Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 26 de Xaneiro de 2006
Igual nun tempo, e aumentando algo a calidade, poderemos pedir o noso selo de denominación para esta actividade.
O cinema en Galiza está tradicionalmente aliado coa animación. Xa a finais dos 50 e na década dos 60, había homes como o fotógrafo ferrolán, Valiente, que facían as súas pequenas composicións caseiras coa técnica de stop motion. Quen ía dicir que aquelas animacións afecionadas, feitas con caixas de mistos e paquetes de tabaco ían ser o preludio do que viría despois.
Por aquel entón, igual que agora, o mundo audiovisual era cousa de catro que sempre se remataban coñecendo. E foi así que Valiente, rematou tendo contacto con José Ernesto Díaz-Noriega, JEDN, o que podería chamarse pai do cinema galego.
JEDN era un catalán de descendencia galega que se estableceu na Coruña a finais dos anos 50. A súa vida, sempre foi o cinema. E pese a non exercer a profesión de xeito profesional, pódese dicir que foi pioneiro en case que tódolos campos. No terreo da animación, tamén en stop motion, non podía ser menos.

A finais dos anos 60, JEDN comeza a introducir maxistralmente pequenas secuencias feitas coa técnica de stop motion. A primeira peza que conta coa incorporación das técnicas de Stop motion, dentro da filmografía de JEDN, data de 1965 e leva como título "El jurado". Nesta curtametraxe, de pouco máis de 4 minutos, se nos conta a historia do xuizo da propia curtametraxe que se está a rodar. Nela, a fita, encarnada nun pequeno rollo de 8 mm, cobra vida propia por momentos. Trátase dunha obra maxistral, asinada polo Club de Cine Amateur da Coruña que tivo gran adtividade durante os anos 60. Xa en 1967, JEDN perfecciona a súa técnica e no mediometraxe "El festival" nos deixa bos exemplos gravándose a sí mesmo voando desde unha terraza (en stop motion). E a culminación da súa aportación terá lugar con dous dos seus últimos filmes. "Al nasr altair" de 1969 feito en Super 8 e no que JEDN filma como unha gaita sae da terra e comeza a tocar. E en "Os Suevos" de 1974, nesta ocasión JEDN é capaz de retratar o aislamento no matrimonio cunha pequena peza de animación con dous sofás baleiros. Nesta última mostra, JEDN fai todo un alarde de creatividade e de saber facer na dirección. Hai que dicir tamén, que "Os Suevos" é, posiblemente, o primeiro filme feito en galego.
Despois destas primeiras aproximacións á animación, o baleiro é enorme. E non atopamos mostras de relevancia ata 20 anos despois cando en 1994, Virginia Curiá e Tomás Conde realizan a curtametraxe "Alegrías de puerta tierra". O tandem formado por Virginia Curiá e Tomás Conde será o que cobre máis relevancia neste renacer da animación en Galiza, aínda existindo traballos interesantes como "O espello" de Manu Mayo, gañador do Festival Cinema Jove de Valencia. Ou da longametraxe de dibuxos animados "Os vixiantes do camiño" de Miguelanxo Prado que non tivo especial relevancia.
O mellor traballo de Tomás e Viginia chegará no ano 2000 con motivo do día das letras galegas adicado a Manuel Muguía. Nesta data será cando a productora Lúa en coproducción con Algarabía (Conde & Curiá) sacarán á luz "Ignotus" unha magnífica curtametraxe cun gran guión de Daniel Domínguez.
Podedes descargalo aqui
Despois de Ignotus chegaban outros traballos como Meigallos, sombras e papas de arroz, Os defuntos falaban castelao e máis recentemente A escola das areas, todas elas pertenecentes á serie "A lingua animada".
Un paso máis no mundo da animación foi o que daba no 2001 a productora Dygra Films co seu filme O bosque animado. A embergadura do proxecto non podía compararse a nada do feito ata o momento e incluíase unha nova variante, a animación por CGI, algo que non tiña precedentes en Galiza e moi poucos en Europa. De feito só Pixar tivera éxito neste campo co seu filme "Toy Story" ó que se unirían por esas datas outros de Dreamworks como "Bichos" e "Shrek". "O bosque animado" tivo unha grande acollida de público e gañou en importantes festivais de todo o mundo.

Ademáis suporía o comezo do reinado dos filmes de animación feitos na Galiza nos premios Goya. O Bosque animado conseguía 2 premios Goya no 2002: Mellor filme de animación e mellor canción orixinal (Luz Casal).
Foi Filmax, o grupo propiedade do galego Julio Fernández, e a súa división de animación, Bren Entertaiment a que continuaría os éxitos de Manolo Gómez en Dygra. Despois dun inicio titubeante en 1998 coa súa participación no filme "Goomer", filmax conseguía o Goya a mellor filme de animación en 2003 e 2004 con "O Cid, a lenda" e "Pinocho 3000" respectivamente.
Na presente edición dos Goya as dúas empresas, Dygra e Filmax, compiten polo premio a mellor filme de animación con "O soño dunha noite de San Xoan" e "Gisaku".

O soño dunha noite de San Xoan

Gisaku
Seguindo un pouco coa cronoloxía dos Goya. O ano 2004 quedaba ixunstamente cerrado sin ningún premio para a animación galega. Inxustamente porque ese sería o ano no que estivo nominada a mellor curta de animación "Minotauromaquia". Esta curtametraxe dirixida por Juan Pablo Echeberry é, probablemente, o mellor que deu o audiovisual galego nunca. Nominada ós premios do cine Europeos, Minotauromaquia é a curtametraxe que máis premios acumula en España com máis de 40 e recibindo galardóns tan importantes como o do festival de Bradford, meca do cinema de animación. Ademáis de ser mercada polo MOMA de Nova Iorque.

Ademáis é a confirmación de Juan Pablo Echeberry como gran animador e gran director. Un xoven que conta xa cunha importante filmografía na que destacan os seus últimos traballos "Dog Interface" no ano 2000 e "De tripas corazón" no 2001
Son estas poderosas razóns para afirmar que a animación galega conta con moi boa saude e así xa se preparan novos proxectos para os vindeiros anos. Entre eles destacan o novo filme de Filmax: "Donkey Xote" que verá a luz no presente ano. E posteriormente tamén está prevista a estrea de dous filmes máis. Por un lado "De profundis" o novo traballo de Miguelanxo Prado coa colaboración do músico Nani García e que está a ser producido por Continental. Por outro "Linko Killer Machine", a primeira longametraxe de animación de I.B. Cinema, productora de "Minotauromaquia" que ten prevista a súa estrea en 2007.
En resumo, queda claro que a animación galega é un dos campos máis productivos e máis esperanzadores con vistas ó futuro. Se cadra, aínda conta cos problemas dunha idustria prematura que aínda non afianzou de todo os seus alicerces. Pero da para sentirse orgullosos. Que esto siga progresando durante moitos anos.
Por: Fagot | Monográficos | Comentarios (7) | Referencias (1)
...E tan animado que é o proxecto de "Linko Killer Machine".. ¡¡qué mo digan a min!! cajondioooola...
Copro-films | 29-01-2006 10:44:52
Fagot | 29-01-2006 13:07:20
Hola amigos:
Ha sido una grata sorpresa encontrar vuestra página en la que habláis del trabajo que iniciamos Tomás y yo en 1994 con "Alegrías de Puerta Tierra". Es un honor que se hable de nosotros en estos términos y que se reconozca nuestro laborioso trabajo.
Existe en la información que dais una pequeña errata, los cortometrajes a los que hacéis mención como "Ignotus", "Meigallos...","Os difuntos..." y "A escola..." pertenecen a la serie "A Lingua Animada" que hicimos en coproducción con Lua Films, productora de José Mª Suárez y Emilia Neira y no nuestra. La productora formada por Tomás y por mí se llama Algarabía y a la misma serie pertenecen también los cortometrajes "Good night mon amí" (Castelao), A xaguarana"(Avilés de Taramancos)y "Alistán o demo oveiro" (Cunqueiro), los tres posteriores a "A escola das areas".
En el año 2004 realizamos el desarrollo de un largometraje de animación en el que el diseño de arístico estaba a cargo de Miguelanxo Prado, la producción era de Lua Films y actualmente se encuentra en "standby".
Nuestro último trabajo es la cabecera del programa "Las noticias del Guiñol" para Canal+. Actualmente estamos rodando una serie sobre prevención de accidentes infantiles en el hogar en coproducción con Continental Animación.
Como veis no paramos (afortunadamente) y el tiempo vuela ya que este año cumplimos 12 años haciendo animación con plastilina, casi "na".
En fin ahí tenéis información de primera mano por si actualizáis o si quereis dedicarnos un especial, no somos tímidos y bromas a parte si necesitáis alguna información más, solo tenéis que pedirla.
Muchas gracias de nuevo.
Virginia y Tomás.
virgina curiá | 12-03-2006 19:37:50
Gracias, a verdade é que é todo un honor que vos pasedes por aquí. Agora mesmo pilládesme algo apurado pero nunhas horas xa con algo máis de calma farei as rectificacións pertinentes. En todo caso desculpade as miñas meteduras de pata, que me estou a dar conta de que cada vez cometo máis :( e que son debidas fundamentalmente ó gran baleiro de información que existe sobre determinados temas e a única forma que teño de chegar a eles é por medio de persoas próximas ó audiovisual que ás veces son "inexactos" nos seus comentarios (o mal do boca a boca).
En canto ó tema do especial estou pensando en algo así pero aínda me falta definir a fórmula dentro do blog. A miña ilusión é que esta páxina chegase a servir como un espazo na rede onde se puideran dar a coñecer profesionais galegos, é dicir, quenes son, que traballos teñen feitos, etc.
Lamentablemente teño todo tipo de limitacións, sobre todo de tempo, así que teño que ir sacando as cousas que teño en mente pouco a pouco na medida das miñas posibilidades.
En todo caso moitas gracias e perdoade polos erros que pronto correxirei.
Máis alá desto se tedes calquera tipo de información sobre, proxectos, estreas, presencia en festivais ou o que sexa que vos interese dar a coñecer podedes mandárnola a "apelidodia@gmail.com"
Saudos e gracias novamente.
Fagot | 12-03-2006 21:19:16
Fagot | 13-03-2006 02:10:09
claudia | 23-11-2007 16:35:04
APELA | 23-11-2007 16:37:00
URL para referencias o trackbacks
10.000 Gracias!!!!! | 2006-03-13 11:15:06
[...] Denominación de orixe: Animación galega".
Agradecemos a tódolos visitantes as vosas correccións e as vosas suxerencias e agardamos que este 2006 poida ser o ano do noso crecemento tanto nas informacións como no número de visitantes.
Non v [...]