Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 19 de Xaneiro de 2006

Primeira caza de bruxas, ou de Meigas galega. Quitade as vosas suxas mans do audiovisual!!!!!

PSOE, PP, BNG, Galicia Hoxe, Manolo González, CGAI e a crónica dun comportamento lamentable.

Vai por diante que o que aquí vou contar é unha interpretación persoal. Vai tamén por diante que neste país é moi fácil comezar a engrosar listas negras e que ás veces hai temas nos que é mellor non meterse. Sen embargo, e deixando a un lado todo eso, considero importante falar deste tema antes de que en Galiza comece a facerse efectiva unha "Caza de Meigas" con fins puramente electoralistas e a costa do que é o sector que nos da traballo a moitos: o audiovisual.

Máis alá de enemistades persoais seculares que interveñen nos feitos acaecidos nos pasados días, o inicio desta historia podería remontarse ás pasadas eleccións. PSOE e BNG constitúen goberno. Ambos partidos contaban cun asesor en materia audiovisual, este era Manolo González, o que fora director da Escola de Imaxe e Son de Coruña e que se atopaba por aquel entón na productora Dygra. Naquel momento, a ningún dos dous partidos lles importaba que o Conselleiro de Cultura do PP, Xesús Pérez Varela, afirmase que Manolo González era a persoa que máis fixera polo audiovisual en Galiza. Duro lastre co que cargaría despois Manolo, pero xa chegaremos a ese apartado.
Chegan os momentos das negociacións e o PSOE fai gala da súa experiencia. Na primeira semana de goberno, unha vez repartidas as carteiras, o PSOE xa ten feitos os nomeamentos pertinentes ó frente das distintas institucións, algo que non fixo o BNG que actuou de forma torpe e que tardou en comezar a funcionar. Ademáis, o PSOE conseguiu que parte do capital destinado ás axudas (falamos neste caso do audiovisual) deixase de depender da Consellería de Cultura, para pasar ás mans da Consellería de Presidencia (en mans de Mendez Romeu). Así unha das máis importantes institucións (en canto a fondos se refire) en materia audiovisual, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) pasaba agora a formar parte da Consellería de Presidencia. Sen embargo e ante as pataletas do BNG (porque tampouco se pode calificar mellor a súa actuación) o PSOE fixo a promesa de que o CGAI pasaría a mans nacionalistas e estaría baixo a tutela da Consellería de Cultura.
Foi neste momento, no que algún espabildado botou a lingua a pacer e dun xeito precipitado, e sen que existise ningún feito consumado, pronunciou o nome de Manolo González como futuro director do CGAI. O lío estaba montado.
Desde aquel momento, unha institución que durante anos se amosara inoperante, e que o único que fixera fora programar películas ás que asistían non máis de 20 persoas, comezaba por arte de maxia a acumular titulares de prensa, algo que non recordo que pasase nunca. Ás probas me remito:
O CGAI almacenará o legado de Cortazar
O CGAI proxecta "el perro negro"
O CGAI proxecta cartoons
O CGAI recupera a filmografía dun director sueco

A maioría, novas sen trascendencia que servían de maniobras publicitarias para xustificar a actuación dunha institución que durante anos tivo unha actividade nula. Así, das novas recolidas no parágrafo anterior, o "legado de Cortazar" redúcese a un par de bobinas de Super 8, as imaxes do "Perro negro" non estaban perdidas senón que as tiña a Filmoteca Española, o director sueco foi un tipo que traballou nunha tele local (sendo agradecido), e o ciclo de cartoons é unha gran nova que debería ter sido titular hai xa uns anos.

O caso é que cos territorios xa marcados e coas intencións dos partidos no goberno sabidas, chega o momento no que todo estoupa. Ese foi o xa mencionado baremo para definir que é ou non galego no audiovisual, algo que moitos levamos tempo demandando e no que hai que poñerse a traballar de inmediato (digamos que é algo así como o equivalente a unha normativa na lingua). Para falar do baremo en cuestión organizáronse unhas xornadas en Compostela con distintos profesionais do sector. Desas reunións saiu un primeiro borrador que levaba o selo de Manolo Gonzalez o cal cometeu o erro de anunciar que podería facerse efectivo nas próximas axudas. Grave Erro. A partires deste momento comezaron a choverlle as ostias.
Dentro do propio sector, importantes persoas manifestaron a súa disconformidade co texto que presentaba Manolo González, un texto (intentarei colgalo) que por outra parte involucraba ó BNG, xa que Manolo estaba de asesor na Consellería de Cultura (Xa non estaba co PSOE) e que servía para abrir a caixa dos tronos contra Manolo González.
A actriz María Bouzas expresaba por medio dunha carta aberta, a súa disconformidade con algúns dos puntos do borrador o que lle xeraba certos interrogantes. E de súpeto todo se precipita. O xornal dixital Galicia Hoxe comeza a soltar estopa de forma desmedida contra Manolo González, sacando informacións de contexto e utilizando o seu pasado na súa contra. Aí vai o publicado en Galicia Hoxe:

Pacto para que o BNG controle o CGAI
Bibaltua
A sobra de Pérez Varela complícalle a Manolo González a conquista do CGAI
Manolo Gonzalez ten case perdida a batalla polo CGAI
Mutismo en el audiovisual

Despois de ler todo esto o único que vexo claro é que Manolo Gonzalez é o que menos importa nesta historia, xa que en ningún momento apareceu ningunha información que aportase proba algunha sobre a falta de valía deste profesional. Toda esta polémica se centra nunha guerra entre partidos. Por unha banda, o BNG intenta sacar dunha das institucións a nomes postos polo PSOE, por outro hai quen busca debilitar ó BNG no goberno. Manolo Gonzalez é criticado porque representa á política do BNG, mentres foi asesor do PSOE nunca foi mal visto. Resulta especialmete irónico que sexa o xornal Galicia Hoxe (El correo gallego) quenes queiran ferir a imaxe de Manolo Gonzalez recordando a súa relación con Perez Varela, cando este xornal estivo facendo servilimo político ó PP durante os seus 16 anos de mandato.
O peor deste asunto é que Manolo González está a ser usado como unha cabeza de turco e xunto a el, por extensión, o sector audiovisual galego que non temos porque sufrir as consecuencias das discremancias do goberno bipartito.
De feito, é lícito disentir de determinadas resolucións políticas como pode ser este "baremo" pero algo moi distinto e exercer unha persecución persoal e o intento de fundimento da imaxe pública dunha persoa simplemente por danar ó partido que representa.
O caso é que desde hoxe, Manolo Gonzalez está a recibir apoios varios. Así, a actriz María Bouzas volveu ser unha das primeiras en reaccionar e hoxe mesmo enviaba a súa réplica ó xornal Galicia Hoxe en relacción ás novas publicadas en días pasados.
Réplica de María Bouzas

Tamén quixeron ser rápidos en Galicia Hoxe e non tardaron en publicar a súa propia defensa.
Galicia Hoxe deféndese

Sen embargo eu non deixo de ver un tono de guasa neste amago de editorial xa que aínda que se retracten ou non, o mal xa está feito. De feito todavía se deixa entrever un ton ameazante en plan "aínda non contamos todo o que sabemos".
Persoalmente paréceme lamentable estar en pleno 2006 nunha situación na que se xunta o servilismo mediático, a loita entre socios dun mesmo goberno, e o pouco respecto a un sector que da de comer a bastante xente. Se de verdade un puñado de votos merecen semellante esperpento de situación é preferible pertenecer ó audiovisual finlandés.

Fagot

Por: Fagot | A Debate | Comentarios (9) | Referencias (2)

Comentarios

Saude, obrigado polo artigo, coido que ficou tudo bastante claro. É umha magoa que os interesses bastardos dos quatro burocratas de sempre e dos seus lacaios xornalistas afundan o trabalho dos profesionais.

Sempre foi assim, pidense fidelidades politicas denantes ca valia profesional. Assim nos vai a tud@s. Que cres que se poderia fazer pra evitar no futuro estes esperpentos? Nom vale respostar, "marchar pra Helsinki".

Beltram | 19-01-2006 11:33:44

Non creo que este tipo de situacións se poidan evitar con facilidade. Creo que é necesario un cambio xeracional na política. En Galiza non existe todavía mentalidade democrática. Non hai debates políticos senon económicos. Hai unhas semanas tódolos partidos apoiaban por consenso unha subida do seu propio salario e despois todos discrepan sobre se ten que ir a unha carteira ou a outra unha certa partida orzamentaria. A idea de traballar pola poboación está todavía moi difusa nesta política galega. Eu creo na honradez de políticos a título persoal, pero agora mesmo ningún partido me pode inspirar confianza porque todos pecan no mesmo. Hoxe tómase o audiovisual como pretexto, pero mañá serán as cotas lácteas e pasado unha autoestrada.
Para colmo hai unha cantidade enorme de "chaqueteros" que sempre van apoiar a que goberne e hoxe son do PSOE igual que onte eran do PP e mañán serán do partido de Ruiz Mateos se chega a gobernar. Desta forma establecer un debate político é imposible.

Fagot | 19-01-2006 12:05:48

Nada novo baixo o sol.A prensa galega (imaxino que coma todas) sempre foi experta en manipular a verdade, de palabra, obra e omisión. Importa un pito a valía de Manolo Gómez (nin se molestan en averigüar que se meten cun home moi respetado na profesión), importa un pito o audiovisual e importa un pito todo. O caso é borear.

Nilde | 19-01-2006 12:58:01

Olho com a Maria Bouzas (sipaia vendida ao Outro hispano) e com o Manuel Cristobal (staff colonial espanhol, onde o haja).

Uma grande aperta a Manolo González, grande galego digno, grande profissinal do cinema.

Confidencial | 19-01-2006 14:29:37

Excelente e moi clara a información que nos ofrece Fagot. Seguramente hai unha chea de intereses partidarios que están esgazando este asunto, no que Manolo González é unha vítima cruelmente esmagada. E eses asuntos teñen a súa importancia. Pero creo que no fondo existe en realidade unha xogada de maior alcance. E nesa xogada é unha boa parte do stablishment do mal chamado audiovisual galego quen está a apostar os seus naipes. O baremo que propón a Consellería será ou non discutible en certos aspectos, pero introduce elementos fundacionais para un audiovisual galego que se queira tal. A rodaxe en lingua galega, por exemplo, groseiramente desprezada mesmo por María Bouzas na súa carta á Academia. E aí está a cerna desta horrorosa historia. O audiovisual feito en Galicia ata hoxe non se sostén sen unha política de subvencións que apoie en exclusiva os proxectos de tres ou catro empresas que ofrecen Galicia como plató de saldo e rexeitan a posibilidade dun campo audiovisual autónomo, diferente ao español. Eles chámanlles coproducións ao que só son participacións simbólicas en producións españolas. Se o baremo da Consellería vai adiante, o modelo cambia radicalmente e entón os petos deses tres ou catro produtores seguramente se resentirán. Iso si, será posible que por fin vexan á luz proxectos e apostas diferentes. E ademais, quizais haxa a posibilidade de que no mundo se saiba que en Galicia se fan películas adecuadas ás nosas dimensións e se contan historias usando esta vella lingua.
Son dous modelos antagónicos, e pégame a min que o sector hexemónico do audiovisual en Galicia reacciona violentamente contra o perigo de perder tal hexemonía, con todo o que iso significa. Despois, se actores, actrices, profesionais varios entran ou non ao xogo, xa é cousa deles. Pero a min segue a chamarme a atención o feito de que ata hoxe nunca ninguén cuestionase absolutamente nada. Veulles agora a luz ou que está a pasar?

Algo se move, ao mellor. E iso ocasiona tremores sísmicos.

Eu teño un trato moi escaso con Manolo González; só pola súa intención de que en Galicia haxa un audiovisual que mereza ser considerado galego, é dicir, que funcione como creador de universos simbólicos propios e non aposte en exclusiva pola subalternidade, merece todo o meu respecto e o apoio dos que coincidimos con el polo menos nese aspecto. A campaña da que está a ser obxecto paréceme directamente MAFIOSA.

Saúde, e perdoade pola extensión.

Antón

Antón Dobao | 19-01-2006 15:01:46

Por máis que non concorde coa opinión de María Bouzas en absoluto, creo que hai que considerar a súa opinión, e non faltarlle ao respecto.

Nilde | 19-01-2006 15:33:36

Antes de nada quero agradecervos a todos a participación neste debate. Tamén dicirlle a Antón Dobao que despois do macro texto que puxen eu non creo que existan motivos para excusarse pola extensión, este espacio é infinito para quen o queira usar.
Deixando esto a un lado, o tema do chamado stablishment creo que ten máis que ver con amizades e enemistades persoais que con outra cousa, de feito, quen fixo a lei fixo a trampa e as chamadas "coproduccións" ás que aquí se aludiu serven perfectamente de excusa para seguir rodando en español pese a que as subvencións que se conceden son a produccións "en lingua galega". Sen embargo, eu concordo en que esa posible perda de hexemonía é algo que molesta a máis de un, especialmente cando se fixo tanto esforzo en convencer primeiro ó PP e despois ó PSOE. Supoño que ter que facer a cama, tamén ó BNG non entraba nos plans senón xa se tería feito.
En xeral subscribo as palabras que aquí deixou Antón Dobao cunha mínima salvedade. Non considero que a carta de María Bouzas sexa un desprezo ó idioma. Creo que o que se deixa ver na carta é máis que nada desconfianza do cumplimento, ou alunsións ás posibles trampas que se poden facer para evitar este baremo. Creo que as críticas de María non só son lícitas senón que ademáis son necesarias para que as medidas que se tomen dentro do noso sector conten co consenso dos profesionais do mesmo.

Cambiando un pouco de tema. A polémica sobre a "nacionalidade" do audiovisual non é un debate novo e algúns xa nos postulamos hai tempo en favor da existencia dun baremo para regular esta situación aínda que non se nos fixera moito caso. Non hai tanto, o día das letras galegas do ano 2003, houbo xente que asinou un manifesto no que tamén se atopa o nome de Antón Dobao, e que incluía unha definición do que considerábamos que debía ser o audiovisual galego. Ese manifesto está publicado nesta mesma páxina:
http://apelidodia.bitacoras.com/archivos/2005/05/1...
(Tédelo no medio dos comentarios acompañado dos nomes dos asinates)
Naquela ocasión, ós que participamos nese manifesto non se nos fixo moito caso, entre outras cousas porque non levábamos a ningún partido político da man.

Fagot | 19-01-2006 21:59:58

Xa colguei para quen non a lera a carta de María Bouzas. Tedes o enlace no corpo desta noticia ou indo directamente á categoría "Novas".

Fagot | 19-01-2006 22:06:23

Estupideces, so se din estupideces. Perder o tempo en intentar desprestixiar a unha boa persoa como Manolo González, que por unha parte non ten nada que demostrar a ninguen a nivel profesional, e que o único que fixo foi invertir nun crecemento sostido do audiovisual en Galiza, me parece unha auténtica estupidez.

O que está acontecendo é que a maior parte da xente que nestes intres está de algunha maneira involucrada de rebote neste noso audiovisual, ten falta de memoria, porque antes cando comenzaba a cocerse todo este tinglado do audiovisual galego e do cinema, todo dios ía a pedir consello ó noso Manolo.

Todos estes garrulos que non tiñan nin puta idea de cinema e de audiovisual e que progresaron en parte as maestrias personalizadas e os contactos de Manolo, agora estan actuando de mala fé. O único que demostran é unha ignorancia importante así como unha falta de dignidade e miseria persoal moi grande.

Os autoproclamados cineastas ou artistas galegos, que noutrora eran simplemente átomos perdidos de ignorancia resula que agora actuan de prepotentes, coma na etapa da República. Manda carallo. Quen te viu e que te ve. Antes pedias favores e agora largas merda contra o que che axudou sempre de forma desinteresada.

Menuda tropa do carallo.

Non te preocupes Manolo, émbexa, embexa, embexa, todo é embexa. Moito che teñen que agradecer en Galiza, porque sempre te amosaches como unha persona con sentimentos hacia o cinema, como unha persoa culta, como unha persoa orixinal, como unha persoa da que desde a miña humilde opinión, sempre se aproveitou todo o mundo porque sabían que eras unha boa persoa. Ó final sempre pasa o de sempre, das boas persoas aproveitanse o os autenticos malos de película sobreviven trepando pola árbore da miseria.

Ánimo Manolo. Queremoste.

F. LAURENTIS en latín. | 20-01-2006 11:57:04

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Balance do mes de Xaneiro do 2006 | 2006-02-01 20:12:27
[...] Primeira caza de bruxas no audiovisual Chegan os Goya 2006 Arranca a era Cermeño na TVG Ranking dos 100 mellores filmes da historia Guía de medios de comunicación O comentario do filme máis lido neste mes foi: La angustia del miedo [...]

E esto como se come? | 2006-03-07 13:30:50
[...] Primeira caza de bruxas no audiovisual. Mutismo en el audiovisual Pacto para que o BNG controle o CGAI A sombra de Pérez Varela sobre Manolo González Manolo González ten perdida a batalla polo CGAI O CGAI almacenará o legado cinematogr [...]

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Wwe