Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Sábado, 28 de Xaneiro de 2006
Que non che atrape. Apta para xente con moito tempo libre.

Título Orixinal: Scarecrow Slayer
Ano: 2003
Nacionalidade: EE.UU
Dirección: David Michael Latt
Guión: Bill Cunningham , David Michael Latt, Joel Newman
Interpretes: Tony Todd, Nicole Kingston, David Castro, Jessica Mattson, Steven Schultz, Kim Little, Scott Carson, Elizabeth Perry, Todd Rex, D.C. Douglas, Steven Glinn, Brett Erickson, Brendan Aucoin, Jonathan Murphy, Scott Stepp, Robin Meyers, Mark Irvingsen
Producción: Emmanuel Itier, Scott Pfeiffer, Tanya York
Producción Asociada: Tony Todd
Fotografía: John Willis III, Jay Willis
Dirección Artística: Sam Greenmun
Deseño de Producción: Shannon Kemp
Música: Vincent Gillioz
Son: Lionel Ball, Don Thomas
Montaxe: David Michael Latt
Sinopse: Cando Dave e Kart intentan roubar o lexendario espantallo Scare Crow do campo do granxeiro Caleb, Dave é tiroteado polo campesino, que o confundiu co espantallo, crendo resucitara. Mentras Dave morre, a súa alma é absorbida polo espantallo, volvendo a revivir á terrorífica critatura.
Comentario:
O mundo do cinema está en permanente evolución. É por esto que cando alguén fai unha película mala, sempre hai outro disposto a facer un filme todavía peor. Así, pasiño a pasiño chegamos ata enxendros como este "Espantallo asasino". De feito, creo que podería atopar un posto nos peores filmes de toda a historia do cinema. A verdade é que se non supuxese unha vulneración da libertade de expresión eu votaría para que se sancionasen produccións como esta por supoñer un atentado contra a saude pública, ademáis dun grave insulto á cultura e á intelixencia humana.
A verdade, é que os primeiros 30 minutos, aínda que se fan bastante pesados, estiven entretido co filme. Nunca vira semellante sarta de estupideces seguida. Cada liña de diálogo é unha oda á subnormalidade máis profunda. Non podía ser doutra forma xa que eu apostaría a que calquera dos guionistas desta perrallada non leu un libro na súa vida. Lembroume a un episodio dos Simpson no que Homer escribía un filme.
Pero deixemos de cuspir e falemos da historia para ter unha idea de por onde van os tiros. Esto vai duns tipiños que queren entrar nunha irmandade universitaria e como proba teñen que roubar un espantallo. O tipo que o ten que roubar é un karateca (aquí a cousa xa se anima). O problema é que o espantallo está na granxa dun negro mastodonte que se tirou á bebida e que é un dos paiasos da zona porque escribiu 5 libros nos que contaba como o seu espantallo cobraba vida e mataba á xente (puro lirismo). Resumindo, que o negrata mata ó karateca e o espantallo absorve a súa alma. E despois o espantallo mata ó negrata, a unha colega da moza do karateca, a un médico, a un policía e a moza escapa ata a irmandade do seu ex que é marine e que ten bazokas no soto da súa residencia. Así que os marines universitarios (pre-marines) sacan todo un arsenal de armas para matar ó dichoso espantallo. O espantallo mátaos a todos ata que a moza do karateca convertido en espantallo tira de bazoka e revéntao en mil cachos. Fin.
Desto pódense sacar varias lecturas. A primeira é que nos EE.UU. calquera idiota pode facer unha película. De feito está está coproducida por un adolescente que actúa no filme, rematadamente mal, e probablemente escrita e dirixida polos seus colegas. De feito cando un estudante en Europa ten que facer unha curta para amosar a súa valía, nos EE.UU. non só fan un filme senón que ademáis collen ese ensaio de escola e o distribúen por todo o mundo.
Por outra banda, a ver se a señora ministra actúa dunha vez e pon a funcionar as cuotas de pantalla (en tódolos formatos) para impedir as prácticas monopolistas das distribuidoras ianquis que nos obrigan a incluir en cada estrea un paquete de guarradas, bazofias, porcalladas, e lixo como este.
Nota: 0,5
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (1)
URL para referencias o trackbacks
Para que no me olvides | 2006-03-18 14:24:31
[...] Espantapájaros asesino".
Nota: 1
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)
Comentarios
Comentar
Nombre
Correo Electróni [...]