Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Luns, 23 de Xaneiro de 2006
A nova xefa de programas enfrontase a un panorama marcado pola desaparición de programas cun enorme peso na audiencia, a incorporación de novos contidos culturais, a incognita das novas series de ficción, e a dura proba do 17%.
Os cambios políticos non son efectivos ata que non ocupan o seu posto tódolos responsables pertinentes. Así, é un feito innegable que desde as pasadas eleccións a política de programación da TVG andivo algo á deriva acusando falta de planificación. (Rectifico esto, xa que como nos apuntaba Ave, a dirección de programación ocupaa Eduardo Galán).
A pasada semana facíanse os nomeamentos pertinentes para que a política da TVG comece a andar. Por unha banda, Ana Cermeño como nova xefa de programas, pola outra Nuñez Feijoo como novo lider do PP de G, algo que como afirma o Xornal tiña ós membros do PP recolocados na TVG á expectativa e na procura da que serán as súas liñas de actuación nos vindeiros meses.
A realidade é que o panorama que se presenta non é nin moito menos sinxelo para a recén chegada. É certo que a TVG foi branco de numerosas críticas durante o goberno popular. Falábase dunha televisión anclada no pasado, que non ilustraba a realidade galega, que as informacións eran sesgadas e partidistas e que os seus contidos "non obedecían" ás demandas dos galegos. Probablemente non lles falte razón a moitos dos que pensaban esto. Agora ben, se botamos unha ollada ós datos de audiencia, a TVG sempre andivo nun confortable 17% de audiencia media sendo lider varios días da semana en distintas franxas horarias. Esto dá a impresión de que o anterior consello directivo da TVG marchou coa sensación de traballo ben feito, salvo as críticas recollidas, e de feito tódolos "antigos xefes" sairon do ente con curriculum de "grande profesional".
Este 17% de media é unha arma coa que deben estar a relamberse os dirixentes do PP con vistas a futuras sesións de control ó goberno. Baixar desta media é algo moi doado, mantela é un traballo moi duro, e superala é algo que polo momento semella imposible, especialmente cando xa se fixo pública a débeda da TVG e cando o horizonte da TDT implica unha reducción irremediable de audiencia.
Con esto como telón de fondo, o cambio de imaxe da TVG comezou a facerse efectivo no pasado nadal aínda que o máis normal é que non se complete ata setembro deste ano, onde se prevee que mude ata a imaxe corporativa.
As primeiras novidades foron algo así como os cambios de castigo. Desapareceron da grella programas como "Encontros" e "Supermartes" e é máis ca un rumor que "Luar" podería ter o seu tempo contado unha vez que rematen contrato. Sen embargo, todos estes programas contaban cunha audiencia consolidada.
Por outra banda, a grella abriuse a novos horizontes culturais que salvo en casos concretos tampouco supuxeron un cambio substancial. A pasada semana anunciabase a estrea de Miraxes, unha revista cultural que salvando as distancias recorda a "Con C de cultura". Por outra banda, tanto Planeta cine como Onda Curta, non deixan de ser o mesmo que eran Dezine e Curtametraxe Galega, só que con caras novas e a partires das mesmas horas desorbitadas, as 12 da noite dos domingos. No eido cultural a única aposta forte foi Galicia Documental, que era anunciada como un intento de dignificar a televisión coa emisión de documentais. Sen embargo, e despois de varias emisións con audiencias respetables, e incluso algunha moi boa, a audiencia caeu en picado e o programa ten semanas nas que non supera un pobre 5%.
E despois está a ficción. O eido no que sempre destacou a TVG e que tivo mellor acollida entre o público. De momento, este apartdo da programación ten unha serie que funciona actualmente como buque iinsignia, está é Libro de Familia, a serie de CTV da que descoñezo cal foi a audiencia do episodio de onte, pero que hai unha semana fixo un 27,9% de media o que a confirma como lider indiscutible das noites dos domingos por riba de series como "7 vidas" na súa nova tempada. E ante esto, a nova serie de Voz Audiovisual, A vida que che espera, que segue a ser unha incógnita, xa que se ben a súa primeira emisión contou cun meritorio 24% de audiencia haberá que ver como reacciona a xente nas próximas semanas.
Sumado a esto, hoxe comeza o programa "Feito en Galicia" a primeira incursión do cinema, en Prime Time na TVG desde hai xa unha morea de anos. Creo que a última vez foi cando se programaban filmes de terror os luns á noite con aqueles filmes do estilo "O Incobo". Vexamos que tal sae. A realidade deste programa é que hoxe emitirá "Os luns ó sol" que é probable que teña audiencia, pero se antendemos á realidade do cinema feito en Galiza, dentro de 4 ou 5 meses estarán obrigados a emitir "Sempre Xonxa" e despois como moito algunha proxección de Roger Corman nos anos 70 ou filmes de Amando de Ossorio que terán que dobrar do alemán, xa que probablemente non atopen outra copia. Sinceramente a "Feito en Galicia" non lle teño esperanza nin de duración, nin de público a non ser que a TVG se decida a participar en produccións galegas serias con vistas ós próximos 10 anos.
En resumo, así está a cousa que todavía se vai complicar máis coa futura posta en marcha da segunda canle. O principal problema da TVG é ó meu xuizo, o problema que ten toda canle nova, quere ofrecer algo pero non conta con contidos para facer efectiva esa oferta. Agardemos que non se volvan tolos e que con calma a nosa canle evolucione e gañe en calidade.
Máis información en noticias:
A nosa terra. Nova programación da TVG
Galicia Hoxe. A TVG abre o ciclo Feito en Galicia
Por: Fagot | Televisión | Comentarios (6) | Referencias (4)
A verdade é que a cousa está complicada...
Non creo que quitar programas de grande audiencia sexa boa idea, antes habería que ver de rechear o resto do tempo...
Unha canle máis nova coma é cuatro estase facendo un oco con algunhas iniciativas interesantes...
A día de hoxe a TVG é informativos, deportes, Luar, un Xabarín Club devaluado, Libro de Familia, culebróns e unha película nova e catro repetidas. O que fai que sectores da sociedade galega estean fóra deste espectro.
O Xabarín Club é a penas unha sombra do que foi.
A mocidade non ten nin un só programa que lle poda interesar (vale, cinema en versión orixinal, curtas e programas de cinema en horarios imposibeis)
Non estamos pedindo unha cousa de superluxo, só algo que se poida ver.
Poderían empezar por recuperar series vellas, como fai cuatro (Os novos, O doutor Who, etc)
O que non poden facer é intentar xogar na liga dos grandes... Sempre hai programas ou series puntuais que "varren", pero o demáis sempre leva o de perder contra as grandes apostas das cadeas xeralistas estatais...
Esperemos que poidan reconduci-la cousa un pouco non o estraguen cos nosos cartiños coma está a facer con TVE...
Menudo rollo teño :D
ifrit | 23-01-2006 20:17:46
Por outra banda, o 17% de media xa che coloca na liga dos grandes.
O das series vellas sería un puntazo. Se se fose capaz de compaxinar series vellas, boas e baratas con novos contidos que seguisen a impulsar o sector a TVG tería moito gañado.
Por certo ifrit, estou a elaborar unha guía de blogs de cinema no que por suposto estades incluídos. Cando a colgue, se coñecedes páxinas que merezan mención avisade, a ver se me podedes botar unha man.
Saudos.
Fagot | 23-01-2006 22:22:05
Eu voto polas series de importación e de calidade. Se non son estreas, serán máis baratas, digo eu. Por exemplo, Foyle's war, The lakes, This life, The office, Coupling (póñenas en People and arts)...E a ver se se nos pega algo para facer mellores series aquí.
Nilde | 24-01-2006 12:55:27
A min tamén me gustan algunhas desas pero sendo as series o principal activo da TVG sería raro que se dedicaran a mercalas, cando menos para o prime time.
Das que nomeas encántame "The office" paréceme unha xenialidade. Por outra banda a "Coupling" nunca lle rematei de coller o punto, véxoa como demasiado supreficial.
Fagot | 24-01-2006 21:12:14
Ave | 01-02-2006 20:54:44
Tes razón Ave, a metedura de pata foi miña así que asumo a culpa e farei os cambios pertinentes no corpo do artigo. Perdón tamén os visitantes.
Espero que se entenda que todos cometemos erros. En todo caso o que pretendía comentar con este artigo é a posible contradicción que se pode plantexar si se segue a confirmar a perda progresiva de audiencia na TVG e se é verdade que os recén chegados o fan mellor que os que estaban.
Por outra banda, agradezo tódalas correccións posibles.
Saudos e gracias :)
Fagot | 01-02-2006 23:29:26
URL para referencias o trackbacks
mediapinta :: Cinema made in Galicia :: January :: 2006 | 2006-01-24 01:34:46
[...] fagot en catro luns xa estamos vendo Sempre Xonxa.
Supoño que xa todos veríades esta película, pero eu era a primeira vez que a vin. Poucas veces vexo as películas que todos ven. Canto máis falan delas máis tardo en velas. Supoño qu [...]
Balance do mes de Xaneiro do 2006 | 2006-02-01 20:12:32
[...] Arranca a era Cermeño na TVG
Ranking dos 100 mellores filmes da historia
Guía de medios de comunicación
O comentario do filme máis lido neste mes foi:
La angustia del miedo
A verdade é que esto último todo unha sorpresa. Non agarda [...]
Fe de erros de novo. | 2006-02-01 23:45:59
[...] Arranca a era Cermeño na TVG
Así mesmo, darlle as gracias a Ave que foi quen informou do erro, e pedirvos perdón novamente, intentarei non cometer máis erros deste estilo, xa que me producen bastante rabia. Asi mesmo, se alguén quere fac [...]
Presentación da nova programación da TVG | 2006-02-11 11:19:22
[...] Miraxes, Onda Curta, Planeta Cine ou A vida que che espera. A estes engadiranse os seguintes: Os concursos Cifras e Letras presentado por Paco Lodeiro e Perdelo todo presentado por Serxio Pazos. O Prime Time semanal sufrirá unha remodelació [...]