Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 13 de Febreiro de 2006

Un cadáver a los postres

Xa que falábamos de "Escribiuse un crime"...



Título Orixinal: Murder by death
Ano: 1976
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Robert Moore
Guión: Neil Simon
Interpretes: Alec Guinness, David Niven, Peter Sellers, Peter Falk, Eileen Brennan, Truman Capote, James Coco, Elsa Lanchester, Nancy Walker, Estelle Winwood, James Cromwell
Producción: Ray Stark
Fotografía: David M. Walsh
Dirección Artística: Harry Kemm
Deseño de Producción: Stephen B. Grimes
Música: Dave Grusin
Son: Joseph Kite, Jerry Jost, Tex Rudloff
Montaxe: John F. Burnett

Sinopse: O multimillonario Lionel Twain invita a cear no seu castello ós cinco maiores detectives da historia. Twain explicalles o motivo da súa reunión: a medianoite cometerase un asasinato e aquel que o resuelva llevarase un millón de dólares.

Comentario:
A parodia é algo ó que nada nesta vida se escapa aínda que moitos queiran fuxir dela. Como é natural, as novelas de detectives tampouco e este filme da boa conta deso. Son innumerables os títulos, tanto no cine como na literatura, no que se producía un asasinato en estrañas circunstancias e entre os presentes se atopaba un intelixentísimo detective que para asombro de todos sempre daba coa rocambolesca solución. Eso sería a grandes rasgos "Un cadáver a los postres" cunha salvedade que se dedica a rirse con tódalas forzas de tódolos tópicos xerados durantes anos desas historias nas que o asasino era o maiordomo pese a que tódolos presentes no lugar do crime tiñan moitos máis motivos para acabar coa vida da víctima.
A verdade é que o filme está bastante ben e faise extraordinariamente rápido pese a ter a duración normal. Ademáis, os amantes do xénero atoparán un sen fin de referencias literarias nas que entre o director Robert Moore e o guionista Neil Simon se rín descaradamente de persaxes como Hercules Poirot, Phillip Marlow ou Charlie Chan.
Os diálogos son completamente absurdos, especilamente os de Peter Sellers que solta bastantes barbaridades pola boca. Hai varias frases para enmarcar como por exemplo:
-Maiordomo (Alec Guiness) : Quiere que le lleve las maletas señor?
-Peter Sellers: No, para eso yo adoptar hijo.
ou:
-Fillo: Por que tener que hacer siempre trabajo sucio?
-Peter Sellers: Porque no estar madre para hacerlo.
E así ata o infinito. Ou o delirante e completamente esquizofrénico diálogo de presentación entre Alec Guiness e David Niven que é absolutamente irreproducible e que desde logo non ten desperdicio.
Por outra banda non deixa de ser irónica a presencia de Truman Capote como mestre de cerimonias (Sr. Twain) no que supón un alarde de facer "metaparodia" por chamalo dalgunha maneira, e que a visión sarcástica sobre as novelas de detectives trascenda ata o reparto no que aparece como actor un dos narradores americanos máis importantes de tódolos tempos (Sobre o cal se acaba de facer un filme: Capote. que conta con varias candidaturas ós Oscar deste ano).
Como podedes deducir trátase dun filme, fundamentalmente, de actores. Todos están moi ben, ata Peter Falk que nunca saberemos onde comeza el e onde acaba "Colombo".
Quizais o peor de todo sexa que ten un final que desluce bastante o resto do filme. Cando remata a película quédaste coa sensación de que che estiveron a tomar o pelo desde o comezo. De feito eso é o que se pretende, deixar a moitas novelas de detectives como unha auténtica tomadura de pelo, sen embargo esperas algo máis.

Nota: 7

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos