Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 07 de Febreiro de 2006
Non se pode ir contra a natureza humana.

Título Orixinal: Kozijat rog
Ano: 1972
Nacionalidade: Bulgaria, Italia
Dirección: Metodi Andonov
Guión: Nikolai Haitov
Interpretes: Katya Paskaleva, Anton Gorchev, Milen Penev, Todor Kolev, Kliment Denchev,,Stefan Mavrodiyev, Nevena Andonova, Marin Yanev
Producción: Nikola Velev
Fotografía: Dimo Kolarov
Dirección Artística: Garo Garabedyan
Deseño de Producción: Konstantin Dzhidrov
Música: Mariya Neykova
Son: Mithen Andreev
Montaxe: Evgeniya Radeva
Sinopse: Bulgaria S. XVII, terra dominada polos turcos. Unha xoven parella que vive nun pequeno pobo preto das montañas, ten unha filla de corta idade. Un día o pai sube ás co seu rebaño, mentres tanto a traxedia cébase sobre a súa familia: un grupo de turcos entran na súa cabaña e violan e matan á muller en presencia da nena. O pai desolado leva á súa filla ás montañas e educaa como se fose un varón, adestrándoa para a vinganza. Un corno de cabra afiado como un puñal será o instrumento da súa vinganza.
Comentario:
Unha das cousas que máis me emociona deste blog é poder compartir non só opinións, senón gustos, ó tempo que descubres cousas das que nunca antes escoitaras falar. Foi así como chegou ós meus oídos este filme que alguén tivo a deferencia de votar no noso ranking. E ben que fixo. Agora quédome coa satisfacción non só de ter visto un bo filme senón de ter roubado un anaquiño de rede para que queda na memoria dos que por aquí pasen nos próximos tempos.
Pero falemos do filme. De entrada e vendo a sempre curiosa orixe (non é habitual que chegue a nós un filme búlgaro), hai cousas que aínda que soe a tópico sabemos con certeza que nos imos atopar. Pois eso, país do leste, boa fotografía, parece que son dous elementos indivisibles. Máis alá deso, a historia está bastante ben definida nesta sinopse de dame medo contar algo máis. Trátase dun filme profundo que fala de sentimentos moi traumáticos. Máis alá da vinganza, que sirve de fío de unión, o conflicto do filme céntrase na sobreprotección que un pai lle quere dar á súa filla para non revivir a traxedia e por outra banda os propios impulsos naturais que levan á moza a sentirse unha muller e non ser capaz de asimilar a educación masculina que pretende darlle o seu pai.
O filme está narrado con grande crudeza e pouco diálogo. Metodi Antonov fai un alarde de boa dirección e é capaz de transmitirnos as sensacións e os pensamentos dos protagonistas sin que pronuncien unha soa palabra durante moito tempo. É cine clásico puro, onde todo se constrúe a golpe de vista e onde cada secuencia é unha especie de radiografía dos impulsos irracionais e instintivos do ser humano.
A pena é que este director nun durou máis como para deixarnos unha maior filmografía no seu repertorio. Este era o seu terceiro filme e morreu só dous anos despois de estrealo, ós 42 anos.
Outro dos puntos destacables é a gran ambientación, que sen ser especialmente de época, sí que parece meterche nese mundo medieval, sen lei e onde prima a lei do máis forte.
E hai que reseñar tamén a espectacular interpretación de Katya Paskaleva. Sae airosa dun papel complicadísimo con infinidade de rexistros, xa non porque teña que facer de home e de muller senón polos continuos contrastes de alegría e desesperación. Katya Paskaleva é capaz de encarnar a ternura nalgúns momentos e a rabia máis irracional en outros e é absolutamente creible en todos eles. Creo que é unha das claves do filme.
Nota: 7
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (1) | Referencias (0)