Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Sábado, 11 de Febreiro de 2006

Presentación da nova programación da TVG

Os responsables do ente anunciaron unha remodelación case total da grella que comezará o vindeiro luns e que tardará en facerse totalmente efectiva uns seis meses, segundo anunciou o director da TVG, Suso Iglesias.

Coruña, 20.00, edificio Palexco. O día en que Paco Vázquez anunciou que ía marchar de embaixador ó Vaticano e o día na que a TVG anuncia a súa nova programación. Alí nos colamos con todo o morro do mundo e sen ningún tipo de invitación, xa alguén coñecido habería dentro. E había, de feito estaba todo dios e respirei con algo de alivio porque ata creo que os non invitados eran moitos máis que os que tiñan o papeliño reglamentario.
Había políticos varios, estaba Méndez Romeu, Antón Losada, Enrique Tello, pareceume ver a Xaime Bello, non vin a Ánxela Bugallo pero non podo asegurar que non estivera, o certo é que botei de menos non ver á Conselleira de Cultura nun acto da Televisión Pública.
No memento en que todo o mundo se saudaba atopei un grupiño afin ó que acoplarme, e aí fun. Unha azafata deunos un libriño coa nova programación e levounos ó noso asento, fantástico, xa non me ían botar dalí.
Ó pouco de ter o cu apousentado, apareceu Mon Santiso que era o presentador da gala, despois de manifestar a súa alegría por estar na Coruña, o lugar onde naceu, deu paso a Suso Iglesias, director da TVG.
A verdade é que me gustou moito a intervención de Suso Iglesias porque me pareceu moi sincera. Dixo que a televisión demandaba un cambio e que cambiar un medio como a TVG non é algo que se faga en dous días. Tamén dixo que a tardanza coa que se fixeron algúns nomeamentos impediron que puideran poñerse a traballar o primeiro día. Asegurou que os 120 días que levaban eran moi poucos para que se visen cambios e que tiveron que tirar do pouco que tiñan, léase "Escribiuse un crime", etc, para encher programación mentres se elaboraban os novos programas. E falou da nova programación, onde se producirá unha potenciación dos programas culturais e do debate. Tamén da potenciación do Xabarín club e do cambio de imaxe que sufrirá o Luar. Anunciou que os novos programas se estrearán a vindeira semana e a modernización da canle será efectiva máis ou menos nos próximos seis meses. Rematou a intervención cun chiste no que falaba de que na TVG xa non había xente polos pasillos e estaba todo o mundo a traballar.
Pareceume unha boa intervención, cando menos transmitía ilusión e creo que esa ilusión estaba presente en toda a xente da TVG que andaba por alí e que despois da presentación estaban interesados en saber a sensación que lle transmitiran ós presentes. Creo que eso é moi bo, cando menos fala ben de profesionais que cren no que están a facer, ou no que van a facer nos vindeiros meses.
Pero falemos da televisión. Algúns dos novos programas xa se están emitindo e xa falamos deles no seu día, como son: Miraxes, Onda Curta, Planeta Cine ou A vida que che espera. A estes engadiranse os seguintes: Os concursos Cifras e Letras presentado por Paco Lodeiro e Perdelo todo presentado por Serxio Pazos. O Prime Time semanal sufrirá unha remodelación case total, ó remate dos informativos haberá programas de transición ó Prime Time, estes son Zapping Comando, gags de humor parodiando a televisión, Alalá, reportaxes sobre a música tradicional e 20 na galega, un percorrido por imaxes dos 20 anos de historia da TVG. Despois desto, os Luns terán en pantalla a "Pepe o Inglés" con Miguel de Lira como protagonista, os martes a recén estreada "A vida que che espera", os mércores novos episodios de Pratos Combinados, os xoves estará o xa mencionado concurso "Perdelo todo" aínda que a partires de finais de marzo arrancará "Volver ó rego" un programa de tertulia de actualidade presentado por Barreiro Rivas (eu este non mo vou perder). Venres é para Luar e hai máis novedades o sábado onde despois do futbol poderemos ver "Nip/Tuck" ou "Quita e pon", unha serie norteamericana sobre o mundo da ciruxía estética. Completa o catálogo de reformas o Magazine de Mon Santiso, Rec, cámara gravando con Xavier Estévez e o programa Hai debate! presentado por Sonia Vizoso, que tamén tivo unhas palabras no acto e onde deixou ver un galego artificial e forzado, síntoma de que non o falara na vida, e lamentablemente carácterístico na historia da TVG. Pero tampouco é cuestión de tomala con ela antes de empezar, todo o noso apoio para os Neofalantes e que lle saia ben o programa.
Ata aquí as novedades que lamentamos que na páxina da TVG aínda non se anunciasen e non podemos poñer links para que teñades máis información.
Paralelamente anunciouse tamén unha potenciación doutros programas como o Xabarín Club no que haberá series como "Spirou" ou "Garfield" ademáis de maior presencia do famoso porco bravo. Ademáis haberá novas músicas no Xabarín nas que participarán entre outros, Lamatumbá, Ivan Ferreiro, Budiño e os Magical Brothers.
E a cousa non remata aquí, xa que se está a dobrar series da BBC para incorporar no futuro e haberá moito cine para ver, eso sí, en sesión nocturna. O cinema variará bastante, se ben se van emitir filmes do estilo ó que nos tiña acostumados a antiga TVG, como Arac Attack ou Deep Blue Sea, hai outros títulos que sorprenden como A habitación do fillo, Harry Potter ou tres xa anunciadas de Kitano, Sonatine, Boiling Point e Dolls (aí queda eso).
Buff, con tal sobredose de información xa non me quedan forzas para falar das palabras de Benigno Sánchez o Director Xeral do ente que estivo correcto aínda que o seu discurso se fixo algo longo non tanto por extensión senón porque xa levábamos un tempiño sendo bombardeados por información nova que aínda non asimiláramos de todo.
E daí ós pinchos, a coñecer xente, a facer negocio e todo o que pasa nestes casos. O alvariño moi bo, había xamón do bo e xamón non tan bo que non estamos para despilfarrar cartos e regaláronme un reloxo do Xabarín que tiñan do stock do ano 96.
E así estou agora despois da obrigada sesión de birrillas por Coruña cos colegas que me fun atopando, resacoso, cunha dobre cunca de café negro, unha fame negra e a ilusión de que Paco Vázquez non vai ser máis alcalde e de que este luns comeza a vida dunha nova televisión.

Que todo saia ben!!!!
Fagot.

Por: Fagot | Televisión | Comentarios (16) | Referencias (0)

Comentarios

Bos días, acompáñote na resaca e nas ilusións. Pinta moi ben a nova programación e espero que vaian sacando adiante unha televisión como é debido. Un saúdo.

besbellinha | 11-02-2006 12:12:07

A ver se hai sorte, xa se sabe que só con boas intencións non se logran os obxetivos pero aínda que soe un pouco inxénuo creo na vontade de facer as cousas ben e pondo empeño e ganas seguro que saen ben moitas cousas.

Fagot | 11-02-2006 17:47:29

E acabouse o do cinema galego os luns. Tres semanas xustas :)
A ver como sae a cousa... Boa cousa o de Nip/Tuck e a ver se volven ergue-lo xabarín (Neon-Genesis Evangelion nun programa infantil!!??)

Agardaremos sentados no sillón :)

ifrit | 13-02-2006 03:49:23

"Feito en Galicia" vai continuar pero os martes depois de "A vida que che espera" só que vai ser para as tvmovies rodadas: "Secuestrados en Xeorxia", "Sara", "Condenado a Vivir", "Entre bateas"... Son das que me lembro agora.
Eu de momento teño curiosidade polo día de hoxe "día de estrea" como anunciaron na tele (e polas audiencias a ver como saen)

Fagot | 13-02-2006 10:50:25

ai pouca informacion acerca da nova programacion da tvg, incluso na sua paxina web. gustariame saber en que consiste e como facer para concursar. alguen me infora?

michi | 09-03-2006 13:23:08

A verdade é que hai pouca información. Eu teño o libriño que me deron na gala cunha descripción de cada programa pero supoño que era demasiada información publicitaria xunta como para escribila no blog.
Non sei en que queres participar exactamente. Para "Cifras e Letras" celebrouse un casting aínda que de tódolos xeitos hai unha dirección de mail de contacto que é: cifraseletras@terra.es onde se queres participar debes enviar o teu nome, idade, enderezo e ocupación.
En canto a "Perdelo todo" non teño idea pero imaxino que se anunciará con tempo a convocatoria para os concursantes.
Se o que queres é participar noutro tipo de programa, non podo axudarte. En todo caso, o camiño máis curto é poñerte en contacto con alguén da productora que realice ese programa.

Fagot | 10-03-2006 10:59:43

Vexo pouco rigor nesta información.

paspallán | 11-03-2006 07:55:38

Pois non sei, esto é un blog, e probablemente fale máis da miña vivencia persoal que da información en si.
En todo caso, na miña defensa teño que dicir que aportei máis información da nova programación, e antes, do que o fixeron os xornais (que malloritariamente só se quedaron coas palabras de Benigno Sáchez en detrimento da programación) e incluso da páxina da propia TVG (que estivo en obras).
Con tódolos meus respetos, creo que hai miles de puntos criticables, como pode ser o tono que emprego nalgúns casos, pero nesta información non creo que se me poida acusar de falta de "rigor" xa que estou a ofrecer información da propia TVG.
Imaxino que como ti "paspallán" haberá xente que o que demanda é unha información máis seria sobre a actualidade audiovisual pero lamentablemente eu non teño ningún tipo de medio, nin tempo, nin infraestructura para poder ofrecer algo desas características. Así que debo conformarme co anecdótico que é o que vivo na maior parte dos casos e aínda así creo que aporto algo de información a un mundo sobre o que os xornais publican unha información moi excasa e, francamente, en moitos casos con moito menos rigor e con infinitamente máis descoñecemento da industria do que o fago eu (aínda que soe pretencioso).
En todo caso, se volves pasar por aquí agradecería que me comentases de xeito algo máis concreto que é o que cres que falla, porque gracias a xente coma ti eu tamén podo aprender dos meus erros.

Saudos

Fagot | 11-03-2006 13:36:56

hola
alguen poderiame dicir cal é o telefono do programa " perdelo todo" para asistir como publico
gracias

laura | 07-05-2006 15:00:20

Nin idea. O mellor é que te poñas en contacto con Voz Audiovisual (Na Coruña) que é a productora que fai o programa e probablemente che den as indicacións pertinentes para asistir como público. Sempre hai algunha persoa de producción que se ocupa deses temas.

Fagot | 07-05-2006 15:19:27

A min gustaríame que volvese o SuperMartes, cada vez era mellor o programa

SM | 28-05-2006 11:34:29

Bueno, eu non me atopo entre os seguidores de Super Martes pero supoño que hai unha parte importante da audiencia que está contigo.

Fagot | 30-05-2006 14:15:05

como teño que facer pra concursar en Perdelo Todo,xa que estou interesado

Fernando Pérez Manteiga | 13-06-2006 16:45:45

Non sei que hai que facer exactamente pero seguro que se preguntas por alguén de producción do programa en Voz audiovisual saberan dicirche.

Fagot | 13-06-2006 20:47:55

quiero asistir como publico al especial de fin de año de luar..........como puedo hacer?

yo misma | 11-11-2006 16:14:07

nin idea, non sei se xa escolleron o lugar onde a van gravar

Fagot | 12-11-2006 20:18:12

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009