Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 19 de Xaneiro de 2006

Manolo González ten perdida a batalla polo CGAI

Publicado en Galicia Hoxe

Manolo González xa ten case perdida a batalla polo control do CGAI
Redacción . Santiago
Imprimir

O sector audiovisual reunirase o luns en Compostela para nomear unha comisión que valore e traballe nunha proposta alternativa á de Manolo González, que pretende a renovación do sistema de concesión de subvencións ó audiovisual.

Á reunión están convocados distintos colectivos profesionais como a Asociación Galega de Produtores Independentes (Agapi) e a Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual (AEGA), segundo o anunciou onte o presidente desta última, Ramón Domínguez, que declinou manifestarse sobre a proposta formulada polo actual asesor en temas do audiovisual da Consellería de Cultura, Manolo González, anterior responsable de Dygra.

A súa proposta, presentada o pasado 15 de decembro na terceira edición do Foro organizado pola Academia Galega do Audiovisual, establece o acceso dos produtores ás subvencións segundo dous modelos: a produción ou coprodución maioritaria e minoritaria que requirirían, nos dous casos, a rodaxe en galego –agás na animación– e que o produtor galego achegue sempre o capital maioritario (o 51% se é coproducción bipartita, o 35 %, se é tripartita).

Ademais, a proposta de González inclúe un baremo para o equipo técnico e o persoal das empresas, segundo o cal só podería acceder ás axudas quen traballe con xente natural ou residente en Galicia, algo necesario para conseguir axudas públicas xa que a puntuación mínima para acceder a estas se fixa en 24 puntos no caso das longametraxes e en 26, no da animación.



A vocal de Agapi reclama algo máis que un baremo

Ante este borrador, o sector reaccionou con múltiples puntualizacións e críticas. Emma Lustres, unha das responsables de Vaca Films e unha das vocais de Agapi, cre "positivo" que non sexa unha proposta pechada pero destaca que se esperaba algo máis da proposta de González xa que, explica, "se dende a Administración se quere un cambio, non é suficiente con falar dun baremo senón que hai máis aspectos que afectan á política audiovisual."

Dende o punto de vista da vogal de Agapi, a política audiovisual da Xunta "debería ser flexible para dar cabida ós diferentes modelos que existen ou poderían existir. É perigoso favorecer uns modelos e non outros", recalca Lustres que asegura que a Asociación leva máis dun mes "traballando e preparando unha contraproposta."



A proposta podería levar a un "illamento financeiro"

Do mesmo xeito, a actriz María Bouzas valora criticamente a proposta de González nunha carta de catro páxinas aberta ós membros da Academia xa que "non comparto que este borrador que (Manolo González) nos fixo chegar a Academia se cualifique de documento interno" e, un pouco máis adiante sinala: "Nunca comprendín que se poida cualificar de asunto interno, calquera "asunto" que teña que ver con cartos públicos".

A actriz de Mugardos cre que "o camiño non é privilexiar unha produción por rodarse en galego". Na súa opinión, esta vía podería levar a un "illamento financeiro, creativo, cultural..." que tería como risco a desaparición do sector.

Bouzas pregúntase por que as películas de animación non teñen que cumprir as mesmas regras idiomáticas que as longametraxes. "¿E se alguén decide producir e non dobrar unha película na que se falen varios idiomas?", reitera.

A intérprete, coñecida pola súa participación en filmes como Heroína, O alquimista impaciente ou Arde amor, manifesta a súa preocupación polo sistema de puntuación dos profesionais galegos. "Vai puntuar máis un director de fotografía galego que Alcaine, Aguirresarobe ou, xa postos a soñar, Storaro?" e máis adiante, "¿por que resulta puntuable a nacionalidade se o profesional en cuestión está cualificado?", prosegue.

As reflexións desta veterana actriz rematan cunha dose de realismo. "Creo que só dende unha análise sincera e honesta da situación do audiovisual, afastada de intereses particulares, se poden establecer unhas regras do xogo que regulen as axudas para que sirvan de estímulo para a consolidación do audiovisual e para que eviten un mal que sempre rolda os nosos oficios: comida para hoxe (moita para algúns) e fame para mañá (para todos)."

Da mesma opinión se mostra Manuel Cristóbal, ex colaborador estreito de Manolo González na súa etapa como director de Dygra, nunha carta que enviou á Academia. Na misiva, Cristóbal cualifica o sistema de puntuación "complexo", "anticuado" e que podería "granxear certas simpatías (non creo que maioritarias) pero que deixa abertos moitos interrogantes", advirte.

"Se hai que avisar cada vez que se cambia a alguén do equipo daría lugar a unha intromisión importante por parte da Administración", recalca este antigo colaborador do actual asesor do gabinete de Ánxela Bugallo, e engade que "se (o sistema) supón unha redución na achega da Xunta crearía unha indefensión do produtor moi grave e importante", remata.

Traspés que custan un posible cargo

Manolo González, coñecido no Bloque e no PSOE por ter preparado paralelamente o programa audiovisual das dúas formacións nas eleccións do 19 de xuño, algo do que informou GALICIA HOXE, e que foi acollido con estupor en ambos partidos, sonou nun principio como posible director do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Non obstante, a estas alturas, parece que o seu nome xa non figura entre os dos posibles candidatos ó cargo.

O seu papel "bifronte" nas últimas eleccións autonómicas, e erros como o seu apoio no Festival de Cine de Ourense ó desembarco en Galicia do empresario Demetrio Bilbatúa –ó que implica na filmación da matanza da Praza das Tres Culturas en México– non parece que axudasen moito ó home a quen Pérez Varela considerou, no seu discurso de despedida como conselleiro, un dos seus máis firmes colaboradores dentro do audiovisual.

Por: Fagot | Institucións | Comentarios (0) | Referencias (2)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Primeira caza de bruxas, ou de Meigas galega. Quitade as vosas suxas mans do audiovisual!!!!! | 2006-01-19 03:06:43
[...] Manolo Gonzalez ten case perdida a batalla polo CGAI Mutismo en el audiovisual Despois de ler todo esto o único que vexo claro é que Manolo Gonzalez é o que menos importa nesta historia, xa que en ningún momento apareceu ningunha inform [...]

E esto como se come? | 2006-03-07 13:30:50
[...] Manolo González ten perdida a batalla polo CGAI O CGAI almacenará o legado cinematográfico de Cortazar. Por: Fagot | A Debate | Comentarios (0) | Referencias (0) Comentarios Comentar [...]

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Jessica alba