Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Venres, 17 de Febreiro de 2006

Back to Gaya

Desde Hannover para o mundo.



Título Orixinal: Back to Gaya
Ano: 2004
Nacionalidade: Alemania, España, Reino Unido
Dirección: Lenard Fritz Krawinkel, Holger Tappe
Guión: Jan Berger, Don McEnery, Bob Shaw
Interpretes: Animación CGI
Producción: Lenard Fritz Krawinkel, Holger Tappe
Producción Executiva: Stephan Mallmann, Stefan Mischke, Harro von Have
Dirección Artística: Jens Benecke
Deseño de Producción: Henning Ahlers
Música: Ilan Eshkeri, Michael Kamen, Andrew Raiher
Son: Nils Rademacher
Montaxe: Fabian Mueller, Alexander Soskin

Sinopse: Os gaianos viven felices nunha sociedade medieval. Teñen unha vida tranquila baixo a tuela do gobernador, o heroe da comarca e un pequeno inventor, e divirtense vendo carreiras de cuádrigas co seu particular estilo. Paralelamente, noutro universo, miles de persoas seguen as aventuras dos gaianos por televisión ata que alguén rouba o Dalamit, a pedra de enerxía dos gaianos. O Heroe, a filla do gobernador e os malvados Snurks cruzarán as fornteiras do seu mundo para recuperar o Dalamit pero o camiño de regreso a Gaia está cheo de obstáculos.

Comentario:
Este é un deses títulos raros que pululan polo mundo sen que teñamos demasiada idea. Non atopei data de estrea en España, e case que ningunha información sobre este filme que gañou no 2004 o festival de Basauri, premio que recibía tamén nesa edición na categoría de curtametraxe a producción galega "Minotauromaquia".
Cheguei a este filme pola súa versión portuguesa que xa foi editada en Dvd e que leva o título de: "A terra encantada de Gaia".
É unha mala noticia que este filme non sexa coñecido. Por contra, é toda unha noticia ver que o goberno alemán inviste neste tipo de filmes. Neste caso, e polo que puiden ler foi o goberno da Baixa Saxonia o que puxo capital sobre a mesa para que se rodara este filme nunha "Escola para nenos difíciles" en Hannover.
O certo é que é verdadeiramente extraño que non vísemos este filme nas nosas pantallas porque creo que é do mellor que se fixo en Europa en animación en CGI, está á par de filmes como Shrek ou Bichos. Todo o deseño de persoaxes é fantástico e os decorados son realmente formidables.
O plantexamento da historia (argumentalmente) parece o de Masters del Universo, sen embargo o filme da moito de sí. Sobre todo na súa parte final no que introduce un tema tan fondo como o libre albedrío e a eterna dúbida sobre se merece a pena actuar con vontade propia ou ser feliz baixo a vontade de outro (igual que sucedía en Matrix, só que aquí desde un punto de vista máis claro.).
A animación é realmente boa con secuencias de acción trepidantes. Ademáis é bastante divertida. O máis destacable son esas secuencias de acción que xa nomeamos, tamén a posta en escea de Gaia que é estéticamente preciosas e a música é verdadeiramente magnífica.
Á par o filme está moi ben dirixido e técnicamente é perfecto o que fai que Gaia sexa un filme moi digno ó que quizais lle facía algo de falta explotar máis o guión pero que che atrapa desde o primeiro momento pola gran concepción estética das personaxes.
O peor é que a historia é algo simplista e esquemática, cruzamos a outro mundo, recuperamos o Dalamit, intentamos volver sorteando perigos..., o conflicto final levanta algo a historia pero podíaselle sacar moito máis partido.
De feito, e comparando coas produccións de Pixar e de Dreamworks a única limitación de Gaia é non ter un guión máis sólido que faría que este filme fose un acotecemento a nivel mundial.

Nota: 6,5

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Sucesos