Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 19 de Xaneiro de 2006

O CGAI proxectará "El perro negro"

La Voz de Galicia 19-12-2005

Recuperan imaxes rodadas por un galego nun cárcere franquista
19/12/2005 | Cultura y TV
O cineasta filmou escenas da fronte na Guerra Civil e da cadea cando foi detido en Estremadura
A metraxe foi incorporada á película «El perro negro» que se estrea o día 23 no CGAI

* Díaz Noriega, o máis veterano dos cineastas afeccionados galegos

M.A. Fernández | redacción

A propósito das películas realizadas durante a Guerra Civil polo gran cinéfilo e prolífico cineasta afeccionado José Ernesto Díaz-Noriega, o historiador Jaime Pena xa recollía no libro La Coruña y el Cine II (Vía Láctea), escrito en 1995 xunto a José Luis Castro de Paz, a súa película en formato 8 mm., Revista 8 , filmada en 1939 «tras ser detenido en la contienda civil española con una cámara que logró mantener oculta».
Estas filmacións constituíron durante moito tempo unha especie de mito, ao ser rodadas clandestinamente durante a estancia de Noriega no cárcere e tamén na fronte de Estremadura.
Consideráronse desaparecidas, ata que o cineasta húngaro Péter Forgács realiza en 2005 a documental El perro negro , centrado na guerra civil española a partir de imaxes de cinema afeccionado dos anos trinta, motivo polo que o filme acada unha especial significación para o cine galego, ao incluír moitas das filmacións realizadas no período por José Ernesto Díaz-Noriega, notoria e salientable figura que impulsou o cine en Galicia nos anos sesenta e setenta do século pasado. A parte Revista 8 , Noriega tamén fixo Un frente en calma en 1939, sobre tres amigos nunha trincheira durante a Guerra Civil, dos que un deles aproveita unha tregua para visitar a súa familia e mátano. Contendo escenas cotiáns da fronte bélica e filmada nas auténticas trincheiras, a trama de ficción seica se fixo realidade uns días máis tarde, cando un dos soldados morreu realmente. El perro negro será proxectada en A Coruña polo Centro Galego das Artes da Imaxe o vindeiro 23 de decembro e suporá a estrea destas imaxes filmadas por un galego de adopción que mantivo unha estreita relación cos primeiros cineastas galegos dos anos setenta.
Aínda que desvinculado do sector desde finais dos oitenta, o VII Certamen de Cine de Humor Ciudad de la Coruña ofreceulle en 1979 unha retrospectiva de toda a súa obra e en 1985, o cine club Carballo dedicoulle unha homenaxe acompañada da monografía Díaz-Noriega, cineasta galego (Entregas de Comunicación Cultural, Santiago, 1985), coordinado polo seu presidente daquela, Frutos Fernández, co cal se recoñecía o seu importante papel a prol do audiovisual galego e a longa producción de cine realizada desde a súa particular condición.
De toda a súa produción feita en Galicia destaca en particular Cine amateur (1965), en 16 mm, filme satíritico-didáctico que acadou máis dunha ducia de premios nacionais e internacionais, entre eles o primeiro premio do Festival de Cannes de Cine Amateur.

Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (1)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Primeira caza de bruxas, ou de Meigas galega. Quitade as vosas suxas mans do audiovisual!!!!! | 2006-01-19 03:06:41
[...] O CGAI proxecta "el perro negro" O CGAI proxecta cartoons O CGAI recupera a filmografía dun director sueco A maioría, novas sen trascendencia que servían de maniobras publicitarias para xustificar a actuación dunha institución que dura [...]

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Mariah carey