Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 19 de Xaneiro de 2006
Publicado en Galicia Hoxe
SOBRE HEROES E TUMBAS
Que fixemos nós para merecer isto, María?
CAETANO DÍAZ
Está envelenado o planeta no que habitan os gurús do audiovisual. Encanallado á conta dunha pequena guerra que agocha, ai!, grandes miserias e na que os periodistas de GH son notarios, nunca protagonistas.
O que se xoga aquí non é fortuna e gloria –lembran a película de Indiana Jones?-, pero case. Do que estamos a falar é de modelos de subvención para as empresas do sector e de control a través do CGAI, ese instrumento de poder polo que disputan socialistas e nacionalistas. No medio, o druída máis druída de todos os druídas: Manolo González, ex director da Escola de Imaxe e Son, ex directivo de Dygra e autor dos programas electorais do PSdeG e do Bloque no que atinxe ó audiovisual. Un profesional con experiencia, con prestixio, cunha capacidade de traballo digna de figurar no libro Guinness e cun don da ubicuidade que para si querería o mago Houdini.
Resulta que o benegá quere situar o señor González, asesor agora da conselleira de Cultura, á fronte do CGAI, previo traspaso do centro polo secretario xeral de Comunicación. Resulta, tamén, que Fernando Salgado, fino estratega, non lle ve ningún beneficio, todo o contrario, a esa cesión. E resulta que GH conta isto e algunhas das sombras –non todas, ollo– da brillante folla de servizos de don Manolo. Total, que aquí está un humilde periódico galego culpable de lesa traizón –mala la hubisteis, franceses, en esa de Roncesvalles–. Anatema, anatema! Publicamos hoxe nas páxinas de maré unha durísima carta de María Bouzas, na que a respectada actriz descualifica a última información de GH sobre a guerra de González, a quen, por certo, non teño o pracer de tratar, nin manteño con el, só faltaría!, conta ningunha que saldar. Logo de ler a misiva, estupefacto, só me atrevo a preguntar: que fixemos nós para merecer isto, María?
Por: Fagot | Institucións | Comentarios (0) | Referencias (1)
URL para referencias o trackbacks
Primeira caza de bruxas, ou de Meigas galega. Quitade as vosas suxas mans do audiovisual!!!!! | 2006-01-19 03:06:46
[...] Galicia Hoxe deféndese
Sen embargo eu non deixo de ver un tono de guasa neste amago de editorial xa que aínda que se retracten ou non, o mal xa está feito. De feito todavía se deixa entrever un ton ameazante en plan "aínda non contamos t [...]