Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 26 de Xaneiro de 2006
Nos vindeiros días voume poñer, na medida do posible, a actualizar os contidos do blog.
A primeira novidade é que teño pensado incluír fichas técnicas e sinopses de tódolos filmes comentados. Así poderan facer as consultas pertinentes todos aqueles ós que non lle interesen os meus comentarios, que seguro que son moitos :) Nos vindeiros días poreime a eso.
Tamén teño pensado seguir ampliando a categoría Mundo audiovisual (en links). Nos próximos días colgarei enlaces con blogs sobre o cine e páxinas específicas dalgunha disciplina (guión, por exemplo). Co tempo espero tamén ofrecer unha guía de páxinas de festivais así como de concursos audiovisuais que vaian tendo lugar, así que os interesados nestas cousas non deixedes de visitarnos.
Tamén, cada fin de mes colgarei un enlace ós artigos máis visitados dentro do blog, por se alguén se perdeu algo.
E para finalizar, comentaremos o que vai ser a XIX edición dos Goya. Esta vez sonou a flauta e na Galiza xa temos un Goya seguro.
Saudos.
Por: Fagot | Xeral | Comentarios (0) | Referencias (0)