Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Mércores, 08 de Febreiro de 2006
Fly me to the moon and let me play among the stars...

Título orixinal: Tapas
Ano: 2005.
Nacionalidade: España.
Dirección: José Corbacho e Juan Cruz.
Guión: José Corbacho e Juan Cruz.
Interpretación: Ángel de Andrés (Lolo), María Galiana (Doña Conchi), Elvira Mínguez (Raquel), Rubén Ochandiano (César), Darío Paso (Opo), Rosario Pardo (Carmela), Alberto de Mendoza (Don Mariano), Alberto Jo Lee (Mao), Amparo Moreno (Rosalía), Anna Barrachina (Águeda).
Producción: Luisa Matienzo e Julio Fernández.
Música: Pablo Sala.
Fotografía: Guillermo Granillo.
Montaxe: David Gallart.
Dirección artística: Mireia Carles.
Vestuario: Toni Martín.
Sinopse: Varias historias se entrelazan nun barrio dunha cidade. O medo e a soidade de Mariano e Conchi, dous xubilados; a esperanza e tristeza de Raquel, muller que vive o amor vía Internet; la incertidume de César e Opo; ou o descubrimento de Lolo de que hai algo máis que o seu bar a través da súa relación con Mao, o seu novo cociñeiro...
Comentario:
Quizais quede algo pretencioso eso de comezar con Sinatra. É polo das sensacións e os contrastes, por todo o que pode transmitir esta canción que para min ten un punto especial, e porque está ben traída ó final deste filme. Aínda que pareza mentira este "Fly me to the moon" ten moito que ver con "Tapas". Dalgún xeito a canción de Sinatra nos traslada a unha grande urbe, á terra das oportunidades, a un lugar marbilloso onde todo é posible..., e Tapas é máis ou menos eso, pero á inversa, a realidade cutre e graxenta de tódolos días, a soidade e os traballos lixo, pois eso, o entorno habitual.
"Tapas" é desos filmes que é moi fácil poñer a parir, entre outras cousas porque non destaca especialmente pola súa orixinalidade, nin tampouco aporta nada novo a unha cinematografía española que xa de por sí é propensa ás historias de barrio e ás pinceladas de cotidianeidade. Sen embargo, e sendo algo máis xustos, "Tapas" é un filme moi digno, narrado sen presunción e de forma sinxela e que é capaz de contarnos a vida de 6 ou 7 personaxes en tan só 80 minutos, algo impensable para moitos "artistiñas".
O certo é que o filme rezuma humanidade e está repleto de situacións nas que haberá máis dun espectador que se sentirá identificado. Poderiamos chamala unha "Reality Bites" en versión cañí. De feito se algo aporta o filme é a modernización dese retrato da sociedade española. Outros filmes deste estilo xa quedaron algo desfasados co paso dos anos e é moi probable que eso mesmo lle suceda a "Tapas". E o título paréceme moi bo como retrato do momento actual, por un lado alude ó consumo rápido e a comida escasa e por outro a todas aquelas cousas da nosa vida que merecen estar en secreto. Este xogo de palabras é o fío central do filme.
Polo demáis, hai que destacar o bo debut, non só de José Corbacho e Juan Cruz na dirección senón da productora El Terrat na súa primeira incursión no mundo do cine. A verdade é que Buenafuente e compañía están a ser un exemplo de como facer as cousas ben e "Tapas" é unha mostra máis.
E pola parte que nos toca, non podemos deixar de nomear en relación ó filme a producción do galego Julio Fernández que desde Filmax está levando ás salas unha parte importante dos éxitos do cinema español.
Resumindo, "Tapas" é un filme correcto, deses que deixan bo sabor de boca, é conciso, está contado con axilidade e pese ó seu tono agridoce sempre hai algún momento no que nos deixa un sorriso.
Como era de esperar, un filme sen pretensións coma este só contou con dúas nominacións ós Goya deste ano. Levounas as dúas, mellor dirección novel e mellor actriz para Elvira Mínguez (que está moi ben pero eu sigo pensando que o merecía Adriana Ozores), sen embargo eu creo que algo máis merecía "Tapas" que desde logo estaba ó nivel doutras que levaron algún que outro inmerecido premio. En fin, como hai que ser intelectuais, este é un filme de público e para todo académico respetable esto debe ser unha perrallada.
Nota: 6
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (1)
URL para referencias o trackbacks
A noticia cinematográfica "chorra" do día. | 2006-03-25 12:58:09
[...] Tapas , una de las películas de más éxito del 2005 (3,7 millones de recaudación en cines). El personaje principal, Manolo, al que da vida Ángel de Andrés, es un tipo de origen gallego que se excita sexualmente cuando le recitan la alineació [...]