Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 14 de Febreiro de 2006
O que hai fora de Buenos Aires.

Título Orixinal: Historias Mínimas
Ano: 2002
Nacionalidade: Arxentina, España
Dirección: Carlos Sorin.
Guión: Pablo Solarz.
Interpretación: Javier Lombardo (Roberto), Antonio Benedictis (Don Justo), Javiera Bravo (María), Laura Vagnoni (Estela), Mariela Díaz (Amiga de María), Julia Solomonoff (Julia), Anibal Maldonado (Don Fermín), Magín César García (Cesar García), María Rosa Cianferoni (Ana), Carlos Monteros (Losa).
Producción: Martín Bardi.
Música: Nicolás Sorín.
Fotografía: Hugo Colace.
Montaxe: Mohamed Rajid.
Dirección artística: Margarita Jusid.
Son: Carlos Abbate, José Luís Díaz
Sinopse: Don Justo, un vello de 80 anos escápase da custodia do seu fillo na procura dun can que desepareceu hai tempo e que ten indicios de atopar a centos de kilómetros da súa casa, na Patagonia Austral. Na súa viaxe en auto-stop, Don Justo atoparase con Roberto, un comercial de 40 anos que pretende facerlle as beiras a unha viuda regalándolle unha tarta de cumpreanos ó seu fillo. A mesma ruta que eles é a que segue María Flores, unha muller humilde que acaba de gañar un robot de cociña nun sorteo da televisión e que ten que desplazarse centos de kilómetros, coa súa filla pequena, para cobrar o seu premio.
Comentario:
Quedeime con mal corpo despois da crítica que lle dediquei uns días atrás a Conversaciones con Mamá. Dalgún xeito pode inducir a pensar que o Novo Cinema Arxentino é unha tomadura de pelo. Pero antes de nada, existe realmente ese Novo Cinema Arxentino? Eu creo que sí, cando menos, nos últimos anos veñen aparecendo un bo feixe de títulos cun denominador común que é: contar un pequeno fragmento da vida dunha persoa no que se producen distintos puntos de inflexión. O caso máis claro é o de "La Ciénaga" de Lucrecia Martel que dalgún xeito abreu as portas desta tendendia. Para redimirme daquela crítica a "Conversaciones" hai varios títulos como "Nueve reinas" ou "El hijo de la novia" que tiveron enorme éxito internacional. Así que escollemos a terceira en discordia, por chamala dalgunha maneira, que é menos coñecida, pero realmente marabillosa.
Fora preámbulos, falemos deste filme. Historias Mínimas segue esta tendencia de retazos na vida das persoas pero contada dun xeito clásico. Ese é quizais un dos acertos. A viaxe de Don Justo, de incerto retorno, fora do entorno bonaerense, por desertos infinitos na procura do seu can é toda unha alegoría deses momentos nos que xa non queda nada por facer e pretendes deixar todo zanxado para a túa despedida. Xunto a el, outras historias de gran calado humano, como o medo a namorar a unha muller, ou a ilusión por gañar un concurso de televisión que só che trae quebradeiros de cabeza.
Historias Mínimas é un filme emocionante porque nos retrata o fracaso e por outra banda o espíritu incansable dos que nunca tiveron sorte pero que ansían mellorar.
O guión de Pablo Solarz paréceme excelente polo fino trazo irónico que manexa e por como é capaz de introducirse na personalidade das súas personaxes. Ás veces, o tono malvado, e os apretos nos que se ven as personaxes fan que as vexamos cercanas a nós e que as entendamos con cariño.
Por suposto, e seguindo co tópico os actores están explendidos e nótase a man de Carlos Sorín neste campo. E a fotografía tamén é xenial. ensínanos unha realidade de Arxentina que non estamos acostumados a ver e que sen embargo ocupa a maior parte do país.
Neste senso, tamén é un filme no que podemos ver outro tipo de "arxentinos" que non són os "porteños" que pululan polas nosas pantallas habitualmente e que xa se convertiron nun estereotipo particular.
Paradóxicamente, e xogando co título, a verdade é que é un filme altamente recomendable para tódolos amantes das Grandes Historias.
Nota: 9
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (2) | Referencias (0)
que hai fagot, esta peli e do mismo director da que eu che comentara, "bonbon el perro".
procura bela, seguro che gustara.
saludos
o tolo de carlos | 04-03-2006 16:47:54
E verdade, xa non me acordaba desa. Vouna buscar. Por certo que vin "Temporada de Patos" que tamén me recomendaras e gustoume moito.
Saudos :)
Fagot | 04-03-2006 16:59:28