Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 07 de Febreiro de 2006
O día de onte foi deses domingos que pasan desapercibidos pero que igual acaban tendo trascendencia nos próximos anos.
Eso, onte era domingo, a metade do estado estaba pendente do fútbol, como é habitual. Quizais foi aín onde se produciu o primeiro fenómeno que foi ver gañar ó Celta en Santander en primeira división por primeira vez na historia. Pero aínda pasarían máis cousas. Despois chegou Gran Hermano que foi o programa máis visto cunha audiencia media dun 34,7% de Share en España, unha audiencia media superada ampliamente na Galiza na que fixo un 40,9% ou o que é o mesmo, case a metade dos nosos televidentes estaban pegados á pantalla vendo á flamante finalista coruñesa, e como soe ser habitual nestes casos, uns desexando que ganase e outros que perdese por que non a podían nin ver.
E mentres tanto, a uns cantos miles de kilómetros de distancia estreábase "Bubble" que é o novo filme de Steven Soderbergh, un feito ó que ninguén lle deu demasiada importancia, pero que eu non perdería de vista. A importancia que ten este filme é que foi estreado ó mesmo tempo en salas, dvd e televisión de pago, ou o que é o mesmo que recha coas ventanas de explotación existentes ata o momento. E como nos EE.UU. teñen nome para todo, a esto chamaronlle "Day at date".
Ata o momento o filme non debe ser nada salientable, o seu orzamento, precario nos EE.UU, millón e medio de euros, e o pouco despregue de medios, feito con actores non profesionais..., fan pensar que só se trata dun exercicio de avaliación da situación. En principio, a valoración que se fixo desde distintos xornais (aqui temos a da voz de galicia) foi a de fracaso, xa que o filme "só" recadou no seu primeiro día 72 mil dólares. É certo que a cifra é ínfima, pero non deixa de ser case un 10% do orzamento do filme.
Que lectura se pode sacar desto? En principio é algo precipitado, pero non convén baixar a garda. Se esto o extrapolamos a un filme da magnitude de King Kong, por exemplo, e o día da súa estrea recadas o 10% do orzamento do filme (só no seu país), a cantidade xa non sería tan pequena. Por outra banda, o feito de que se eliminen as plataformas de explotación provocaría unha sobreproducción nas ventanas de rendibilidade a posteriori, é dicir, no dvd e na tv, e dado que as compañías de distribución están en mans americanas, a ver que acerta quenes serían os perxudicados. Se esta práctica se convertise en habitual, gran parte das emisións en televisións estarían ocupadas por filmes de estrea americanos, así como os alquileres de dvd.
Pensalo dáme algo de repelús, porque é certo que nos EE.UU. perderían unha grande parte da súa facturación, pero ó resto poderían borrarnos do mapa.
De momento a productora do filme xa anunciou que producirá entre 18 e 24 filmes anuais para explotar neste formato, así que a aposta parece firme. Dada a cantidade imaxino que os filmes serán igual de precarios que este "Bubble" e o malo é que algunha distribuidora chunga nos fara tragarnos toda esa morralla nalgún momento.
Pero non quero lanzar proclamas apocalípticas tan pronto. Cambiar a morfoloxía dunha industria é un proceso que non se fai en dous días. O malo é que nesta Europa aínda non aprendemos a utilizar as leis antimonopolio e antes de que poidamos usalas xa nos pode cambiar o curso do xogo. Agardemos que esto non suceda e que esta Rainbow Media que lanza este formato remate na ruina (que brutiño son ás veces).
En todo caso, cando eu leo estas novas e saco estas conclusións, ás veces tan precipitadas como inútiles, eu pregúntome en que pensarán tanto a Conselleira como a Ministra de Cultura. Enteraranse realmente destas cousas? Farán algún tipo de lectura que ó resto dos mortais se nos escapa? Acordaranse da cuota de pantalla? Ou simplemente estarán pensando: dentro de 4 anos voume e que se ocupe outro?
Eso, fenómenos extraños.
Por: Fagot | A Debate | Comentarios (0) | Referencias (0)