Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Domingo, 12 de Febreiro de 2006
Información de Galicia Hoxe
A productora Pórtico Comunicación adquiriu os dereitos da última novela do escritor estremeño-galego José Antonio Perozo, Atrapados en Riparia, e xa conta cun guión escrito que se rodará dentro duns meses.
A novela, publicada por ALGAR, do grupo valenciano Bromera, "xira arredor da reivindicación da memoria", explicou o autor. "Os auténticos protagonistas da historia, despois de mortos, permanecen atrapados en Riparia –explicou Perozo, onde no ano 1936 se produciron uns acontecementos tráxicos e lutuosos dos que foron vítimas".
"Unha serie de persoas morreron como consecuencia dos odios, envexas e intereses que desataron a Guerra Civil. Uns personaxes que se negan a que a súa historia permaneza enterrada pola Ditadura de Franco e o posterior caciquismo que pervive na transición democrática na Galicia da era Fraga", desvela o escritor de Llerena (Badaxoz) establecido en Compostela.
Preguntado por Riparia, sinalou que se trata de "unha illa imaxinaria situada fronte a unha ría galega". En realidade, agregou, Riparia "é unha metáfora de moitas realidades que aconteceron antes e durante a Guerra do 36, que posteriormente a historia oficial tratou de as sepultar".
Sobre a recuperación da memoria que agora se pretende, coincidiu que "agora estamos a vivir momentos de recuperación da memoria histórica dese pasado recente que atormentou ás nosas maiores, esta novela é unha achega a ese interese polo pasado que marcou as nosas vidas aínda que non o vivísemos".
José Antonio Perozo opinou que "en Galicia, ata hai uns meses non saímos dese pasado, non nos desprendemos do tardofranquismo que representaba Manuel Fraga ata as últimas eleccións. E aínda máis -insistiu-, no Partido Popular que dirixen Rajoy, Acebes e Zaplana segue existindo a semente da hipocrisía e a mentira que a miña novela denuncia. Riparia, xa que logo, está en Galicia e en calquera recuncho de España. Está, mesmo, na realidade política que estamos a vivir agora". Así, a ficción se emprega para narrar a realidade. "Atrapados en Riparia -di o seu autor- é ficción, pero todos os elementos, ata os aparecidos, forman parte do teatro da vida, da realidade máis tanxible".
Perozo considera que non escribiu unha novela de ciencia ficción, "nin sequera -dixo- unha novela esotérica, aínda que pode participar dos dous xéneros. Esta é unha narración moi realista na que o personaxe chega a temer pola súa estabilidade mental, pensando mesmo que padece un problema de esquizofrenia".
"Temos máis medo ca respecto"
Respecto á "necesidade de seguir dándolle voltas á Guerra Civil", Perozo sostén que "o franquismo durou demasiado tempo e conseguiu pór sobre as verdades unha lousa tan pesada como a do Escorial sobre Franco e José Antonio". Entende que, "se os americanos ou os franceses tivesen unha guerra como á nosa, coas súas atrocidades, historias magníficas, heroísmos e miserias, estaríamos invadidos polas súas historias de ficción, ensaio, cine, documentais". "Aquí, polo contrario -concluíu- seguimos tendo máis medo que respecto ó acontecido, segue pesando a mala conciencia da Igrexa e os fillos dos vencedores teñen nas súas mans os poderes fácticos", polo que "non resulta doado recuperar a memoria nin desde a esquerda nin desde a imparcialidade".
Por: Fagot | Cinema | Comentarios (4) | Referencias (0)
OLA PEROZO!
SOMOS DOS ALUMNAS DEL COLEGIO SAN JOSE DE LA GUIA, NO SABES TODO LO QUE NOS MOVIMOS PA ENCONTRARTE PERO AL FIN TE HAREMOS ESA ENTREVISTA.
UN SALUDO
paula y arantxa | 04-03-2006 21:19:25
Fagot | 05-03-2006 03:16:40
katherin | 14-09-2006 16:45:38
Fagot | 14-09-2006 18:24:15