Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Sábado, 04 de Febreiro de 2006

Spiderman

Todo gran poder conleva unha gran responsabilidade.



Título Orixinal: Spiderman
Ano: 2002
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Sam Raimi.
Guión: David Koepp; baseado no cómic de Stan Lee e Steve Ditko
Interpretes: Tobey Maguire (SpiderMan / PeterParker), Willem Dafoe (Duende Verde / Norman Osborn), Kirsten Dunst (Mary Jane Watson), Jame Franco (Harry Osborn), J.K. Simmons (J. Jonah Jameson), Cliff Robertson (Tío Ben), Rosemary Harris (Tía May), Joe Manganiello (Eugene 'Flash' Thompson), Ted Raimi (Hoffman), Bill Nunn (Joe 'Robbie' Robertson).
Producción: Laura Ziskin e Ian Bryce
Producción Executiva: Stan Lee, Avi Arad
Fotografía: Don Burgess
Dirección Artística: Tony Fanning e Scott P. Murphy
Deseño de Producción: Neil Spisak
Música: Danny Elfman
Son: Susan Dudeck, Dean Beville
Montaxe: Bob Murawski, Arthur Coburn
Vestiario: James Acheson

Sinopse: Peter Parker vive desde neno en Queens, Nueva York, coa súa querida tía May e o seu tío Ben. Peter lleva a vida dun estudiante calquera cando sofre a picadura dunha araña manipulada xeneticamente. Pouco despois, descubre que posee uns poderes pouco comúns. Peter promete usar os seus poderes para loitar contra o crime.

Comentario:
Este é o filme número 50 que comentamos neste blog, así que escollín este filme por ser algo especial e por aprobeitar que estamos a falar da falta de creatividade :)
Antes de nada teño que facer unha aclaración, Spiderman é o meu ídolo, foino desde os meus 5 anos, abandoneino na adolescencia e recupereino con ansias ós 19 e xa choveu daquela. A miña admiración por Spiderman é absoluta e é moi dificil de sintetizar tanto nun comentario, como nas páxinas dun comic ou igualmente nun filme. Digamos que Spiderman ten eses rasgos de personalidade de recordan a personaxes de Roald Dahl ou de Michael Ende, eses personaxes que eran especiais pero incomprendidos, que só se tiñan a sí mesmos e que no seu interior vivían coa tensión e ó mesmo tempo coa motivación de quererlle demostrar ó mundo que podían facer algo grande.
Con esto de fondo, aí estaba eu na primeira proxección que se facía do filme na Coruña, rodeado de xornalistas con libretiña de atrezzo e ganas de botarse unha siesta. En canto vin a cabeceira da Marvel embargoume a emoción, igual que cando vin o nome de Stan Lee que para algúns é como escribir Deus en maiusculas.
Sobre o papel todo apuntaba a que ía disfrutar. Sam Raimi era un home suxerente, Tobey Maguire apuntaba maneiras de Peter Parker e Danny Elfman metíache nunha atmósfera máis que interesante coa súa música. Por uns instantes aquelo semellaba que se podía convertir en outro Batman pero coa miña personaxe favorita. E aí chegou a ostia.
Intentarei resumir. En primeiro lugar, traer a Spiderman á actualidade pode que sexa unha boa maniobra de marketing para que os adolescentes se sintan identificados pero desde logo foi toda unha puñalada estética ós que nos quedamos con aqueles inicios da psicodelia de finais dos 60. Despois está o burdo intento de síntese que se fixo no filme no que se perderon miles de matices e en parte os grandes rasgos da personalidade de Spiderman. Esplicarei esto: De entrada, o amor de instituto de Peter, non é Mary Jane aínda que remate casando con ela, senón Gwen Stacy. Peter está namorado de Gwen ata a obsesión. Por outra parte un dos rasgos definitorios de Peter é que non mata ó asasino do seu tío, senón que llo entrega á polícía. Esto é vital para entender a Peter, está en contra da violencia, non é vengativo nin rencoroso, o sentido do deber está por riba dos seus impulsos. A súa vida é unha dura loita entre o que desexa e o que debe facer (esto é o máis grande de Spiderman). No filme cárganse esto dun plumazo cando Peter vai e mata ó asasino do seu tio. Os adolescentes aplaudirían, pero xa te cargaches á personaxe. Despois desto Peter "matará" ó Duende Verde tal e como vimos no filme, sen embargo, no comic este feito estará xustificado porque previamente o Duende matará a Gwen cando descubre a identidade de Spiderman. Non é que a morte de Gwen sexa máis importante que a do tío Ben (esta nunca chegará a superarse) pero sí que produce en Peter un estado de locura que non tiña precedentes. E para rematar de escarallar a personaxe, no filme se nos ensina unha cidade de Nova York que aplaude e anima a Spiderman, Horror!!!!!!!! Spiderman, por moitas vidas que salve, por moito ben que faga, sempre foi temido e odiado e toda a cidade vai tras el para matalo, incluso a Tía May prefire ó Dr Octopus antes que a Spiderman (esa é outra pero deixámolo para a segunda). A esencia de Spiderman é eso, por que facer algo por xente que che odia e que non che recoñece? Por que non fago o que me gustaría? Por que deixo de lado a miña vida persoal en favor de axudar ós demáis? Porque todo poder conleva unha grande responsabilidade. Esto é Spiderman, e o que fixeron no filme é un grave insulto.
Sumado a esto o filme está viciado desde o guión de David Koepp que é rematadamente malo. É malo porque pretende contar dúas historias no mesmo filme e eso hai moi pouca xente que saiba facelo. A primeira hora é relativamente boa, axil, e cunha historia que interesa ver, a orixe de Spiderman. A segunda é un refrito de secuencias de loita con fins puramente comerciais e que ademáis de non evolucionar é sosa e baleira de contido. A personaxe do Duende Verde está se cabe máis maltratada que a de Spiderman (Pero non me vou enrrollar máis falando tamén deste). A personaxe máis importante de Spiderman durante 30 anos dura no cinema 2 horas e eso é un golpe moi duro para calquera. Pero xa se sabe, nos EE.UU. non usan a razón, simplemente piden a cabeza do malo. E eso é o que pasa aquí, en case 40 anos de historia de Spiderman, Peter só "mata" (aparentemente) a un vilán e en 2 horas de filme, mata a dous.
Polo demáis, visualmente aporta moitas cousas que ata o momento non estábamos acostumados a ver. As secuencias de movementos de Spiderman son de auténtica vertixe e supuxeron unha grande evolución na integración da imaxe real co CGI.
E aquí morreu o conto. Cando saín do cine volvín á casa e puxenme a reler aquelas historias que me fascinaban, sobre o duro que é ser adolescente, sobre a incomprensión e o poder, sobre que os malos sempre volven, e a ler en papel aquelo de que "un gran poder conleva unha gran responsabilidade" unha verdade como un templo que usaron no filme pero que foron incapaces de asimilar os que fixeron esta peli.

Nota: 4

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (1)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Primeiras valoracións sobre o "Day and Date" | 2006-02-12 17:07:08
[...] Spiderman, El señor de los anillos, Matrix, La guerra de las galaxias, Harry Potter son sólo algunas de las producciones de Hollywood que han acabado animando videojuegos. Y son las que más han ganado en los últimos años. Para tener una [...]

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009