Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Mércores, 15 de Febreiro de 2006

Kill Bill vol. I

My baby shot me down...



Título Orixinal: Kill Bill vol. I
Ano: 2003
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Quentin Tarantino
Guión: Quentin Tarantino
Interpretes: Uma Thurman (A Noiva / Mamba Negra), David Carradine (Bill), Lucy Liu (O-Ren Ishii / Mocasín de Auga), Daryl Hannah (Elle Driver / Serpeda Montaña de California), Vivica A. Fox (Vernita Green / Cabeza de Cobre), Michael Madsen (Budd / Serpe de Cascabel), Michael Parks (Sheriff), Sonny Chiba (Hattori Hanzo), Chiaki Kuriyama (Go Go Yubari), Julie Dreyfus (Sofie Fatale), Gordon Liu (Johnny Mo), Jun Kunimura (Xefe Tanaka).
Producción: Lawrence Bender
Producción Executiva: Erica Steinberg, E. Bennett Walsh, Bob Weinstein, Harvey Weinstein
Fotografía: Robert Richardson
Dirección Artística: Daniel Bradford, Hidefumi Hanatani
Deseño de Producción: Yohei Taneda, David Wasco
Música: RZA, D.A. Young
Son: Harry Cohen
Montaxe: Sally Menke

Sinopse: Unha das integrantes de DiVAS (Deadly Viper Assassination Squad) é traizoada polo resto do esquadrón o día da súa voda e dada por morta. 4 anos despois esperta do coma no que quedara e decide vingarse.

Comentario:
No mundo do cinema por moi seguro que estexas de moitas cousas sempre te levas algunha sorpresa. Unha das miñas afirmacións máis taxantes e máis rotundas é, por exemplo, que sen guión non hai película. Sen embargo, e pese a manter esa idea, aí está Tarantino para desmontarma. O de Kill Bill é un feito inusual, Tarantino fai unha gran película cun guión de merda, algo que é completamente antinatural. É antinatural un filme que arranca sabendo que a persoa que hai que matar xa está morta, eso é o que ocurre con O-Ren Ishii, e sen embargo non podemos evitar querer saber como foi esa morte. É antinatural un filme no que o sonido das katanas dura máis que os diálogos dos protagonistas, e sen embargo aguantámolos. É rematadamente anitnatural que saibamos que a protagonista é invulnerable porque o filme ten unha segunda parte, e sen embargo non o temos en conta.
Despois de ver a segunda parte, daste conta que o guión de Tarantino non era realmente tan malo, senon que o que sucedeu foi que a primeira parte do mesmo se lle foi da man en montaxe e partiu o filme en dous. Non sei se se trata dunha xenialidade ou simple potra, con Tarantino nunca se sabe, pero o certo é que con esta división Kill Bill vol. I é un filme desorganizado no referente á historia, onde máis da metade do filme é un background no que as liñas argumentais non avanzan e no que sabes desde o primeiro minuto cal é o desenlace.
Aínda así, a sucesión de fogos de artificio está tan ben colocada que non podes evitar sacar os ollos da pantalla. O mesmo pasa con Uma Thurman que ten algo, non sei que, pero esa frialdade e esa tensión que transmite fai que acabes sentindo esa ferida tan fonda e que remates o filme con desexos de vinganza.
Despois de ver o filme, odiei un pouquiño a Tarantino por desarmar o peso do guión nos filmes, aínda que dubido que alguén máis sexa capaz de facer un filme como este. Tamén me emocionei, por exemplo escoitando a Nancy Sinatra metendome na atmosfera do filme cos primeiros acordes de "Bang, bang".
A selección musical volve ser xenial, como nos anteriores filmes de Tarantino e sempre rematas descubrindo algunha pequena xoia como "Woo Hoo" interpretado por The 5.6.7.8´s.
En fin, só queda descubrirse e pensar no vol II. Tamén lamentarse un pouquiño porque estes filmes só se poden ver no cinema cando se estrean e se te quedas sen esa experiencia xa non hai que facerlle.

Nota: 7

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (3) | Referencias (0)

Comentarios

Gran película, si señor. Eu doulle de nota un 8, e non lle dou máis porque non me chistou moito o de ter que agardar un ano para vela enteira.

H. Martins | 16-02-2006 20:29:57

Si, o das notas é algo moi subxetivo e ás veces algo complicado sobre todo se te pos a comparar notas. En todo caso eu creo que esta vez puntuei alto de máis pero a verdade é que ten moito mérito estar hora e media entretido cando xa sabes o que vai a pasar :)

Fagot | 17-02-2006 11:40:18

Nota 10. Espectacular como é habitual em Quentin Tarantino

P Mendes | 01-03-2006 22:35:16

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009