Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Domingo, 29 de Xaneiro de 2006
Hai un par de días colgábamos nesta páxina as nominacións ós Goya e falábamos da XIX edición, perdón trátase da edición número XX. Sen embargo, semella que segundo informa La Voz de Galicia debemos cometer máis erros que ese a priori.
Na nova que eu escribín informaba de que existían 6 nominacións a filmes galegos, sendo benévolo e cedéndolle a nacionalidade galega ó filme de Patricia Ferreira "Para que no me olvides" producido por Continental. Sen embargo acabo de quedarme de pedra cando leo na Voz de Galicia que os filmes galegos optan a 13 nominacións. Cando lin o titular pensei que a miña metedura de pata fora monumental, sen embargo esto tornouse nun profundo mosqueo cando leo que desde a redacción de Madrid se fala como candidatas galegas ós Goya de: "Para que no me olvides", "Heroína", "Un rey en la Habana", "Camarón", "Tapas", "Frágiles", "Guisaku", "El sueño de una noche de San Juan" ademáis do posible Goya a Manu Chao pola canción de "Princesas".
Este delirio, que en principio semella unha parvada dunha xornalista que descoñece este medio e ó que non se lle debería dar maior importancia, ten os seus problemas. En primeiro lugar porque se estes filmes son considerados en algunha medida galegos, teñen todo o dereito do mundo a optar a calquera das axudas que propón o goberno galego para o audiovisual. Persoalmente é o que nos falta ter por aquí a Jaimes Chabarri, a Josés Corbacho a Jaumes Balagueró e compañía chupando dun bote que xa nos queda escaso ós daquí. Con tódolos meus respetos a esta xente, se queren pasta que vaian ó ICAA que nos non temos que ser o choio de ninguén. Que nos deixen de roubar dunha vez!!!!!
A este paso vai ser considerado galego calquera filme no que apareza unha vaca e terá todo o dereito a levar unha subvención. Esto pon de manifesto a necesidade URXENTE do famoso baremo para decidir que é ou non galego que tanta polémica provocou en pasadas semanas.
Estamos tolos ou que nos pasa??? De verdade desde o goberno se vai consentir que se sepulte o nacemento deste audiovisual aínda inmaduro para favorecer a catro empresas e otorgar parte do diñeiro público a directores foráneos???? De que vai esto??? É que imos ter que ir a Madrid e despois volver para que se apoie o traballos dos daquí???
Esto é lamentable.
Por: Fagot | A Debate | Comentarios (2) | Referencias (0)
Ui, vaia arroutada che deu. Pero tes moita razón. Ata Camarón é unha peli galega, que xa lle ronca o nabo á cousa.
Nilde | 30-01-2006 13:06:28
Fagot | 30-01-2006 15:16:50