Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Martes, 31 de Xaneiro de 2006

Olvidate de mi

Pois non dá para esquecela rápido



Título Orixinal: Eternal Sunshine of the Spotless Mind
Ano: 2004
Nacionalidade: EE.UU
Dirección: Michel Gondry
Guión: Charlie Kaufman
Interpretes: Jim Carrey, Kate Winslet, Kirsten Dunst, Mark Ruffalo, Elijah Wood, Tom Wilkinson, Thomas Jay Ryan, Gerry Robert Byrne, Jane Adams, David Cross, Ryan Whitney
Producción: Anthony Bregman
Producción Executiva: Georges Bermann, David Bushell, Linda Fields Hill, Glenn Williamson, Charlie Kaufman
Fotografía: Ellen Kuras
Dirección Artística: David Stein
Deseño de Producción: Dan Leigh
Música: Jon Brion, Beck
Son: Eugene Gearty
Montaxe: Valdís Óskarsdóttir

Sinopse: Joel quédase asombrado e aturdido cando se entera de que a súa novia Clementine borrou de seu cerebro os recordos da súa tumultuosa relación. Desesperado, Joel contacta co inventor do proceso, o Dr. Howard Mierzwiak para eliminar cualquera recordo de Clementine da súa propia memoria. Pero sucede que, mentres os recordos progresivamente desaparecen, Joel comeza a redescubrir a súa paixón inicial.

Comentario:
Cando me falaron deste filme eu tiña as miñas reticencias. En principio había un par de nomes que me tiraban para atrás á hora de ver esta fita, eran os de Jim Carrey e Kate Winslet, dous actores ós que non aturo por separado e que xuntos poderían ser o colmo do emplagoso. Por outra banda, outros dous nomes me producían o sentimento contrario. Estes eran Charlie Kaufman que ata o momento nunca me defraudara e sempre é capaz de sorprender. E o outro era o de Michel Gondry do que acababa de ver un videoclip de Kylie Minogue, "Come into my world" que me parecía unha auténtica maravilla. De feito, o principal atractivo era saber ata onde sería capaz de chegar Gondry dentro dun filme e se conseguiría contarnos unha boa historia á par que nos metía no seu caótico mundo. Non defrauda.
Gondry tira do seu repertorio de efectos visuais para meternos nun film paranoico no que consegue reducir as consabidas sobreactuacións dos seus protagonistas. Cada secuencia é unha pequena locura que che vai metendo na historia e que che provoca sensacións contradictorias mentres analiza a vida en parella.
Polo outro lado está o guión, merecedor do Oscar ó mellor guión orixinal e que consagra a figura de Kaufman como o mellor guionista do momento. Cando menos, desde David Mamet, ningún guionista conseguira arrastrar tanta xente a unha sala.
O peor do filme é que nalgúns momentos se me fixo algo repetitivo. Pese a que a estructura está moi ben levada hai certo aire a redundancia no seu desenvolvemento. E o final resultoume algo predecible.
En todo caso merece a pena.

Nota: 6,5

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (2) | Referencias (0)

Comentarios

Bella y enigmática película. En mi blog hay un texto alusivo, por si quieres echarle un vistazo. Saludos.

ignatiusmismo | 22-09-2006 23:23:13

Si, si, pasareime a botar unha ollada.

Fagot | 23-09-2006 20:16:09

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009