Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Mércores, 08 de Febreiro de 2006
Xa que é subsceptible de denuncia o improperio, nesta web decidimos que non insultamos á SGAE aínda que falemos abertamente das súas contradiccións
Que semaniñas tan movidas levamos. Por un lado, nos países islámicos montan en cólera por unhas viñetas publicadas en varios xornais europeos nas que se facía burla da figura de Mahoma. Os conflictos xerados fixeron que todos nos botáramos as mans á cabeza e que pensáramos que pobriños eles que non teñen libertade de expresión e que non poden entender que nun país civilizado un ten dereito a rirse do que lle pete. Ou non? Ata houbo quen xustificou as ameazas terroristas ós países que publicasen os malditos garabatos como se se tratasen de material atómico de proporcións incontrolables.
En certo sentido, pode non faltar razón, non no das ameazas, senón en que as ideas en sí son material atómico. As ideas son o único patrimonio co que algúns contamos e parece que o seu uso libre pode ser susceptible de discordia e por suposto de ameazas varias.
Esto foi o que me veu á cabeza cando lin que a SGAE viña de denunciar á Frikiteca (que como podedes ver está clausurada porque ten un proceso xudicial aberto) por ser os responsables desta definición:
"Siempre Ganamos Algunos Euros
ONG inspirada por la acción de Dios y que pretende salvar nuestras almas del Infierno, así como meternos entre ceja y ceja de una vez que, al contrario de lo que nos explicaron de pequeños, compartir es malo.
Se dedica principalmente a defender los derechos de los grandes artistas (como David Bisbal, Alejandro Sanz, etcétera), recaudar dinero para obras benéficas (es decir, obras de ampliación de sus mansiones), la creación de asociaciones culturales y el cultivo de coles de Bruselas, así como diversas actuaciones de intimidación tipo mafia y organización de campañas de desinformación para el pueblo llano."
(Que non se ofendan na SGAE, publicamos esto como proba do delicto. Igual que fai o xornal 20 minutos)
Previamente, a propia páxina advertía:
"La información contenida en esta “enciclopedia” es, con suerte y en el mejor de los casos, completamente aleatoria. Nada de lo que hay aquí ha de considerarse medianamente serio, y por supuesto sólo puede tomarse como una broma, de buen o mal gusto."
(Esto tamén o publicamos como proba do delicto)
Postos a ser críticos, a min a definición tampouco me fai gracia, igual que coas caricaturas de Mahoma, non son especialmente graciosas pero polo visto nin unha cousa nin outra pode considerarse "intrascendente", termo ó que ás veces é mellor chegar. Con todo, a SGAE denunciou ó responsable desta web por inxurias e calumnias e por vulnerar o seu dereito ó honor. Eu non estou moi versado en dereito, pero lendo esto o primeiro que penso é que as institucións non denuncian eso fano as persoas. E no caso que gañen o contencioso quen será o beneficiado da sanción que lle impoñan a esta persoa? (Non sei pero gustaríame que mo aclarasen)
Pero esto non foi máis que a punta do iceberg, xa que hoxe, en Vieiros podíamos ler a seguinte información:
"A Sociedade Xeral de Autores e Editores segue a tratar, por todos os medios, de manter a súa cada vez máis cuestionada honra. Despois de facer pechar a Frikipedia por unha definición que non lle gustaba, agora o seu avogado Pedro Farré anuncia que levará até os tribunais a todas as webs onde se lles insulte ou calumnie. "O que nos chame gángster, que busque un bo avogado", asegura Farré. A ameaza da SGAE prodúcese nunha semana na que a súa honra deixa moito que desexar, sen necesidade de ataques externos: onte o xornalista e blogger Nacho Escolar sacaba á luz un formulario de contacto da web da SXAE no que se impedía a entrada de insultos como mafiosos, ladrones, hijos de puta ou linux (Esto vai totalmente en serio, a SGAE ten un filtro que impide que cheguen a ela correos coa palabra "Linux". Esto púxeno eu, non saía en Vieiros). Outra couce que levou foi a sentenza que absolve o colectivo cultural LaDinamo de Madrid dunha demanda interposta pola entidade de xestión, polo uso de músicas baixo copyleft"
Así que como podemos ver vai haber que andarse con ollo á hora de falar de tan magnánima institución.
Que curioso é este mundo occidental e que civilizado, tanto que non é necesario ameazar con bombas nin queimar embaixadas, senón que unha demanda xudicial e o apego ós nosos cartos é suficiente para que nós mesmos nos cortemos a libertade de expresión e nos autocensuremos con tal de conservar a nosa estabilidade económica.
E digo eu, xa que a SGAE, está en todo o seu dereito de defender a súa honorabilidade e entender que certas publicacións web son lexivas para a súa imaxe, non lles resulta máis pernicioso para a súa propia imaxe declararlle a guerra a pobres internautas que só alimentan o seu ego facendo chistes en público. Non é infinitamente máis perxudicial a posibilidade de que perdan este tipo de contenciosos? Todos somos humanos e temos pensamentos humanos polo que eu afirmaría que se o responsable da frikiteca queda libre de cargos e a páxina se volve facer pública, a definición anterior da SGAE vaise quedar moi curta e a sarta de barbaridades que se van poder dicir da institución xestora dos dereitos de autor van ser moito maiores e nun número infinitamente superior ó actual. E desde logo, os internautas non soen ser persoas que teñan que gardar as formas e non me estrañaría que esta posible ameaza para a integridade da SGAE fose en canto saia a sentencia xudicial unha realidade.
Fora desto, a SGAE segue facendo amigos e a Comisión Europea ben de abrirlle un expediente por presuntas prácticas monopolistas.
Non chegou a hora de sentar cabeza? Pola conta que me ten, como comentarista importante que podería ter boletos para ser denunciado (xa me sinto como un membro de Salsa Rosa pola estúpida razón de ter un blog na rede), non vos dá un pouquiño de vergoña este tipo de ameazas e este tipo de comportamentos que nada teñen que ver nin coa xestión de dereitos nin coa promoción cultural? Esa é a verdadeira razón da existencia dunha SGAE.
De feito, se o civismo e a diplomacia fose unha realidade en España, a SGAE non só non debería denunciar, senón que debería promocionar o nacemento e o uso dos blogs como fonte de cultura e como vía de expresión dunha poboación que xa de por sí se atopa distanciada das manifestacións culturais. O problema é que os blogs nin xeran dereitos nin cartos ata o momento e nesta sociedade actual parece imposible facer distinción entre cultura, comercio e economía. Pois non señores, nós tamén somos cultura, os que escribimos, e os que lemos, os que participamos e os que estamos aí para aportar algo, o que sexa, aínda que sexan barbaridades e estupideces, totalmente INTRASCENDENTES (Para que lembredes o termo), somos cultura igual que o son os "Escritos dos muros de Pompeia". Realmente, eu sentiríame moito máis orgulloso de pertenecer a unha sociedade participativa e comunicativa onde existise esa libre difusión de ideas, onde se fomentase a expresión artística, do tipo que fora, tanto pagando como gratuítamente, que noutra, na que estamos, na que se sataniza o sarcasmo, onde é doado ofenderse, e onde a libertade de expresión, de risa, de ironía, ou de blasfemía ten a mesma lonxitude que os ceros da propia conta corrente.
Como autor, se esto sigue por este camiño, perosalmente prefiro que os dereitos de autor desaparezan e que me suban un euro en cada contrato. Perdería o meu peto, pero gañaría a miña libertade.
Fagot
Por: Fagot | A Debate | Comentarios (4) | Referencias (0)
Ten gracia, pero se botades unha ollada ós anuncios que inserta google na parte superior do blog en cada un dos artigos desta web, veredes que maioritariamente teñen que ver co cine ou con Galiza.
Sen embargo, no presente artigo no que falamos da SGAE os anuncios que colocou Google foron: "Créditos bancarios", "Créditos rápidos", "Prestamos", "Lugo" e "Créditos empresas".
Cal será a razón? Este feito poderíase denunciar?
Fagot | 08-02-2006 15:52:55
Vaia parece que os de Google cambiaron os anuncios, pero o que puxen no comentario anterior era verdade.
Fagot | 08-02-2006 18:51:50
Póñome mala de ler todas as sandeces que di e fai a SGAE. Creo que á proxima asamblea non vou faltar.
Nilde | 10-02-2006 16:09:28
Fagot | 10-02-2006 17:13:48