Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 19 de Xaneiro de 2006
La voz de Galicia 15-01-2006
Varios filmes do documentalista sueco Mikael Morling, cedidos ao CGAI
15/01/2006 | Cultura y TV
As películas foron filmadas nos años setenta na costa de Bueu e na illa de Ons
As cintas serán presentadas o vindeiro xoves nunha homenaxe a Staffan Morling
* Dez filmacións documentais para a televisión norueguesa
Miguel Anxo Fernández | a coruña
O Centro Galego de Artes da Imaxe vén de ampliar os seus xa nutridos fondos cinematográficos nun eido aínda escaso no audiovisual galego recuperado, como o é o antropolóxico. Esta ampliación foi posible grazas á xenerosidade de Staffan Morling e a súa dona, Josefa Otero Patiño, co depósito das filmacións realizadas a comezos dos setenta na illa de Ons polo seu irmán, o documentalista sueco Mikael Morling, morto prematuramente en 1990, á idade de 48 anos. Nado en 1941, na vila de Karlstad (Värmland), traballou durante varios anos para a produtora do seu país, Cebra Film, especializada en filmacións de natureza e antropoloxía. Pouco antes da visita de Morling a Galicia, seu irmán, o antropólogo e fotógrafo Staffan Morling, cualificado estudoso da nosa vida mariñeira, remitiu a Mikael unha película realizada por el no formato súper 8, daquela chamado caseiro , sobre a Illa de Ons, lugar onde Staffan residiu e traballou durante dous años dedicado ao estudo das súas xentes e os seus costumes.
Na opinión de Lino Lema, que interveu nas xestións do depósito, as filmacións de Morling «son de gran valor antropolóxico por recoller en imaxes a vida cotiá da comunidade de pescadores da illa de Ons, agora desaparecida». Son, polo de agora as únicas do seu tipo das que dispón o CGAI, e que actualmente está a realizar a súa dixitalización para mellorar a calidade do seu son, recuperar a viveza das súas cores orixinais e en xeral proceder á limpeza de po e fungos, duns materiais que permaneceron inéditos durante máis de tres decenios.
A institución, con sé na Coruña e dependente da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, conta cun dos equipos técnicos e humanos máis prestixiosos para a restauración e conservación de filmes históricos.
Unha escolla de secuencias destas películas mostrarase por vez primeira ao público o vindeiro 19 de xaneiro durante a homenaxe que, promovida polo Concello de Bueu, a asociación de amigos das embarcacións tradicionais Os Galos de Bueu e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, coa colaboración da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, dedicaranlle no Centro Social do Mar ao fotógrafo e antropólogo Staffan Morling, actualmente profesor da Universidade sueca de Lund, e autor dos estudos publicados en galego As embarcacións tradicionais de Galicia e lanchas e dornas . A estabilidade estructural e a morfoloxía das embarcacións tradicionais de Galicia .
Cos materiais fílmicos da autoría de Mikael Morling, o CGAI incrementa o seu xa interesante patrimonio cinematográfico de carácter histórico, recentemente enriquecido coas películas privadas realizadas polo escritor arxentino Julio Cortázar, cedidas á institución coruñesa pola súa viúva e albacea, a ourensá de Dacón, Aurora Rodríguez.
Por: Fagot | Institucións | Comentarios (0) | Referencias (1)
URL para referencias o trackbacks
Primeira caza de bruxas, ou de Meigas galega. Quitade as vosas suxas mans do audiovisual!!!!! | 2006-01-19 03:06:42
[...] O CGAI recupera a filmografía dun director sueco
A maioría, novas sen trascendencia que servían de maniobras publicitarias para xustificar a actuación dunha institución que durante anos tivo unha actividade nula. Así, das novas recolidas [...]