Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 02 de Febreiro de 2006
Máis cine de xénero para horrorizarnos todos.

Título Orixinal: Creep
Ano: 2004
Nacionalidade: Alemania, Reino Unido
Dirección: Christopher Smith
Guión: Christopher Smith
Interpretes: Franka Potente (Kate), Sean Harris (Craig), Vas Blackwood (George), Ken Campbell (Arthur), Jeremy Sheffield (Chico), Paul Rattray (Jimmy), Kelly Scott (Mandy), Debora Weston (Mya), Emily Gilchrist (Karen).
Producción: Julie Baines e Jason Newmark
Fotografía: Danny Cohen
Dirección Artística: Matthew Gray, Ellen Latz, Ashley Winter
Deseño de Producción: John Frankish
Música: The Insects
Son: Julie Ankerson, Nick Baldock
Montaxe: Kate Evans
Vestiario: Phoebe de Gaye
Sinopse: Londres. Unha fría medianoite invernal. Sen un só taxi libre no West End, Kate vai cara o metro. Cun punto de alegría etílica, espera nun banco do andén, pero acaba quedándose dormida... para despertarse a darse conta que todo o mundo desapareceu. Presa do pánico, intenta saír da estación, pero todas as saídas están pechadas. De pronto, un tren chega á estación e ela monta, algo inqueda, xa que o vagón está completamente baleiro. O seu alivio ante o que parece o regreso seguro a casa transformase de novo en alarma cando o tren se detén na metade dun túnel e queda a oscuras. Kate está a piques de enfrontarse a unha serie de sucesos terroríficos que porán a proba a súa resistencia e a súa cordura ata o límite. E é que Kate non está soa naquel labirinto de húmedos corredores e recovecos escuros. Na penumbra acecha un horror inimaxinable... algo que mora nun laboratorio secreto... e que non está disposto a deixar escapar a Kate.
Comentario:
Tiña eu ganas de volver ver a Franka Potente, unha muller camaleónica que pode facer mil papeis distintos e resultar creible ademáis de aportar un punto de morbillo que xa lles gustaría a moitas actrices consagradas. Sen embargo, nin Franka Potente nin ningún outro actor/actriz son razón suficiente para ver un filme por moita xente que pense eso. De feito, salvo raras excepcións cada ano que pasa temos o Star System máis escarallado.
Tendo en conta esto, comezar falando de Franka Potente xa é sintomático. Este filme é unha merda. Para quen teña curiosidade uns parágrafos máis arriba hai unha sinopse promocional que ben se pode resumir nunha soa liña: "No metro de Londres hai un bicho". Eso é todo e non dá para máis.
O filme arranca ben, presentanos a unha prota odiosa á que estás desexando que lle pase algo para baixala das nubes cunha boa ostia. Despois aparece o bicho, mata a unha cuantas persoas e nada máis.
Cando a estaba vendo lembraba as miñas clases da facultade, aquelo das 5 W, é dicir: o que, o cando, o quen, o como e o porqué. Christopher Smith debeu perderse esa clase e por consecuencia a súa idea de escribir un guión é absolutamente nula. Eso sí, moito efectillo, bo montaxe, audio inquietante e unha gran candidatura para dedicarse á publicidade o resto da súa vida, porque sinceramente, esto non é cine.
Con todo, queda Franka Potente, que sempre será Franka Potente independentemente da magnitude do bodrio que lle poñan diante.
Non perdo máis tempo falando desta trangallada.
Nota: 2
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)