Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 02 de Febreiro de 2006
O primeiro paso por Skull Island para cazar monos.

Título Orixinal: Braindead
Ano: 1992
Nacionalidade: Nova Zelanda
Dirección: Peter Jackson
Guión: Stephen Sinclair, Fran Walsh, Peter Jackson
Interpretes: Timothy Balme, Diana Peñalver, Elizabeth Moody, Ian Watkin.
Producción: Jim Booth
Fotografía: Murray Milne
Dirección Artística: Ed Mulholand
Deseño de Producción: Kevin Leonard-Jones
Música: Peter Dasent
Son: Mike Hopkins
Montaxe: Jamie Selkirk
Sinopse: Lionel Cosgrove, un mozo de 20 anos pouco acostumado ó amor e dominado pola súa sobreprotectora nai, intentará iniciar una relación sentimental con Paquita María Sánchez, cando á súa nai mordea unha estraña criatura, un mono rata trasladado desde unha illa deserta en Nueva Zelanda. A nai de Lionel convirtirase nunha muller zombie que contaxia a tódolos que morde.
Comentario:
Agora que está de moda o gran simio, King Kong, compre recordar que esta non foi a primeira vez que Peter Jackson se deu unha volta pola Illa da Calavera para cazar monos. A súa primeira vez foi alá polo ano 92, tamén para capturar a un simio protexido polos indíxinas, tamén en Skull Island e tamén con dramáticas e divertidas consecuencias para os seus protagonistas.
Así arranca Braindead, á que lle fixeron o terrible favor de poñerlle ese outro desesperante título, cunha cazaría de mono que remata con varias amputacións de membros.
E como ese é só o comezo o que ven despois e todo un torbellino de sangue, visceras e vómitos que fan de paréntese entre chiste e chiste. A simple vista, poderíase pensar que se trata dunha abominación, pero todo o contrario, é un filme xenial que che ten hora e media en vilo pensando en se a seguinte barbaridade estará á altura da anterior.
E non nos enganemos, este é o Peter Jackson de verdade, cando menos aquí víase a súa man e o seu estilo. Braindead está cheo deses primeiros planos estrafalarios con muecas esperpénticas que cubren tres cuartos de pantalla. Deses, e dos tiros de cámara imposibles e aberrantes, ás veces con sobredose de escatoloxía, onde Jackson nos introduce nos orificios de enormes bocas, narices ou orellas. Ese é o Peter Jackson que cautiva neste filme, igual que o fixera xa en Bad Taste. E eu bótoo de menos porque a verdade é que os seus recentes éxitos pese a estar dirixidos con corrección e profesionalidade están algo carentes de personalidade, a que si demostraba cando facía o que lle daba a gana.
Como curiosidade hai que sinalar a presencia de Diana Peñalver, que daquela estaba de moda por facer a serie "Chicas de hoy en día" e que gañou con todo merecemento un posto de honor nun filme de culto. Está fantástica, tanto ela como Timothy Balme, o seu compañeiro de reparto que ten toda unha galeria de muecas digna do irmán "guapo" dos Calatrava.
A verdade é que no fondo, eu creo que este é un filme para nostálxicos. Eu boto de menos este cine, no que todo estaba permitido e no que se afrontaba a película como un producto sen pretensións, nin sequera de gañar diñeiro, e no que se respira diversión, tanto desde o punto de vista de quen a fixo, como de quen a ve. Evidentemente, non se trata de que todo o cine sexa coma este, pero houbo un tempo no que o chamado cine comercial, ou de xénero, ou como queira denominarse, era algo máis que palla intrascendente para adolescentes descerebrados, era simplemente evasión e desafogo, pero ben contado.
Probablemente, se hoxe se fixese Braindead habería mil asocicións distintas en todo o mundo que protestarían polo filme e o acusarían de pervertir á xuventude e patatín, patatán..., e dá a sensación de que hai moitas cousas que nos estamos perdendo.
Recomendable, friki, de culto, imprescindible, para botar unhas risas. Non recomendada a xente con estómago sensible.
Pd: Non perderse o gag no que o prota descubre por unhas fotos que o seu pai lle era infiel á súa nai. :)
Nota: 7
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)