Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 10 de Febreiro de 2006
E esta vez cunha pequena aportación galega.
Hoxe comezou a 56 edición do Festival de Berlín, que por méritos propios se está a convertir na cita máis seria do vello continente despois de nos últimos anos, Cannes vendese a súa alma a Hollywood. Sen embargo, e como queda claro nos nosos días, non hai festival que se precie que non conte cunha sonrisa publicitaria para servir de escaparate ó mundo. E Berlín tamén a ten é a de George Clooney que apadriña o debut como director de Stephen Gaghan, guionista de "Traffic", que presenta no festival o seu filme "Syriana", aínda que fora de concurso.
E máis alá dos dentes brancos e os rostros fermosos, moito cine e un cartel realmente impresionante. Atención ós nomes porque non teñen desperdicio: Estará Michel Gondry con "Science of Sleep", Terrence Malick con "El nuevo mundo" (estas dúas fora de concurso), Claude Chabrol con "L'ivresse du pouvoir", Robert Altman con "A praire home companion", Sidney Lumet con "Find me Guilty" e Michael Winterbottom, que xa gañara o Oso de Ouro en 2002 con "In this World", presenta "The Road to Guantánamo".
Así que todo apunta, cando menos sobre o papel a unha edición de gran nivel.
A aposta alemana ven da man de Oskar Roehler que presenta o seu filme "Partículas elementais" baseado na novela homónima de Michel Houellebecq. E tamén entre as que parten con cartel de favoritas está o filme iraní "Zemestan" de Rafi Pitts.
Outra das curiosidades desta edición é que teremos unha pequena aportación galega, xa que estará presente en Berlín a curtametraxe "Máxima Pena" de Juanjo Giménez que está producido por Xosé Zapata e que será proxectada no festival.
Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (1)
URL para referencias o trackbacks
Rematou a Berlinale..., con sorpresa. | 2006-02-19 14:33:20
[...] 56 edición do festival de Berlín. A lista de nomes que pasaban estes días pola capital alemana parecían de ciclo de filmoteca por tanto bo director que alí aparecía. Algún como Sidney Lumet ata se permitía o luxo de facer bromas un tanto sa [...]