Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 30 de Xaneiro de 2006

Corrección e reparto de puntos nos Goya 2006.

Non houbo sorpresas nin tampouco se agardaban. Os premios Goya cada vez se parecen máis ós nosos AGAPI, unha sucesión de palmadiñas nas costas e faranduleo gratuíto para alimentar unha industria podre que necesita a incorporación de caras novas e aire fresco.

Non houbo moita sorpresa, que tampouco se esperaba, e todo rematou cun reparto máis ou menos equitativo de premios no que loxicamente tiña que haber ganador e esa foi Isabel Coixet.
Cae ben Isabel Coixet, e ese é o principal activo para este tipo de cerimonias. Sen menospreciar o seu filme "La vida secreta de las palabras", a súa imaxe urbanita, o seu punto de nena despistada, e sobre todo, contar historias de sentimentos, de amor e soidade, de dramas próximos, todas elas con moi boa prensa, fan que parta, diante dun xurado absolutamente parcial, cunha ventaxa considerable á hora de ser a elixida para recibir un premio. Esta vez, nun filme con Tim Robins, sobre un drama nunha plataforma petrolífera..., cumplía perfectamente o rol de película apátrida con pinceladas de modernidade que sirva para dar boa imaxe do cine español no mundo.
Unha imaxe á que quixo contribuir a ministra Carmen Calvo que chegou á cerimonia disposta a aparecer nos xornais do día seguinte. E enfundouse un traxe esperpéntico de Agatha Ruíz de la Prada que segundo a ministra era "romántico e moi bonito" ó tempo que asegurou que seguiría lucindo traxes de máis deseñadores. Medo dá. Tamén fixo a ministra as declaracións publicitarias de turno, afirmando que "os españois comezaban a amar o cine". Xa postos puido dicir que durante o goberno do pp non o amaban e así xa quedaba á altura de Martinez Pujalte coas súas saidas de tono. De tódolos xeitos resulta algo irónico que a ministra faga estas declaracións xusto na semana na que sairon os datos que confirman o descenso en picado de público do cine español. Uns datos ós que a ministra nin fixo mención nin quixo responder no seu momento, ó tempo que desvinculaba ese descenso a calquera acción do goberno.
En fin, farándula a un lado os premios foron:
Mellor película: La vida secreta de las palabras
Mellor Actriz: Candela Peña por Princesas
Mellor dirección: Isabel Coixet por La vida secreta de las palabras
Mellor actor de reparto: Carmelo Gómez por El método
Mellor actor: Oscar Jaenada por Camarón
Mellor actriz de reparto: Elvira Minguez por Tapas
Mellor dirección novel: José Corbacho e Juan Cruz por Tapas
Mellor guión orixinal: Isabel Coixet por La vida secreta de las palabras
Mellor actor revelación: Jesús Carroza por 7 vírgenes
Mellor guión adaptado: Marcelo Piñeyro e Mateo Gil por El Método
Mellor actriz revelación: Micaela Nevarez por Princesas
Mellor música orixinal: Juan Antonio Leyva, José Luis Garrido, Equis Alfonso, Dayan Abad, Descemer Bueno, Kiki Ferrer e Kelvis Ochoa por Habana Blues
Mellor canción orixinal: Me llaman calle de Manu Chao por Princesas
Mellor dirección artística: Gil Parrondo por Ninette
Mellor fotografía: López-Linares por Iberia
Mellor dirección de producción: Esther García por La vida secreta de las palabras
Mellor montaxe: Fernando Pardo por Habana Blues
Mellor deseño de vestiario: María José Iglesias por Camarón
Mellor Maquillaxe e perruquería: Romana González e Josefa Morales por Camarón
Mellor película de animación: El sueño de una noche de San Juan de Ángel de la Cruz e Manolo Gómez - Dygra Films / Appia Filmes
Mellor son: Carlos Bonmati, Alfonso Pino, Pelayo Gutiérrez por Obaba
Mellor película documental: Cineastas contra magnates de Calos Benpar - Producciones Kilimanjaro SL
Mellores efectos especiais: David Martí, Montse Ribe, Féliz Cordón, Félix Bergés e Rafael Solórzano por Frágiles
Mellor curta de ficción: Nana de José Javier Rodrígez Melcón - Enigma Films SL
Mellor curta documental: En la cuna del aire de Rodolfo Montero de Palacio - Cre-acción Films SL / Producciones Líquidas SL
Mellor curta de animación: Tadeo Jones de Enrique Gato Borregán - La Fiesta PC
Mellor película extranxeira de fala hispana: Iluminados por el fuego de Tristan Bauer (Arxentina)
Mellor película europea: Match Point de Woody Allen (Reino Unido)
Resumindo, despois das críticas que recibiu a cerimonia dos Goya do ano pasado pola cantidade de premios que acumulou Mar Adentro este ano quixenron quedar ben con todos e fixeron reparto. A máis beneficiada neste sentido foi Camarón que recibiu tantos premios como a gañadora da gala. E algúns próximos ó surrealismo como o mellor maquillaxe aínda que competía con fitas como Os Dalton e Lucky Luke. E como hay que quedar ben, o filme de Fernando Leon tamén tiña que levar 3 premios, e tamén el método, paradigma do filme de autor modernillo e como non, tamén hai que premiar á parroquia catalana con Tapas e Frágiles, estes fixeron pleno 3 nominacións tres Goyas. E así todos contentos a costa das vellas glorias que son as que teñen o lombo acostumado ós paos. Almodóvar non vai, Obaba pese ás 10 nominacións so conseguiu unha, o mellor Son, e Ninette lévase o premio de Gil Parrondo por dicir que a Garci tamén lle hai que dar algo.
Pagou o pato 7 vírgenes de Alberto Rodríguez, probablemente porque os académicos aínda non o controlan demasiado. Pero non te preocupes chaval, esto arréglase con tres ou catro sesións de cubatas e puros ó lado da Sampietro de turno e xa verás como nos próximos anos te levas algún cabezón para a casa.
O premio a mellor filme europeo foi tamén diplomático e déronllo a Woody Allen porque sempre quedas ben con eso. Imaxino que para non meterse en loitas na categoría máis dura desta gala, xa que ademáis do filme de Allen, os demáis títulos tiñan sobrada calidade: "Los chicos del coro", "El hundimiento" e "El jardinero fiel".
En canto á representación galega, Dygra bota por fora e consegue gañar coa súa segunda película o seu segundo Goya á mellor animación. Lóxico se pensamos que Filmax xa se levara todo na súa representación catalana. Tamén, segundo o artigo de La Voz de Galicia, nos deberíamos alegrar porque Camarón no que participa Filmanova recibiu 3 estatuiñas, pero francamente a min este filme nin me vai nin me ven. Despois deso, Continental recibiu unha nova ostia e non trae ningún Goya pese a que persoalmente creo que Adriana Ozores merecía traer o premio por Heroína, pero Candela Peña é moita Candela Peña e ademáis de ter mellor prensa, e facer de puta, que sempre conta, estaba no filme de Fernando Leon e contra eso non se pode competir, cando menos mentres estes sexan os premios á endogamia e ó onanismo ben feito e de resolución intrascendente. Se cabe, este ano foi máis clara esa endogamia ó non estar nominados nin Tim Robins (La vida secreta de las palabras), nin Calista Flockhart (Frágiles) co simple pretexto de de non ser españois. O que dicía en principio os Goya son como os AGAPI onde un secundario gaña o premio a mellor protagonista e o mellor secundario dánllo a un figurante.

Por: Fagot | Cinema | Comentarios (1) | Referencias (0)

Comentarios

Pido perdón pola cantidade de erros orto-gramato-lexicos que ten este texto pero estábame a funcionar mal o blog e tiven que facer as de cristo para poder colgalo. En fin, perdón.

Fagot | 30-01-2006 21:38:36

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Actualidad