Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 07 de Febreiro de 2006
Artigo de Galicia Hoxe
Teñen que pedir desculpas os directivos dunha canle, si e moitas cando retiran unha teleserie como Vientos de agua despois de tratala mal ata case dicir basta... pero hai escusas que teñen estraña melodía de sedución.
Dende Telecinco indican que prescinden desa teleserie "para evitar o pirateo que se ven facendo dela dende internet...", unha frase tan inxenua que podería servir para un bo monólogo de El Club de la Comedia.
Engaden que toman tal medida para ademais defender as súas posibilidades no mercado do DVD. É o que ten que medre o número de cadeas e por extensión o de estreas. Logo diso chega a nova variedade de escusas.
Unha semana antes do previsto, o citado serial vaise camiño á noite dalgún almacén, esperando converterse nun investimento millonario nos andeis de deuvedés... ¡ha!
Vientos de agua foi movida dúas o tres veces dentro do menú semanal de Telecinco, zigzag que non convén moito para fidelizar a nacente audiencia dun debut, por pouco que sexa o seu seguimento. E todo iso, fai pensar que pode existir algún motivo sombrío para tanto terremoto. Lin nalgunha parte que o director dese serial, Juan José Campanella, ten firmado un contrato con Telecinco para traballar noutros dous proxectos, situación que queda no aire e que define a morea de cousas que están a pasar entre as paredes das televisións.
A tele, un medio, a tele, un negocio, vive unha situación de fortes ventos cambiantes a nivel económico. Turbulencias que provocan tensións entre as directivas, os programadores, as promotoras e demais... ás veces ata eu estou tenso ... Algunha vez quero ver unha serie e xa morreu.
Tamén en La Voz de Galicia
Por: Fagot | Televisión | Comentarios (0) | Referencias (0)