Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Martes, 24 de Xaneiro de 2006

Radios e televisións portuguesas na Galiza. Unha demanda.

O xa lonxano 11 de decembro do 2004, o Portal galego da lingua publicaba un artigo sobre a necesidade de recepción das canles, tanto de radio, como de televisión portuguesas, na Galiza. Aquela demanda que, igual pasou desapercibida no seu día, podería ter nun futuro próximo máis sentido que nunca.

Deixando á marxe os gustos de cada un sobre as grellas televisivas (ese é outro cantar) a recepción das canles portuguesas no noso territorio é algo que pode beneficiar a moitos galegos.
Esta vella reivindicación, que no seu día foi impulsada polo Movimento pola Defensa da Lingua (MDL), Associação de Amizade Galiza-Portugal (AAG-P), e a Assembleia da Língua (AL), ademáis de AGAL podería ter gran importancia por varias razóns. Unha delas é a chegada da TDT. Se ben, no seu día se podía falar de grandes custes para ampliar a recepción das canles a outro territorio, a TDT permitiría a recepción das canles portuguesas en terrirorio galego cun investimento infinitamente máis baixo que coa televisión analóxica.
A TDT plantexa ademáis outra cuestión. No momento no que se faga efectiva, a ampliación de canles vai supoñer irremediablemente un descenso das cotas de pantalla de cada canle. Se temos en conta esto, a audiencia das canles galegas vai descender considerablemente, é posible que moito máis da metade. De permitirse a recepción das canles portuguesas en territorio galego, e viceversa, a audiencia potencial de tódalas canles pasaría a ser de preto de 9 millóns de persoas o que minimizaría o impacto do aumento de canles ó tempo que aumenta tamén á oferta e se produciría un considerable aumento do custe por impacto publicitario.
Todo esto sen falar da revitalización que tería o sector audiovisual, as facilidades que poderían darse para a coproducción, a apertura de un novo mercado que aínda non foi explotado, ou simplemente o intercambio de profesionais de unha a outra veira do Miño.
De feito esta libre recepción de canles portuguesas debería ter sido xa efectiva desde a aprobación da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias aprobada polo Consello europeo o 22 de xuño de 1992. Neste texto recollense parágrafos como o seguinte que aparece na Parte III, Artigo 12, punto 2: "2. As Partes comprométense a garanti-la liberdade de recepción de programas dos países veciños feitos nunha lingua practicada baixo unha forma idéntica ou próxima á lingua rexional ou minoritaria, e a non se opoñer á retransmisión destes programas no seu territorio. O exercicio destas liberdades, que comporta deberes e responsabilidades, pode ser sometido a certas formalidades, condicións, restricións ou sancións previstas pola Lei, as cales constitúen medidas necesarias, nunha sociedade democrática, para a seguridade nacional, a integridade territorial ou a seguridade pública, a defensa da orde e a prevención do crime, a protección da saúde e da moral, a protección da reputación ou dos dereitos doutros, e para impedi-la divulgación de informacións confidenciais ou garanti-la autoridade e a imparcialidade do poder xudicial. As mesmas disposicións serven para a prensa."
É unha evidencia, que este texto non está a ser cumprido na actualidade.
Baixo o meu xuízo, creo, sen ánimo de ofender a ninguén, que un dos problemas é que se está a facer un uso partidista desta reivindicación e que por esa mesma razón non acada a trascendencia necesaria para que sexa unha realidade. Ata o momento a base para xustificar a presencia de emisións portuguesas en territorio galego se reducía a parámetros culturais, lingüisticos e de fortalecemento da identidade nacional. Eu non son ninguén para negar a validez deses argumentos. Sen embargo, considero que engadindo a esta reivindicación os valores socioeconómicos poderiase chegar a sectores máis amplos da poboación. Así como se esta a potenciar o eixo atlántico en materias como a pesqueira, se se expoñen razóns de viavilidade e de crecemento económico en materia audiovisual esta demanda non debería ser rexeitada por ningún grupo parlamentario. É máis, a máis de un lle gustaría anotarse un tanto neste sentido.
Así, creo que se esta proposta fose formulada por diversos colectivos, non só colectivos vinculados á língua que puidesen malintencionadamente ser asociados a determinados partidos políticos (xa se sabe que o nacionalismo é o demo dos cornos), non tería porque ser unha utopía que a recepción de canles portugueses na Galiza fose unha realidade. Despois que cada un faga as lecturas pertinentes do feito.
Desde aquí animo ós membros da Plataforma Galega Para a Recepçom da Televisões e Rádios Portuguesas a que extendan a súa iniciativa a asociacións de televidentes, productoras, empresas que poidan obter beneficio, etc. Estou seguro de que entre todos podemos conseguir máis dun apoio.

Así mesmo, se algún membro desta iniciativa le estas liñas, podería comentarnos en que punto se atopan e se seguen adiante ou xa decaeron as esperanzas.

Fagot.

Enlaces de interese:

Artigo do Portal Galego da lingua
Páxina da Plataforma
Artigo da Plataforma

Por: Fagot | A Debate | Comentarios (4) | Referencias (0)

Comentarios

Quando mandava desde Madrid um senhor com bigode, e desde Santiago um testám sem el, muito botei eu em falta as televisões portuguesas. O assunto era tam grave que mesmo serviam-me televisões francesas, británicas ou chinesas, assi que rematei instalando umha paranoica na minha casa.

Agora já vejo algumha televisom portuguesa, e mesmo algumha brasileira, que tenhem mais jeitinho ... brasileiro. Mas contodo gostaria de poder ver a RTP2.

Se Moncho | 24-01-2006 17:54:43

Espera que os portugueses non acaben pensando o mesmo co seu novo presi :)
En fin, máis alá de calquera tema político sempre está a ventaxa da oferta coa que gañamos todos, canto máis mellor.

Fagot | 24-01-2006 18:57:21

Também eu aqi no Porto gosto de sintonizar a TV Galicia, e acredito que para o Norte de Portugal e para a Galiza era vantajoso o intercâmbio de programas entre canais TV de ambos os lados do rio Minho.

José Rocha | 14-03-2006 00:51:57

Eu tamén o creo. De feito hai casos de canles que se emiten de forma idéntica en Galiza e en Portugal como o caso de "Odisseia", ou de "Historia". Se estas canles non varían as súas grellas a ambos lados do Miño, non entendo porque non ía ter audiencia en Galiza un programa feito en Portugal e viceversa.

Fagot | 14-03-2006 13:14:57

Comentar


Recordar datos