Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Venres, 10 de Febreiro de 2006

Crash (2005)

Vai unha de Oscars 2006



Título Orixinal: Crash
Ano: 2005
Nacionalidade: EE.UU, Alemania
Dirección: Paul Haggis.
Guión: Paul Haggis e Bobby Moresco
Interpretación: Sandra Bullock (Jean Cabot), Don Cheadle (Detective Graham Waters), Matt Dillon (Sargento Jack Ryan), Jennifer Esposito (Ria), William Fichtner (Jake Flanagan), Brendan Fraser (Fiscal do distrito Rick Cabot), Terrence Dashon Howard (Cameron Thayer), Thandie Newton (Christine Thayer), Chris "Ludacris" Bridges (Anthony), Ryan Phillippe (Hansen), Larenz Tate (Peter).
Producción: Cathy Schulman, Don Cheadle, Bob Yari, Mark R. Harris, Bobby Moresco e Paul Haggis.
Música: Mark Isham.
Fotografía: James Muro.
Montaxe: Hughes Winborne.
Deseño de producción: Laurence Bennett.
Dirección artística: Brandee Dell' Aringa.
Son: Sandy Gendler
Vestuario: Linda M. Bass.

Sinopse: Un ama de casa de Brentwood e o seu marido. Un comerciante persa. Dous policías detectives, amantes. Un director de televisión e a súa esposa. Un cerraxeiro mexicano. Dous ladróns de coches. Un policía inexperto. Unha parella coreana... Todos viven nos Ánxeles, todos sufren dalgunha forma o racismo e todos van colisionar.

Comentario:
Xa que estamos en temporada preoscar non está de máis comentar algún dos filmes que están en cartel. Un dos que máis candidaturas ten é este, "Crash" con seis nominacións e todas importantes, nas que se atopan mellor filme, mellor dirección, guión e montaxe. Esto debería ser motivo suficiente para que estivésemos a falar dun gran filme sen embargo non pasa das perralladas que estou acostumándome a ver ultimamente.
Ben, tampouco nos pasemos, o filme non é que sexa malo, pero desde o comezo sabes que irremediablemente tende a algunha cagada, e efectivamente esa cagada prodúcese cando deixamos de ver unha película e comezamos a ver unha retaíla de moralinas e sermóns que contrastan excesivamente coa cruda realidade que se nos presentou ó principio.
"Crash" é unha historia de negros, sudacas, chinos, musulmáns e policías dos Ánxeles (que deben ser unha raza a parte) na que se nos plantexa que todos son racistas. Fala do encasillamento e da sociedade reducida e colectivos pechados nos que é case imposible entrar por condicionamentos de orixe. O plantexamento en sí, non é nada novedoso, se cabe o único punto de novedade é que se trate dunha obra coral e que se trate a tódalas razas que conviven nos EE.UU. por igual, aínda que a supremacía branca sempre estexa presente.
Eu creo que tiña mimbres para ser un gran filme, sen embargo ese doble xogo no que todos somos víctimas e verdugos acaba desvirtuando o filme que acaba tendo puntos pastelosos en moitos momentos. O peor de todo é que se nota man de productor acojonado e de autocensura, tamén síndrome de happy end, como se nun momento dado ó director lle dese pánico tódalas barbaridades que estaba a contar e intentase de súpeto redimir a tódalas súas personaxes de forma falsa e apresurada.
Outra das cousas que non me gusta é que o guión está rexido pola casualidade e non pola causalidade. Gran parte do filme se desenvolve por casualidade, as cousas pasan porque ó guión lle convén que pasen e ese é un truco moi burdo para un filme que está nominado ó Oscar nesta categoría.
Aínda así eu creo que ten bos momentos e consigue dar un pouco de medo con respecto á sociedade americana (aínda que hai filmes que fan esto moito mellor). Tamén hai bos momentos de tensión nos que é imprevisible o que pode pasar. En resumidas contas pareceume un deses filmes para lavar a cara de Hollywood a golpe de autocrítica ficticia e boa prensa cando en realidade a visión é moi maniquea e en certos aspectos moi dulcificada. Tiven a mesma sensación que con "Team America" na que se pretendía criticar uns valores pero non se sabía moi ben como criticalos.
E voume tirar da moto no referente ós Oscar e creo que das 6 candidaturas ás que opta este filme non lle van dar ningunha (Igual lle dan á mellor canción). Se cabe, e paredoxicamente na que parte cunha certa ventaxa é na de mellor guión dada a tírria que lle teñen polos EE.UU a Woody Allen. Sen embargo eu creo que non lles vai quedar máis remedio ós académicos premiar a Allen, que ameaza con deixar de rodar nos EE.UU. en detrimento desta "Crash" que é bastante mediocre nese aspecto.
Para min, non chega ó aprobado.

Nota: 4,8

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (5) | Referencias (2)

Comentarios

Pois a min gustoume bastante. Enganchoume.
Non creo que sexa un filme maniqueo, xa que non hai nin bos nin malos... deixa na man do espectador ve-lo vaso medio cheo ou medio valeiro...
Agora que o penso, coido que me gustan as pelis de casualidades :D

ifrit | 13-02-2006 02:51:35

Eu escoiteille a un productor que esto era unha copia de "Amores perros" ben empaquetada e con laciño.
Si que recoñezo que hai momentos que engancha pero tamén hai momentos que me parecen moi chungos nos que alguén dispara a dous metros dunha víctima e esta non morre porque non compensa ou porque non tes narices a matala (non se pode dicir máis). Eso deixa unha certa sensación de fraude.
En canto ó das casualidades, pode haber filmes plagados de casualidades rexidas por causalidade ("Jo, que noche") pero que as cousas estexan pasando por que sí permanentemente, eu é algo que non aturo.
En fin, creo que con este filme vou ter discrepancias con moita xente :)

Fagot | 13-02-2006 10:58:01

As balas eran de fogueo ;)

ifrit | 13-02-2006 16:26:30

Pode ser ou balas de fogueo ou unha abdución extraterrestre no momento en que pasaba a bala (esta é a outra hipótese máis extendida) :)

Fagot | 13-02-2006 17:55:35

Vaia, lendo o comentario agora parece que acertei ;)

Fagot | 06-03-2006 11:19:38

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

mediapinta :: Unhas cantas pelis :: February :: 2006 | 2006-02-15 17:48:55
[...] fagot (de a peli do día), de MADMAX (de cine, vicio, subcultura) , de André Batista (de Cool2ra) ou de CP (de Hegemonía) Mulholland Drive ¿Ten algún sentido facer unha película que só entenda o que a escribíu? Non digo que non me [...]

Oscar 2006... ou o día en que Hollywood pretende gañarlle a Europano seu terreo | 2006-03-06 10:59:54
[...] Crash un filme "independente", dun orzamento ínfimo e que supón un toque de atención ó vello continente, xa que é como dicir: "nos tamén facemos pelis desas marxinais, premiámolas e repoñémolas com centos de copias para arrasarvos nas vosas [...]

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Huelga