Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Sábado, 11 de Febreiro de 2006

Cidade de Deus

Como dí o filme: "Si fuxes collerante, se te paras morrerás"



Título orixinal: Cidade de Deus
Ano: 2002
Nacionalidade: Brasil
Dirección: Fernando Meirelles.
Codirección: Katia Lund.
Guión: Bráulio Mantovani; baseado na novela de Paolo Lins.
Interpretación: Matheus Nachtergaele (Sandro Cenoura), Seu Jorge (Mané Galinha), Alexandre Rodríguez (Buscapé), Leandro Firmino da Hora (Zé pequeno), Phellipe Haagensen (Bené), Jonathan Haagensen (Cabeleira), Douglas Silva (Dadinho), Roberta Rodríguez Silvia (Berenice), Gero Camilo (Paraíba), Graziela Moretto (Marina), Renato de Souza (Marreco).
Producción: Andrea Barata Ribeiro e Maurício Andrade Ramos.
Música: Antonio Pinto e Ed Côrtes.
Fotografía: César Charlone.
Montaxe: Daniel Rezende.
Dirección artística: Tulé Peake.
Son: Martín Hernández
Vestiario: Bia Salgado e Inés Salgado

Sinopse: Buscapé é un rapaz apoucado e fraxil que vive en Cidade de Deus, un dos arrabaldos máis perigosos de Río. Buscapé soña con ser fotógrafo, pero alcanzar ese soño é algo complicado nun entorno marcado pola pobreza, o crime e a violencia.

Comentario:
O Brasil é un dos paises que máis nos visita así que aínda que só sexa por deferencia, xa era hora de comentar algún filme brasileiro. Había moitas opcións, pero "Cidade de Deus" creo que é o filme que máis me apetecía comentar.
Emocióname este filme, tanto que se me acumulan as ideas na cabeza e non sei ben por onde comezar.
Desde o punto de vista dun galego, que está dentro do audiovisual galego e que soña coa existencia dunha cinematografía galega, este filme é toda unha lección. Sobre todo porque estamos nun momento no que tódolos productores teñen o cerebro comido con eso da "universalidade" dos filmes para que poidan cruzar fronteiras. Pois ben, "Cidade de Deus" non só é un filme profundamente brasileiro, marcado por unha realidade propia do Brasil, feito por xente do Brasil, que pese a ser profundamente autóctono e pese a contar unha realidade propia dun marco xeográfico determinado e alleo ó resto do planeta e a esa "universalidade" que moitos buscan, foi capaz de dar a volta a tódalas salas do mundo e convertirse nun dos filmes máis importantes do 2002. Eso, que me paso a universalidade xa sabedes por onde.
Fora desto o máis destacable do filme é sen dúbida a montaxe. Creo que é un dos filmes mellor montados dos últimos anos. A montaxe neste filme ten un enorme valor, non só para dar ritmo e para axilizar a historia que leva en case todo momento un ritmo endiablado, senon para transportarnos continuamente do tempo. Hai continuos saltos temporais, elipses, regresos ó presente e esta gran montaxe fai que todo teña o seu sentido.
Por outra banda está contada marabillosamente. Comprendes o comportamento de cada un dos personaxes, sabes a súa evolución, retrata fielmente o entorno e a influencia do mesmo na personalidade dos personaxes. Poderíamos dicir que é a antítese de "Crash" que comentamos recentemente. Neste sentido, é un filme violento, pero non é morboso, retrata a realidade de forma valente e sen prexuizos asumindo con naturalidade as barbaries que relata.
O protagonista, Buscapé, encarna o lado máis humano, non é o máis popular do barrio, non é o máis forte, pero é especial porque dalgún xeito soña con algo distinto ó que vive, e por este mesmo feito todos nos identificamos con el. Buscapé é o rapaz que todos queremos ser, o que de fai grande e é capaz de cambiar o futuro que lle deparaba o seu entorno.
Ademáis é que podemos destacalo todo, gran música e gran banda sonora. Fantástica a fotografía.
Por poñer unha nota negativa ó filme (se é que se pode), o que menos me gustou foi a interpretación de Leandro Firmino da Hora (Zé pequeno), nalgúns momentos pareceume que estaba algo sobreactuado, aínda que a súa presonaxe xa tende por natureza á esaxeración.
Visionado obrigado porque este é un peliculón.

Nota: 9

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (7) | Referencias (0)

Comentarios

Eu vina en brasileiro subtitulada en polaco xusto antes de ver Kill Bill vol. 1 e 2 :D
É unha peli xenial! Tanto po-la historia como por como está feita...
A ver se a consigo para volvela ver :)

ifrit | 13-02-2006 02:43:26

Había unha colección de Dvds que saiu con varios xornais e na que saía. Eu merqueina co Faro de Vigo, creo que por 3,95 se non me lembro mal.
E ten coña porque nada máis escribir esto volvina ver porque me entraron as ganas :)

Fagot | 13-02-2006 11:00:58

Eu vina varias veces cando a estrearon no Canal Crus, do moitísimo que me gustou. Non sabería dicir moitas máis pelis que me gustaran tanto nos últimos anos. Rinme a fartar co humor negrísimo que está sempre debaixo de todo o que o protagonista conta. E pareceume unha obra redonda polo guión e a montaxe (que ven sendo o mesmo, o montador "fixo" o guión final ou o guión viña montado á marabilla).

Nilde | 05-04-2006 03:15:16

Non, son distintos o montador e o guionista. O montador é Daniel Rezende. (Para máis señas mirar en imdb). En todo caso a min encantoume tanto o guión como a montaxe.

Fagot | 05-04-2006 18:06:04

Se vos gustou, recomendovos "Cidade dos homens" unha serie do mesmo director e basada en cidade de deus, peor esta en clave de humor.

TeRMi | 02-10-2006 19:52:28

Vou poñer o Emule a traballar ;)

Fagot | 03-10-2006 01:43:24

Oi pessoal! eu adorei Cidade de Deus...Muito legal!! Fiquei apaixonada pelo Bené!kkkkkk

Valeria | 21-08-2007 00:08:49

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009