Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 26 de Xaneiro de 2006

Chegan os Goya 2006

Filmes favoritos:

* Obaba - 10 candidaturas
* Princesas - 9 candidaturas
* Ninette - 7 candidaturas
* 7 vírgenes - 6 candidaturas
* El método - 6 candidaturas


Xa está aquí a XIX edición dos premios Goya. Uns premios que dentro da endogamia que supoñen para toda a industria (neste caso da española), comezan a ter asiduamente presencia galega. Así, desde que José Nieto conseguira no 2001 o Goya á mellor música por "Sei quen es" de Continental Producciones, os Goya poñen de manifesto o avance do audiovisual feito en Galiza con algún nominado nas últimas edicións. Paradoxicamente, foi o ano pasado, cun filme que non era galego, "Mar Adentro", o ano no que máis premios Goya viñeron a Galiza. Os principais beneficiarios foron os actores, Mabel Rivera, Celso Bugallo e Tamar Novas, son 3 dos que poden presumir de ter o galardón na súa casa.
Este ano soou a flauta e xa é seguro que un goya máis terá un destinatario galego. E no campo no que máis aportacións está facendo Galiza ó audiovisual, a animación. Quixo a sorte que nesta categoría só se presentasen dous filmes, e os dous teñen presencia galega, son: "O soño dunha noite de San Xoan" de Dygra Films e "Gisaku" de Filmax.
A participación galega complétase coa nominación a mellor actriz de Adriana Ozores polo filme "Heroína" no que participa Continental Producciones e coas tres nominacións do filme "Para que non me olvides" de Patricia Ferreira. Son mellor actriz, mellor actriz de reparto e mellor dirección artística. Así que como saian medianamente ben as cousas, este ano en Continental poden estar pegando brincos.
Polo demáis, non hai moita novidade na lista de nominados e están os que se esperaban. Quizais se pode considerar que o gran perdedor destes premios é o filme "Tapas" de José Corbacho e Juan Cruz que a priori soaba como candidato a conseguir varios premios. Sen embargo, unha vez máis queda de manifesto, que en España, a comedia, é considerada un xénero menor, e a presencia da comedia neste tipo de premios, ás veces é nula. En fin, será que hai moi pouco sentido do humor.

Aí vai a lista íntegra de nominados:

Mellor película:

* Obaba
* Siete vírgenes
* Princesas
* La vida secreta de las palabras

Mellor dirección:

* Alberto Rodríguez - Siete vírgenes
* Benito Zambrano - Habana Blues
* Isabel Coixet - La vida secreta de las palabras
* Montxo Armendáriz - Obaba

Mellor actor protagonista:

* Manuel Alexandre - Elsa y Fred
* Oscar Jaenada - Camarón
* Eduard Fernández - El método
* Juan José Ballesta - Siete vírgenes

Mellor actriz protagonista:

* Adriana Ozores - Heroína
* Candela Peña - Princesas
* Nathalie Poza - Malas temporadas
* Emma Vilarasau - Para que no me olvides

Mellor actor de reparto:

* Carmelo Gómez - El método
* Javier Cámara - La vida secreta de las palabras
* Fernando Guillón - Otros días vendrán
* Enrique Vill�n - Ninette

Mellor actriz de reparto:

* Elvira Mínguez - Tapas
* Pilar López de Ayala - Obaba
* Verónica Sánchez - Camarón
* Marta Etura - Para que no me olvides

Mellor actor revelación:

* Álex González - Segundo asalto
* Luis Callejo - Princesas
* Pablo Echarri - El método
* Jes�s Carroza - 7 vírgenes

Mellor actriz revelación:

* Bárbara Lennie - Obaba
* Isabel Ampudia - 15 días contigo
* Micaela Nev�rez - Princesas
* Alba Rodríguez - 7 vírgenes

Mellor guión original:

* 7 vírgenes
* Otros días vendrán
* Princesas
* La vida secreta de las palabras

Mellor guión adaptado:

* Ninette
* El método
* Obaba
* El penalti más largo del mundo

Mellor música:

* La noche del hermano
* Habana Blues
* Ninette
* Frágiles

Mellor canción:

* Sin fin, el retorno del rock
* La noche del hermano
* Bagdad Rap
* Princesas

Mellor fotografía:

* Obaba
* Otros días vendrán
* Iberia
* Ninette

Mellor dirección de producción:

* Habana Blues
* La vida secreta de las palabras
* Obaba
* Camarón

Mellor dirección artística:

* Para que no me olvides
* Ninette
* Obaba
* Segundo asalto

Mellor vestiario:

* Princesas
* El reino de los cielos
* Camarón
* Hormigas en la boca

Mellor maquillaxe e perruquería:

* El calentito
* Princesas
* Los Dalton cotra Lucky Luke
* Camarón

Mellor montaxe:

* Habana Blues
* El método
* Iberia
* Ninette

Mellor son:

* Obaba
* Los nombres de Alicia
* Princesas
* Ninette

Mellores efectos especiais:

* Frágiles
* Las llaves de la independencia
* Un rey en La Habana
* Obaba

Mellor película de animación:

* El sueño de una noche de San Juan
* Gisaku

Mellor película documental:

* Cineastas contra magnates
* Iberia
* Trece entre mil
* Veinte años no es nada

Mellor curtametraxe de ficción:

* Bota de oro
* El examinador
* El intruso
* Hiyab
* Nana

Mellor curtametraxe documental:

* Castilla y León, patrimonio de la humanidad
* En la cuna del aire
* Nenyure

Mellor curtametraxe de animación:

* La gallina ciega
* La leyenda del espantapájaros
* La luz de la esperanza
* Semilla del recuerdo
* Tadeo Jones

Mellor película extranxeira de fala hispana:

* Alma mater
* Iluminados por el fuego
* Mi mejor enemigo
* Rosario Tijeras

Mellor película europea:

* El hundimiento
* El jardinero fiel
* Los chicos del coro
* Match Point

Goya de honor:

* Pedro Masó

Por: Fagot | Cinema | Comentarios (0) | Referencias (1)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Balance do mes de Xaneiro do 2006 | 2006-02-01 20:12:30
[...] Chegan os Goya 2006 Arranca a era Cermeño na TVG Ranking dos 100 mellores filmes da historia Guía de medios de comunicación O comentario do filme máis lido neste mes foi: La angustia del miedo A verdade é que esto último todo unha [...]

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Cuponazo