Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Luns, 13 de Febreiro de 2006
Por facer xustiza.
Título Orixinal: Crash
Ano: 1996
Nacionalidade: Canada
Dirección: David Cronenberg
Guión: David Cronenberg (Novela: James Graham Ballard)
Interpretes: Holly Hunter, James Spader, Deborah Kara Unger, Elias Koteas, Rosanna Arquette
Producción: David Cronenberg
Producción Executiva: Robert Lantos, Jeremy Thomas
Fotografía: Peter Suschitzky
Dirección Artística: Tamara Deverell
Deseño de Producción: Carol Spier
Música: Howard Shore
Son: Denis Bellingham, David Lee
Montaxe: Ronald Sanders
Sinopse: Unha noite James Ballard estrela o seu coche contra o de Helen. Tras o accidente, na vida de James abrirase unha nova porta que o conducirá a un mundo proibido, dominado por un escuro xogo sexo e morte.
Comentario:
Como dicíamos, comentamos este filme por facer xustiza, xa que na rede parece desaparecer a información de filmes que teñen 10 anos e se agora buscas "Crash" a maioría dos links son sobre o filme candidato ó Oscar neste ano. En fin, non por antigüedade nos imos ter que esquecer deste.
Xa soa a tópico manido pero cando se fala de Cronenberg sempre se dí que ou che apaixona ou o detestas. Eu nese sentido debo ser un bicho raro xa que Cronenberg gústame a cachos.
Desde logo, non creo que se trate dun dos seus mellores filmes. Lembrome de cando se estreou este filme, eu vírao no Palacio da Prensa en Madrid cun cine cheo ata os topes e expectación ante o que semellaba que ía ser un filme provocador en toda regla. As críticas dos xornais do día seguinte deixaronme abraiado. O que máis e o que menos falaba dunha metáfora da sociedade moderna dominada pola violencia. Tamén se dicía que era un filme sincero que che metía no máis profundo do ser humano. Pode que os críticos que dixeron eso teñan razón, pero a min pareceume un filme S dos que se proxectaban en Perpignan. Aínda que, ide saber, igual os filmes de Perpignan tamén son unha profunda metófora sobre os abismos humanos e sobre a sociedade actual.
Como non podía ser doutro xeito, este filme levou o premio do xurado en Cannes, porque xa se sabe que o filme no que se folla e o filme que se premia.
A min deixoume indiferente. Non é máis que outro exercicio de provocación de Cronenberg no que da renda solta ás súas particulares obsesións, léase o sexo e a violencia de calquer tipo. Creo que aquí se lle foi a man pretendéndonos facer crer que un accidente de tráfico pode ser a fonte dunha desmedida enerxía sexual. É como mesturar, literalmente, o touciño e a velocidade. De feito, eu que xa sufrín 3 accidentes de tráfico podo asegurar que neses momentos se che encolle todo (a non ser que sexan unha personaxe de Cronenberg).
Xa sei que a lectura que estou a facer é demasiado simplista e literal, pero creo que é a mellor arma contra argumentos pretenciosos e neste caso creo que as pretensións superaron con creces a calidade do filme.
Polo demáis, pouca cousa que comentar. Está James Spader que no ano 96 era unha das grandes promesas, pero aí se quedou. Personalmente é un actor que sempre me gustou o malo é que aparece en cada papel que...
Ben, feita a xustiza co tema do título pasamos desto e xa comentaremos algún filme de Cronenberg mellor que este.
Nota: 4
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)