Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Martes, 14 de Febreiro de 2006

Audition

Categoricamente: O mellor filme de terror dos últimos tempos.



Título Orixinal: Odishon
Ano: 1999
Nacionalidade: Korea do Sur, Xapón
Dirección: Takashi Miike
Guión: Daisuke Tengan (Novela: Ryu Murakami)
Interpretes: Ryo Ishibashi (Shigeharu Aoyama) Eihi Shiina (Asami Yamazaki), Tetsu Sawaki (Shigehiko Aoyama) Jun Kunimura (Yasuhisa Yoshikawa) Renji Ishibashi (Home da cadeira de rodas) Miyuki Matsuda (Ryoko Aoyama) Toshie Negishi (Rie) Ren Osugi (Shibata) Shigeru Saiki (Toastmaster) Ken Mitsuishi (Director) Yuriko Hirooka (Michiyo Yanagida)
Producción: Satoshi Fukushima, Akemi Suyama
Producción Executiva: Toyoyuki Yokohama
Fotografía: Hideo Yamamoto
Deseño de Producción: Tatsuo Ozeki
Música: Kôji Endô
Son: Kenji Shibazaki
Montaxe: Yasushi Shimamura
Vestiario: Tomoe Kumagai

Sinopse: Un home de 40 anos viudo convoca un casting para unha inexistente película coa intención de atopar unha nova esposa, pero meterase nunha relación onde as torturas e a dor física formarán parte da súa vida.

Comentario:
Tardei moito en falar deste filme sendo un dos que me fascinou nos últimos anos. Outra vez Takashi Miike, lease o tipo ese que fai filmes como rosquillas, que pronto chegará ó centenar de títulos e que de vez en cando aporta ó mundo algunha marabilla. Este foi o filme que o deu a coñecer. Arrasou por todo festival que saiu ó seu paso e provocou certa febre pola obra tan pouco coñecida deste home ata o ano 1999.
Audition é unha exibición de como xogar co tempo nunha historia, como crear suspense, medo e nalgúns momentos noxo, e é tamén unha exibición de dirección.
Miike parte cun plantexamento de película absolutamente kamikaze, digno só de filmes como Psicosis, no que se permite o luxo de contarnos unha historia intimista e pausada durante case unha hora e volvérnola completamente do reves nos 40 minutos restantes.
Dous elementos claves: home viudo de 40 en entorno machista que busca muller á súa maneira (un casting), muller xoven e fermosa nunha situación humillante con preguntas incómodas (un casting) e a continuación a inversión de roles. O último cuarto de hora de película é dun sadismo sen igual, dun gusto pola violencia realmente exquisito e dun saber facer na dirección excelente, xa que cun par de elementos, Miike non plantexa unha situación incriblemente tensa e na que sentimos que nos falta o alento.
A nosa amiga Asami Yamazaki debería por méritos propios entrar no museo da fama das personaxes de terror, porque desde logo é a personaxe máis contundente do xénero polo menos nos últimos 20 anos, máis alá do petardo de Scream...
A lista de eloxios que lle podería dedicar a este filme sería interminable, igual que a cantidade de matices que están presentes na historia. Por exemplo, un dos puntos dos que Miike bota man para crearnos tensión é o conflicto xeracional, moi marcado na sociedade nipona: A relación entre pai de fillo adolescente, a relación do fillo coas súas compañeiras de clase, a relación entre o pai e o seu amigo e a relación amorosa. Todos estes vínculos están maxistralmente colocados para meternos nun entorno de antinaturalidade na relación nacente, para acusar de hipócritas ás persoas que se guían fielmente por certos valores e para forzar un desenlace animal da situación.
Máis alá desto, o filme está ben en todo, gran música, gran montaxe, gran fotografía, o atrezzo é moi bo e visualmente é impactante. Os actores están algo raros pero imaxino que é en parte, por culpa da dobraxe na que a entoación das frases non se corresponde cos xestos faciais (pero esto non é raro en filmes orientais).
Hai que vela obrigatoriamente, especialmente tódolos fans do xénero de terror que estexan fartos de adolescentes estúpidos esperando a morte nas vésperas de perder a vixinidade. Moi grande.

Nota: 9,5

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (5) | Referencias (0)

Comentarios

"O mellor filme de terror dos últimos tempos"... home... tendo en conta o entorno de terror mínimo-xaponés no que está inscrito esta peli.... non está mal; máis desa xeira de filmes xapos eu quedo con "ju-on" (hai varias, pois a que está en formato TV e que dura aproximadamente unha hora). O mellor desta pra min foi que mitade do que dura non puiden nin mirar cara a pantalla XDD Saúdos ;)

Turkoo | 14-02-2006 15:01:25

Pois xa me explicarás o esa preferencia por "Ju-On" a verdade é que a min resultoume un filme incomprensible e unha das claves do terror é saber a que te enfrontas e darte conta de que non podes superalo.
En todo caso calquera día volvo ver Ju-On e falamos dela e de tódalas secuelas que foi deixando :)

Fagot | 14-02-2006 20:45:19

A mín tamén encantoume esta película, a pesar de que admito que ten un dos fináis máis gilipollas da Historia do cine fantástico (o que é todo un mérito!!... mira que había competencia!) Pero bueno, non empaña moito o resto.

Non é para tódolos gustos. Unha tarde de domingo recomendeilla e presteilla en DVD ós meus veciños de enriba e despois de vela casi ma meten polo cú(a peli, claro) do estafados que se sentiron. Alá eles...

Para amantes de terrores telefílmicos nipones: Sí, Ju-On versión vídeo non estaba mal (máis que nada por dous ou tres momentos arrepiantes, o resto non é nada do outro mundo) pero aínda así é unha nadería se a comparamos con outro telefilm de fantasmas que, este si, roza a obra mestra: "KOREI" de Kiyoshi Kurosawa (un xenio este tío... tres películas vin del, tres maravillas.

Rafa | 16-02-2006 02:55:56

Por certo, non é por levar a contraria, jeje, pero eu xa vin como 4 ou 5 películas fantásticas orientáis dos últimos tempos máis logradas que "Audition" (por agora non vin nada que superase a "KAIRO")

Rafa | 16-02-2006 02:59:45

Pois quédome coa recomendación e a ver se a próxima nos deixas tamén eses 4 ou 5 títulos (se están así de logradas van merecer a pena).

Fagot | 17-02-2006 11:42:16

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Wwe