Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 19 de Xaneiro de 2006
Publicado en Galicia Hoxe
COAS VELLAS CARAS NOVAS
Pacto para que o BNG controle o CGAI e o PSdeG o Consorcio do Audicovisual
maré. Santiago
Imprimir
O futuro do CGAI –un dos últimos flocos do pacto de goberno do bipartito – está encol da mesa, aínda que a súa vinculación á Consellería de Cultura é, a estas alturas, totalmente firme.
Péchase así un acordo –logo de atravesada a fronteira dos cen días de goberno e só pendente da súa formalización– que contempla o desembarco do Consorcio do Audiovisual, como entidade dependente da Secretaria Xeral de Comunicación en mans de Fernando Salgado e vinculada ao PSOE a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.
E co acordo chegaría a renovación, aínda que realmente os candidatos no recambio son os nomes que pilotaron a política audiovisual do maior parte do tempo do goberno de Manuel Fraga. Fálase de Manolo González como a persoa que levaría as rendas do CGAI, en substitución de Xosé Luis Cabo, e fálase de Pepe Coira como o nome chamado a dirixir o Consorcio do Audiovisual.
Non sería a primeira vez que estes dous nomes cadraran, xa que o tandem González-Coira leva unido dende os tempos en que o primeiro dirixiu a Escola de Imaxe e Son –sendo o seu membro fundador– e o segundo, o CGAI: foron dez anos, oito deles baixo o veo do PP.
Unha vinculación que continuou ó abeiro do Festival de Ourense onde González, un dos seus principais impulsores, vén de ser homenaxeado e onde Coira coordina dende hai tempo algunhas das seccións do audiovisual nun certame que naceu hai dez anos co impulso popular, tanto de Manuel Cabezas dende Concello como de Xosé Luis Baltar dende a Deputación ourensá.
Nomeamentos para unha segunda fase do pacto
A pesar de que os nomeamentos ocuparían unha segunda fase do pacto, dáse por firme a baza de González, coñecido tanto nas ringleiras nacionalistas como socialistas xa que interveu na elaboración dos programas audiovisuais das dúas formacións nas pasadas eleccións do 19 de xuño. Home vinculado á produtora Dygra e asesor para temas do audiuovisual no gabinete de Ánxela Bugallo, collería as rendas dun CGAI que o novo goberno ten intención de renovar cun aumento substancial do presuposto así como un maior impulso ás producións do país.
Tampouco faltan voces que apuntan a intención de González de reconverter o nome do CGAI, que pasaría a considerarse Instituto das Artes Audiovisuais.
Dúas bazas para o Consorcio
A pesar de que o nome de Pepe Coira soa con forza para ocuparse da dirección do Consorcio, parece que o de Nacho Varela, vinculado a produtora CTV, é outra da propostas que se valora para levar as rendas dunha entidade que enfílaría unha total renovación no "sistema" de avaliación para o repartimento da torta audiovisual do país.
Por: Fagot | Institucións | Comentarios (0) | Referencias (3)
URL para referencias o trackbacks
Primeira caza de bruxas, ou de Meigas galega. Quitade as vosas suxas mans do audiovisual!!!!! | 2006-01-19 03:06:42
[...] Pacto para que o BNG controle o CGAI
Bibaltua
A sobra de Pérez Varela complícalle a Manolo González a conquista do CGAI
Manolo Gonzalez ten case perdida a batalla polo CGAI
Mutismo en el audiovisual
Despois de ler todo esto o único q [...]
E esto como se come? | 2006-03-07 13:30:50
[...] Pacto para que o BNG controle o CGAI
A sombra de Pérez Varela sobre Manolo González
Manolo González ten perdida a batalla polo CGAI
O CGAI almacenará o legado cinematográfico de Cortazar.
Por: Fagot | A Debate | Comentarios (0) | Ref [...]
Antonio Simón será o novo director do CGAI | 2006-04-27 12:58:10
[...] http://apelidodia.bitacoras.com/archivos/2006/01/19/pacto-para-que-o-bng-controle-o-cgai(Camilo Franco/Santiago)
A relevancia política que o goberno da Xunta de Galicia concedeu ao CGAI ao disputar en que lado do bipartito había de caer co [...]