a Bilbatúa na filmación da Matanza na Praza das Tres Culturas
Redacción. Santiago
Imprimir

Bilbatúa foi, co ex director da escola de Imaxe e Son, a estrela do Festival de Cine Independente de Ourense

A memoria é moitas veces escura. Demetrio Bilbatúa, recentemente homenaxeado pola súa traxectoria no Festival de Cine de Ourense, na sección Cine e Emigración que coordina o ex director da Escola Galega de Imaxe e Son Manolo González, ve como o persegue a sombra dunha das páxinas máis negras da historia de México , a universalmente coñecida como Matanza da Praza das Tres Culturas.

Naqueles acontecementos, acaecidos o 2 de outubro de 1968, produciuse a matanza de estudantes que protestaban contra o goberno do PRI presidido entón por Gustavo Díaz Ordaz. Nunca chegou a saberse con exactitude o número de mortos na represión, que forma xa parte da historia.

Un libro editado pola Universidade Iberoamericana, El 68 en el cine mexicano, inclúe testemuños que implican o documentalista galego na filmación desde un helicóptero dos estudantes que se manifestaban na Praza e que acabaron abatidos polas balas de policías e francotiradores na coñecida como Noite de Tlatelolco. Bilbatúa e o seu irmán Ángel traballaban para o goberno de Díaz Ordaz, cuxo ministerio de Gobernación pediu filmar a matanza.No citado libro, o cineasta Leobardo López Arretche acusa a Bilbatúa de facer esas filmacións. "Os estudiantes non podían facer nada; o único que alcanzaban a observar era que os estaba a fotografar e en resposta, os alumnos detiveron a marcha e deitáronse na avenida e escribiron a palabra puto para que os visen. Os fotógrafos oficiais eran apupados, non se achegaban senón era por aire e desde lugares claves desde os que se podía filmar a manifestación".

O nome de Bilbatúa aparece asociado á matanza da Praza das Tres Culturas nas sucesivas revisións e comisións da verdade que tratan de recuperar a memoria histórica daquela noite.

O pasado mes de novembro, Bilbatúa recibía a homenaxe do Festival de Cine Independente de Ourense, introducido por Manolo González, director da Escola de Imaxe e Son no goberno de Manuel Fraga e asesor no festival ourensán da sección Cine e Exilio. Nese mesmo festival, ademais de Bilbatúa, houbo outro homenaxeado máis: o propio Manolo González.

Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (1)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Primeira caza de bruxas, ou de Meigas galega. Quitade as vosas suxas mans do audiovisual!!!!! | 2006-01-19 03:06:42
[...] Bibaltua A sobra de Pérez Varela complícalle a Manolo González a conquista do CGAI Manolo Gonzalez ten case perdida a batalla polo CGAI Mutismo en el audiovisual Despois de ler todo esto o único que vexo claro é que Manolo Gonzalez é [...]

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009