Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Martes, 07 de Febreiro de 2006

El delirante mundo de los Feebles

Máis Peter Jackson para público "selecto".



Título Orixinal: Meet the Feebles
Ano: 1989
Nacionalidade: Nova Zelanda
Dirección: Peter Jackson
Guión: Peter Jackson, Frances Walsh, Danny Mulheron, Stephen Sinclair
Interpretes: Animación
Producción: Jim Booth, Peter Jackson
Fotografía: Murray Milne
Dirección Artística: Ed Mulholand
Deseño de Producción: Mike Kane
Música: Peter Dasent
Son: Neil Maddever, Eric De Beus, Grant Taylor
Montaxe: Jamie Selkirk

Sinopse: A morsa é un productor teatral ambicioso que saca adiante un musical. Sen embargo ten que contar cun equipo “pouco profesional”: un raposo como director, unha ra drogadicta, unha rata que fai películas porno con vacas e cascudas, un elefante maníaco depresivo... sen esquecer ó seu inimigo íntimo, a balea, a raíña da mafia.

Comentario:
Estoulle collendo o gustiño a esto de fedellar no pasado de Peter Jackson, especialmente agora que é mundialmente coñecido polo "Señor dos aneis" e "King Kong" e que xa é un profesional venerado con algún que outro Oscar no armario da súa casa. E non é con mala intención, simplemente para deixar constancia das voltas que dá o mundo.
No 89, Jackson, daba vida ós Feebles no que podería definirse como unha parodia envenenada dos teleñecos.
Jackson tira de tópicos e de humor ácido para amosarnos a vida desta compañía teatral peculiar composta por animais e que garda certas similitudes co mundo do espectáculo que estamos acostumados a ver na realidade.
Jackson non deixa títere con cabeza. Desde unha mosca xornalista que pasa o día remexendo a merda, a un coello actor que agoniza por unha enfermidade de transmisión sexual ou unha vaca que pon as súas poderosas ubres ó servicio do porno, cada personaxe é unha sátira en sí do glamouroso mundo do espectáculo.
É un filme divertido, no que te ris bastante, hai gags moi bos e vese unha aposta clara polo guión no que se puxo bastante empeño. Estructuralmente trátase dunha obra coral na que non hai protagonistas definidos e nas que cada muñeco conta cunha pequena trama cal é a súa historia e o seu papel dentro desta peculiar compañía.
É certo que a día de hoxe pode parecer algo cutre, especialmente tendo en conta o despregue de medios que hai en filmes parecidos como Team America, sen embargo merece a pena polo arriscado da aposta. Xa o dixemos antes, pero se algo tiña este Peter Jackson era a orixinalidade e a capacidade de aportar cousas ó cinema que botamos de menos agora. Hai que ter moitas narices para facer un filme de bonecos para adultos e el fixoo, e baixo o noso punto de vista moi ben.
Ademais, o ritmo, e a montaxe do filme son moi bos, e non comento o final, pero tamén sorprende.
Como xa pasara noutros títulos de Jackson, o filme está repleto de referencias a outras películas ás que sempre saca un punto cómico. Hai unha secuencia memorable onde a "Ra" conta como se fixo drogadicta, foi a causa da guerra do Vietnam, despois de que a sacaran do hospital de guerra era adicta a tódalas drogas :)
Podería estar durante horas comentando soamente frases da película porque hai para dar e tomar só no gag do Vietnam como: "El enemigo de la revolución es la reforma" ou "Vamos a reeducar a estos fachas imperialistas" que non teñen desperdicio.
Eso, que non me lío máis.

Nota: 6,8

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos