Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 19 de Xaneiro de 2006

Máis leña

O xornal dixital Galicia Hoxe non da por zanxada a polémica sobre o CGAI e volver cargar as tintas contra a Consellería de Cultura.

En portada de Galicia Hoxe o 19-01-2006

Reproducimos aqui a noticia íntegra:

AUDIOVISUAL EN PÉ DE GUERRA

Ánxela Bugallo aperta para que Pérez Touriño lle ceda o CGAI
redacción

Nos últimos días, o asesor da Consellería de Cultura, Manolo González, vén recollendo apoios no sector audiovisual para contrarrestar as informacións que publicou en datas recentes este xornal sobre a proposta presentada por González á Academia dun cambio na concesión de subvencións ao sector.

Para conseguir apoios en forma de sinaturas, o promotor principal dunha carta que pide o apoio a González é o ex director do CGAI, Pepe Coira, quen nesta lexislatura aspiraba a dirixir o Consorcio Audiovisual. Coira e González formaban un tándem que tentaba ocupar os principais cargos vinculados ó audiovisual en Galicia, como xa fixeran a mediados dos anos 90.

Unha vez frustradas as súas aspiracións para acceder ó Consorcio, Coira activa agora unha misiva dirixida ó sector na que se critican "varios escritos aparentemente informativos" no xornal GALICIA HOXE, informacións que, ó seu ver, "buscan poñer en cuestión a dignidade de Manolo González".

Esta carta, que Coira e González queren facer pública nos próximos días, afecta a un sector, o audiovisual, particularmente sensible ás subvencións que estarán controladas directamente polo asesor do gabinete de Cultura, Manolo González. Neste sentido, poderíase respirar certo clima de presión que forzara o audiovisual galego a unha postura de "lealdade incondicional" a aquel de quen vai depender a repartición de axudas públicas.

Ó mesmo tempo, Ignacio Vilar, que podería ser un dos principais favorecidos pola política audiovisual ‘minifundista’ proposta por González, patrocina tamén outra carta de apoio ó asesor de Cultura.

Non é casual que a xénese desta carta coincida coa nova arremetida de Ánxela Bugallo para que a Consellería de Cultura asuma o CGAI. Para xustificar o que parece que é un pulso de poder que vai máis aló do propio CGAI, Bugallo entregoulle a Touriño un informe comparativo co que intenta lexitimar que Cultura asimile o centro e Manolo González acceda ó cargo.

----------------------------------------------------------------------------------

Agora, segundo este xornal parece que todos os que consideramos que se lle está a dar un trato inxusto a Manolo González somos sospeitosos de querer conseguir ou algún posto, ou ben queremos asegurarnos cartos na vindeira convocatoria de subvencións. Eu doulle as gracias a este xornal pola parte que me toca xa que son unha voz anónima que tamén subscribe o texto de Pepe Coira sen ningún tipo de afán máis que denunciar o trato inxusto que se lle está a dar a un compañeiro de profesión.
En breve publicaremos a carta en cuestión e os asinantes da mesma. Mentres tanto aí vai unha escolma de comentarios recollidos no xornal Galicia Hoxe pertencentes a profesionais do audiovisual de distintos eidos.

-----------------------------------------------------------------------------------

Pepe tamén?
Escrito por Púri Seixido o 2006-01-19 14:10:29
Estou que case me caen as zocas dos pés do susto que teño. Pepe Coira tamén quere un posto!!! (Xa saberán que Pepe tivo un bo posto, director do CGAI, e que o deixou por propia vontade para dar clases na Escola de Imaxe e Son) E Ignacio Vilar tamén quere a súa tallada, insinúan vostedes. E supoño que todos os profesionais que asinen esa carta van querer tamén cacho por decir publicamente que Manolo González non merece o trato que o seu xornal lle está dando. Menos mal que me avisan, porque eu xa asinei esa carta e non pedira nada. So vexo un problema. Somos tantos que imos ter que andar a piñas para repartir.
(Por certo, Redacción, as informacións non se contrarrestan, se contrarrestan os seus efectos)

Apoio
Escrito por Carlos Alberto Alonso o 2006-01-19 13:33:23
Todo meu apoio sinceiro, humilde e condicional para Manolo Gonzalez. O seu, e amor polo Cinema, coñecendo a sua trayectoria so destaca unha cousa, paixon polo Audiovisual Galego. Graciñas.

nin te enteras
Escrito por carlos oro o 2006-01-19 12:00:19
A modo. Volvemos ó mesmo, deixe de mentir. Non tal, a ver si se entera. Hai máis xente no audiovisual que os productores.Quizabes o problema é que hai alguén que non quere enterarse. Non teña afán de protagonismo, non hai tal guerra. Quizabes, e propiciado por vostede, sí estemos ante unha homenaxe en vida a Manolo. Pena para él, nunca gustou de protagonismo; saiba que posiblemente Manolo González participou de forma directa ou indirecta e máis de 1000 produccións audiovisuais galegas e que nunca quixo figurar nos créditos. É un home ó que lle gusta o cine, por estética e por ética. ¿É a vostede?.

O audiovisual galego non precisa de mái
Escrito por pepe barba o 2006-01-18 13:17:48
O Ata agora publicado non é de meros “notarios”. Da a casualidade de que eu tamén son ex director da Escola e ex directivo de Dygra, e non sinto ningunha sombra sobre mín, máis ben orgullo do traballo e da compañía, entre outros, de Manolo González. ¿Qué fixo Manolo que non fora traballar? Traballar é agora motivo de descalificación. É curioso que algunhas das xentes do audiovisual que están detrás desta insidia nin soñarían con traballar neste medio se Manolo González non fixera o que fixo os últimos 20 anos. ¿Comeza así o ruido? ¿Qué pretenden facer? ¿Quén son os aliados e informadores desa redacción de Galicia Hoxe? ¿A quén perxudica o baremo? Deixade traballar a Manolo, e tratade de batirlle no terreo do debate político ou cultural, se sodes capaces. Pero non con desprestixios, falacias ou mentiras. O audiovisual galego non precisa de máis turistas.

Por: Fagot | A Debate | Comentarios (2) | Referencias (1)

Comentarios

Estupideces, so se din estupideces. Perder o tempo en intentar desprestixiar a unha boa persoa como Manolo González, que por unha parte non ten nada que demostrar a ninguen a nivel profesional, e que o único que fixo foi invertir nun crecemento sostido do audiovisual en Galiza, me parece unha autentica estupidez.

O que está acontecendo é que a maior parte da xente que nestes intres está de algunha maneira involucrada de rebote neste noso audiovisual, ten falta de memoria, porque antes cando comenzaba a cocerse todo este tinglado do audiovisual galego e do cinema. Todo dios ía a pedir consello ó noso Manolo.

Todos estes garrulos que non tiñan nin puta idea de cinema e de audiovisual e que progresaron en parte as maestrias e contactos de Manolo agora estan actuando de mala fé. E o único que demostrar é unha ignorancia importante así como unha falta de dignidade e miseria persoal moi grande.

Os autoproclamados cineastas ou artistas galegos, que noutrora eran simplemente átomos perdidos de ignorancia resula qye agora actuan de prepotentes, coma na etapa da República. Manda carallo. Quen te viu e que te ve. Antes pedias favores e agoras largas merda contra o que che axudou sempre de forma desinteresada.

Menuda tropa do carallo.

Non te preocupes Manolo, émbexa, embexa, embexa. moito che teñen que agradecer en Galiza, porque sempre te amosaches como unha persona con sentimentos hacia o cinema, como unha persoa culta, como unha persoa orixinal, como unha persoa da que na miña humilde opinión sempre se aproveitou todo o mundo porque sabian que eras unha boa persoa. Ó final sempre pasa o de sempre, das boas persoas aproveitanse o os autenticos malos sobreviven trepando pola árbore da miseria.

Ánimo Manolo. Queremoste.

F. LAURENTIS en latín. | 20-01-2006 11:48:49

Francamente, paréceme algo esaxerado pero supoño que non falta razón en moitas cousas.

Fagot | 21-01-2006 17:48:53

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Antonio Simón será o novo director do CGAI | 2006-04-27 12:58:10
[...] berrinche que se pillaron no BNG, o CGAI nunca chegou a estar no seu control pese ós pactos de goberno (fagamos memoria) E todo remataba nun reparto de pastel audiovisual. Pero cando a cousa parecía zanxada, Sorpresa!!!! resulta que pese a [...]

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Johnny depp