Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 14 de Febreiro de 2006
A medio camiño entre o Animee e Matrix.

Título Orixinal: Whasango
Ano: 2001
Nacionalidade: Korea do Sur.
Dirección: Tae - Gyun Kim
Guión: Dong-heon Seo, Tae - Gyun Kim
Interpretes: Hyuk Jang, Min-a Shin, Su-ro Kim, Sang-woo Kwon, Hyo-jin Kong, Sang-hun Jeong, Hyeong-jong Kim, Shi-ah Chae
Producción: Seoung-Jae Cha, Jack Maeby
Producción Executiva: Seung Chung, Ted Chung, Rob Edwards, Woo-Suk Kang
Fotografía: Yeong-taek Choi
Dirección Artística: Geun-yeong Jang, Kyeong-hie Kim
Música: Gary G-Wiz, Yeong Park, Amani K. Smith
Montaxe: Im-Pyo Ko
Sinopse: Kim Kyung-soo é un xoven experto en artes marciais ó que lle costa controlar os seus poderes e que xa foi expulsado de oito escolas. Na nova escuela tódolos alumnos son expertos en artes marciais, e pronto, Kim será desafiado por outros compañeiros. Finalmente, verase envolto nunha violenta batalla provocada pola búsqueda do lexendario Manuscrito Secreto.
Comentario:
Chegamos a este filme polos compañeiros de Cinemafriki que o comentaban hai uns meses. A verdade é que nada máis ler sobre este filme entroume a curiosidade e fun embalado a buscalo (Gracias!!!!!).
Pero antes de comezar a repartir estopa, xa que merece a raudales, teño que aclarar que polo que me puiden enterar, hai dúas versións deste filme, a Koreana, e a patrocinada pola MTV e non sei se teñen moita diferencia, nin sei cal se pode conseguir aquí.
En fin, metámonos no allo. O filme arranca cunha secuencia verdadeiramente impresionante. Un mestre lanza un anaco de tiza a un alumno que quedou durmido. Cando parece que lle vai dar, a tiza queda suspendida no aire e volve cara o profesor. Fántástico, o conto comezaba con chispa. Sen embargo non tardou en torcerse. A partires daí contásenos un prólogo infinito, con letras como xa nos teñen acostumados os orientais, no que nos resumen varias xeracións de loitas entre os profesores e os alumnos, unha gran batalla, e un manuscrito secreto que os gobernará a todos. Vaia, o señor dos aneis pero con manuscrito.
O que ven a continuación é unha mestura de Animee e Matrix, ou dito doutra forma, caretos varios e fogos de artificio. O argumento é un completo delirio, todo o instituto se volve tolo na procura do fantástico manuscrito e agrupanse en relación ás actividades extraescolares, rugby, kendo, loita libre..., a cuestión é pelexar e ser o mellor alumno para recibir o manuscrito. A locura é tan grande que é imposible non botarte unhas risas coa ida de pelota que che están plantexando ós 10 minutos de película. Resumindo, todos se pegan entre eles ata que chega un profesor substituto coa súa camarilla que é máis bestia que tódolos alumnos. E fancendo seu o lema de que "a letra con sangue entra" dedícase a darlle verdadeiras malleiras ós alumnos. É neste momento no que o prota, moi modosiño pero con moitos poderes, perde a paciencia e se lía a hostias co profesor.
Pouco máis hai que dicir. Efectos especiais e fogos atirficiais, todos os que queirades e máis. O protagonista, Hyuk Jang, resultoume gracioso. O argumento non ten o máis mínimo sentido pero pode enganchar precisamente por eso.
O peor de todo é que se fai repetitiva ata a saciedade, a última hora de filme (dura dúas) xa viches tódolos trucos visuais e xa estas farto de que o prota non se decida a entrar en acción dunha vez. Ó final cansa.
Aínda así, eu paseino bastante ben, polo menos ó principio do filme onde non podía crer o que me estaban a contar.
Nota: 4
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (5) | Referencias (0)
esta é malísima jaja, acabo de entrar nesta páxina e non sei se a viches, pero últimos filmes de "acción" xapos gustoume "Battle Royale", que non é nada do outro mundo pero ten algún detalle en canto á idea principal que non vira antes. PD: ademáis esta non é xapo que é coreana, vin 2 coreanas e as dúas non valeron pra nada
Turkoo | 14-02-2006 15:05:18
Vin as dúas de Battle Royale e sen ser nada do outro mundo son filmes entretidos. Sobre todo a primeira, na segunda xa se lle foi un pouco a man (a verdade é que a segunda é mala de narices).
En cando á "Pd" xa comentaremos algunha coreana que mereza a pena. En todo caso, "Audition" é maioritariamente coreana.
Saudos de novo.
Fagot | 14-02-2006 20:49:45
A que te refires con que Odishon é coreana? Se é a de Miike, está claro que é un filme xaponés, dirixido por un xaponés, que fai un Ozu "revisited" en canto ao tratamento contemplativo da cámara( Ozu estético con temática "extreme", pero xaponés, de todas maneiras tenas máis gamberras -a hilarante Visitor Q-). O problema do Miike é que custa seguir-lle o ritmo, que antes de que algunha fonte-anónima-que-prefire-manter-a-súa-identidade-en-segredo (e da que non fago apoloxía) descarregue a última xa sacou unha nova!
Bicycle-repair-man | 18-02-2006 02:06:45
Perdoa, estou medio pampo, son novo na páxina e non vin que xa a tiñas comentada... aaaai as droghas que malas son!
Bicycle-repair-man | 18-02-2006 02:10:23
Audition é unha coproducción, se ben o equipo técnico é xaponés, parte dos fondos para facer a peli saíron de Korea. Incluso é posible que se rodara algo en Korea pero a verdade é que non o sei.
En todo caso, como a nacionalidade dos filmes é un tema peliagudo, procuro buscar a nacionalidade "oficial" para non cometer erros. Para esto en Imdb sempre saes de dúbidas :)
Fagot | 18-02-2006 13:09:58