Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Venres, 20 de Xaneiro de 2006

Carta de apoio a Manolo González.

A presente carta escribiuse a raíz da polémica que se xerou en torno á figura de Manolo González e enviouse ó xornal Galicia Hoxe.
A continuación reproducimos a carta e a información publicada por este xornal.

Galicia Hoxe 20-01-2006

Máis de cen firmas do audiovisual, con Manolo González

Máis dun centenar de profesionais do sector audiovisual asinaron a carta en apoio a Manuel González, que onte se fixo chegar á dirección deste xornal que a continuación pasamos a reproducir.

----------------------------------------------------------------------------------------

Contido da carta

"Sr. director, a política audiovisual galega vive un momento particular, debido á división de competencias entre diversos departamentos do goberno e ó debate aberto acerca dos criterios que rexan o financiamento público da produción audiovisual. Nese contexto sitúanse varios escritos aparentemente informativos aparecidos baixo a sinatura de "Redacción" no xornal que vostede dirixe e que buscan poñer en cuestión a dignidade de Manolo González, actual asesor da Consellería de Cultura en materia audiovisual.

Os abaixo asinantes, profesionais do audiovisual galego, consideramos lexítimas todas as opinións respecto do que deba ser a política audiovisual en Galicia e de quen a administre. É seguro que entre nós haberá disparidade de criterios neste asunto. O que rexeitamos é que nun debate civilizado se empreguen as armas da insidia contra un profesional, Manolo González, que na súa longa traxectoria ten máis que demostrada a súa honradez e xenuína vocación en defensa do audiovisual galego".

En Galicia, a 19 de xaneiro de 2006. Asinado:

Teo Manuel Abad, director; Sofía Aldatz, produtora; Jorge Algora, director; Carlos Alberto Alonso, director; Encarna Alonso, script; Rosa Álvarez, actriz; Luis Álvarez Pousa, xornalista; Carlos Amil, director; Carlos Ares, guionista; Jaime Arregui, produtor; Miguel Asensio, produtor; Luis Avilés, director; Pachi Baranda, director; Xosé Manuel Barreira, produtor; Enrique Banet, director; Pepe Barba, profesor; Suso Bello, director de Fotografía; Xavier Bermúdez, director; Ramón Bermejo, produtor; Alfonso Blanco, produtor; Isabel Blanco, actriz; María Bouzas, actriz; Santiago Brey, produtor; Rodrigo Caamaño, produtor; Xosé Xoán Cabanas Cao, produtor; Sabela Cal, produtora; Nicolás Campos, guionista; Ramón Campos, guionista; Mariana Carballal, actriz; Cheché Carmona, director; Xosé Luis Carneiro, director; Héctor Carré, director; Julio Casal, produtor; Pancho Casal, produtor; Miguel Castelo, director; Monti Castiñeiras, actor; Beatriz Castro, produtora; Iria Castro, produtora; Xosé Castro, guionista; Hugo Castro Fau, produtor; Ernesto Chao, actor; Xes Chapela, guionista; Rubén Coca, director; Jorge Coira, director; Pepe Coira, produtor; Ángel Cordero, profesor; Ramón Costafreda, director; Manuel Cristóbal, produtor; Raúl Dans, guionista; Ángel de la Cruz, director; Dani de la Torre, director; Elena del Castillo, produtora; Fernanda del Nido, produtora; Antón Dobao, director; Daniel Domínguez, guionista; Andrea Dopico, produtora; Antonio Durán Morris, actor; Xaime Fandiño, director; Erica Esmorís, produtora; Anxo Fernández, director; Teresa Fernández-Valdés, produtora; Patricia Ferreira, directora; Chema Gagino, director; Marcos Gallego, produtor; Daniel D. García, guionista; Nani García, músico; Miguel García, produtor; Xes García Santamarina, director; Manolo Gómez, produtor; Avelino González, actor; César González, produtor; Luis Hernández, profesor; Beatriz Legerén, produtora; Xan Leira, director; Juan Lesta, director; María Liaño, produtora; Álvaro Liste, produtor; Paco Lodeiro, presentador; Toño López, director; Chelo Loureiro, produtora; Victorino Lourido, cámara; Emma Lustres, produtora; Emilio Mac Gregor, director; Andrés Mahía; David Martínez, productor; Rebeca Martínez, produtora; Amalia Mato, produtora; Manuel Meijide, profesor; Eligio R. Montero, guionista; Ricky Morgade, director de Fotografía; Antonio Mourelos, actor; Marcos Nine, guionista; Juan R. Nouche, produtor; Xosé Manuel Olveira, Pico, actor; Carlos Oro, director; Ignacio Pardo, director; Alfonso Parra (AEC), director de Fotografía; Alberto Pereira, produtor; Antonio Pereira, director artístico; Jorge Pérez Bouza, director; Carmen Pérez Carballo, guionista; José Pérez Paris, profesor; Adolfo Ponte, produtor; Carlos Portela, guionista; Mamen Quintás, produtora; Carlos Regueiro, produtor; Antón Reixa, director; David Ríos, guionista; Xosé E. Rivadulla Corcón, guionista; Mabel Rivera, actriz; Carlos Rodríguez, produtor; Gema Rodríguez, produtora; Manane Rodríguez, directora; Marta Rodríguez, produtora; Xerardo Rodríguez, director; Paco Sánchez, profesor; Carlos Sedes, director; Puri Seixido, guionista; Victoriano Sierra, guionista; Sara Solano, produtora; Ana Staton, produtora; Alberto Taracido, director artístico; Luis Tosar, actor; Jesús Vecino, produtor; Raúl Veiga, director; Fran Velo, guionista; Ignacio Vilar, director; Xavier Villaverde, director; Xullo Xermade, profesor.

------------------------------------------------------------------------------------

NOTA DA DIRECCIÓN DE GALICIA HOXE

Confeso que estou dacordo con case todo o que se expón na carta que firman máis de cen profesionais (e asimilados) do sector audiovisual. A min tamén me parece que vive un "momento particular", respecto como lexítimas todas as opinións e aborrezo da insidia cando menos tanto coma os dignísimos firmantes do escrito, malia que eles si caen no pecado ó nos atribuír malignas intencións de poñer en cuestión a dignidade de Manolo González. Morra o conto. C.D.

------------------------------------------------------------------------------------

Parece que o asunto queda zanxado por parte deste xornal. Eso sí, agora coñecemos o nome dun centenar de persoas maliciosas que poñen en dúbida a obxetividade de Galicia Hoxe. Que lle imos facer. Tampouco me creo que morrera o conto. Esto semella o preámbulo de algo aínda que non sei moi ben de que. Xa veremos o que acontece nos vindeiros días.

Por: Fagot | A Debate | Comentarios (2) | Referencias (0)

Comentarios

Atribuir malas intencións que pecado ven sendo? Calumnia? Ese era venial, ¿non? E atribuir comportamentos moralmente reprobables, como fixo Galicia Hoxe, ¿entra na mesma categoría?
O señor Caetano Díaz, ademáis de encerellarse coa gramática, ten moi mala memoria. Fagot, nos artigos que ti linkas sobre Manolo, de Galicia Hoxe, hai perlas da maledicencia. Alguén debería recordarllo a este señor, sic.

Nilde | 20-01-2006 17:41:03

Creo que xa se dá por enterado tanto el como os lectores. En todo caso non interesa estirar esta polémica. Como dí C.D. "morra o conto". Xa bastante forte é comparecencia do director dun xornal "aclarando" a súa posición.

Fagot | 24-01-2006 10:54:16

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Loteria primitiva