Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 10 de Febreiro de 2006
Anatomía dun calzonazos.

Título orixinal: Conversaciones con Mamá
Ano: 2004
Nacionalidade: Arxentina, España
Dirección: Santiago Carlos Oves
Guión: Santiago Carlos Oves.
Interpretación: China Zorrilla (Mamá), Eduardo Blanco (Jaime), Ulises Dumont (Gregorio), Silvina Bosco (Dorita), Floria Bloise (Lucrecia), Nicolás Condito (Chico), Tito Mendoza (Enfermero), Maitena Cabrera, Juan Cipriani, Nahir Shinca, José M. Barallobre.
Producción: Santiago Carlos Oves, Mónica Ester Roza, Carlos Federico Piwowarski, Pascual Condito , Luisa Matienzo.
Música: Pablo Sala.
Fotografía: Aníbal Bosco.
Montaxe: Liliana Nadal e Paula García.
Dirección artística: Mariela Ripodas.
Son: Pablo Sala
Vestuario: María Nieves Cabañes.
Sinopse: Mamá ten 82 anos o seu fillo Jaime, 50. Ambos viven en mundos moi diferentes. Jaime ten muller, fillos, casa, dous coches e unha sogra que atender. Mamá está soa e leva a súa vellez con dignidade. Pero un día, a empresa para a que traballa Jaime despídeo por reaxustes de persoal. Jaime quere vender o piso no que vive a súa nai para poder seguir co seu tren de vida, sen embargo, a súa nai non está disposta a deixar o apartamento e menos agora que acaba de atopar mozo.
Comentario:
Nos últimos anos púxose de moda o cinema arxentino e tamén as coproduccións. A crise económica do país provocou que se convertise nun plató de luxo para países como España que atopa en Arxentina man de obra barata e solvente se son euros os que tes no teu peto. En fin, leis de mercado e de economía global que lle chaman. Pero esto non ten porque ter sempre un punto negativo, de feito, foi moito o talento que nos descubriu Arxentina nos últimos 10 anos, o malo é que ese camiño que abriron grandes directores, e sobre todo, grandes películas, sirve tamén para que cheguen ás nosas pantallas filmes mediocres coma este.
"Conversaciones con Mamá" non pode definirse doutra forma, é mediocre, é unha curta estirada ata o infinito e que remata sendo aburrida e profundamente pesada.
Con todo, o comezo é moi bo. Riste bastante coas personaxes, coas súas reflexións e ocurrencias, especialmente con Eduardo Blanco que interpreta marabillosamente a un calzonazos que se debate entre a súa nai, a súa muller e a súa sogra (á que non chegamos a coñecer pero que debe ser abominable). O malo do filme é que non pasa daí, e despois de media hora ségueselle a dar voltas e máis voltas ó mesmo. Cando levas unha hora de película estás completamente aburrido na nai, de Jaime e da terra que os deu a todos.
O que me parece impecable é o traballo de actores. Pode parecer un tópico falar dos grandes actores arxentinos, pero é unha realidade, teñen actores de tódalas xeracións e todos son bos (ben, neste filme hai un actor maliño, pero é bailarín de tango e baila ben, o de actuar é outro cantar).
Do demáis, eu non destacaría nada, abúrrome pensando que podo dicir deste filme. Nada, a outra cousa.
Nota: 4
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (1)
URL para referencias o trackbacks
Historias Mínimas | 2006-02-14 13:02:16
[...] Conversaciones con Mamá. Dalgún xeito pode inducir a pensar que o Novo Cinema Arxentino é unha tomadura de pelo. Pero antes de nada, existe realmente ese Novo Cinema Arxentino? Eu creo que sí, cando menos, nos últimos anos veñen aparecendo [...]