Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Sábado, 04 de Febreiro de 2006

Sobre segundas, terceiras e 20.

Podedes ler aquí como Disney anuncia que no 2007 sairá a segunda entrega das "Crónicas de Narnia". O anuncio coincide coa inminente estrea de "Bambi II" e con esta son xa un sen fin os remakes, refritos, revisións ou secuelas de centos de filmes nos últimos anos. Cando imos parar?

Se por algo se caracteriza o comezo so século XXI no mundo do cinema, non é, desde logo, pola orixinalidade. Nos escasos 6 anos que levamos de novo século asistimos entre outras a como se facía un cutre remake de "Porky´s" ó que chamaban "American Pie" e vai xa pola súa cuarta entrega. A esto temos que sumar 4 Harry Potters, 3 Scary Movies, 4 Screams e un longo etc de títulos perralleiros.
Despois tomárona cos comics, e xa se prepara o 3º Spiderman, e vaise estrear este ano o 3º X-men, á marxe de Hulk, de Daredevil, de Elektra, dos 4 Fantásticos, do Motorista Pantasma que se está a preparar ou do posible 5º Superman que se nos ven enrriba.
E o conto non morre aí porque despois veñen os remakes, que si oceans eleven que tamén tivo parte 2, Italian Job, King Kong, La guerra de los mundos ou as de orixe xaponés que non chega coas súas segundas partes senón que ademáis se fan dous remakes como The Ring I e II ou The eye I e II, e despois ben a Maldición, e o Grito, e Dark Water.
E non chega porque tamén hai crossovers, que si Jason contra Fredy, Alien vs Predator... E as conmemorativas Halloween 20, Jason X, La matanza de Texas 2004.
De verdade merecemos todo esto? Por algunha razón parece que a creatividade hollywoodiense está esgotada e nos aquí como malpocados non podemos facer outra cousa que aguantar como as nosas salas se enchen con historias que xa sabemos de memoria e que sen embargo continúan a encher de cartos os petos de xente que xa nin sequera ten a decencia de traballar aportando algo novo.
E a eterna xustificación de que os máis novos non coñeceron eses filmes e patatín, patatán. Se os máis novos non viron eses filmes non é o meu problema. É probable que tampouco leran "Madame Bobary" e non lle pedimos a Stephen King que faga unha nova versión adecuando ós temos que corren. Aínda que calo a boca e non dou ideas porque para estas cousas na outra beira do Atlántico son perigosos.
O caso é que o panorama da peniña. E eu que ás veces teño unha vena hipocondríaca que non son capaz de controlar, comezo a ver as sombras do Gran irmán borrándonos o pasado. De feito se probades a buscar, por exemplo, "La matanza de Texas" no google, veredes que nas primeiras páxinas só se fala do filme do 2004, e cando les os créditos les que o director é Marcus Nispel e que o xenio de Tobe Hoper quedou relegado ó esquecemento ou á mala memoria dos que xa temos uns anos. E así sucede con todo.
E esto chega a extremos inimaxinables na rede. Por exemplo, aínda que quede feo admitilo, tamén me baixo as miñas cousiñas no Emule, aínda que eso sí (quero deixalo claro) non me gusta nada que a xente se baixe filmes que están en cartel, creo que todos deberíamos ser un pouco responsables e non baixar filmes ata que non rematase a súa explotación comercial (é dicir que saisen na TV en aberto). Rollos a parte, o caso é que eu pretendía baixarme "Crash" de David Cronemberg, de 1996, levaba tempo buscando o Dvd e non o atopaba. Despois de toparme con varios filmes porno, dei co arquivo de "Crash" e para a miña sorpresa, había un monte de mensaxes de "fake" con frases como "no es la buena", "esta no es", "es otro, no es la buena". Foi como se me botasen 30 anos enriba, un filme de hai 10 anos, que non estaba mal, quedou totalmente anulado no momento en que aparece outro co mesmo título? Non mo podo crer. Pero estas cousas provocanme unha sensación que non me gusta.
E se esto pasa con "Crash" imaxinádevos o que pode ser "La matanza de Texas", por non dicir xa "Italian Job". Ou o que sucede cos cómics, nos filmes a Spiderman cambiaronlle a personalidade por completo, pero a imaxe que se ten actualmente de Spiderman é a dos filmes.
Non sei que se pode facer contra esto porque ó final todos sufrimos as consecuencias. Xa se sabe que por H ou por B o que sae dos EE.UU. o acabamos tragando, ou o que é peor, copiando e para mostra xa temos segunda parte de "El otro lado de la cama".
Só espero que nunca nos chegue o día no que o que fagamos sexa copiar o que xa está feito.

Por: Fagot | A Debate | Comentarios (0) | Referencias (1)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Máis do mesmo. Que pouquiño respeto. | 2006-02-20 11:42:11
[...] 2 e terceiras partes ademáis de remakes de cousas que xa temos máis que vistas. Pois a quen non quere caldo danlle 7 cuncas.En fin, a novidade é a Panteira Rosa que volve ós cines co insufrible Steve Martin. A verdade é que nin sequera me a [...]

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009