Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Venres, 17 de Febreiro de 2006

Estrea de Buenos Días

Non estamos en Berlín pero tamén nos fomos de estrea. Foi en Compostela, e foi para ver a nova curtametraxe de Dani de la Torre.

Os cinéfilos modestos non podemos permitirnos o luxo de presenciar en directo desde Berlín a estrea de "Road to Guantanamo", por exemplo. Sen embargo, sempre hai oportunidade de ver cine máis alá dos grandes carteis. A que tiñamos hoxe non a desperciciamos e alá nos fomos os colegas a Compostela, ó Teatro Principal para presenciar a Premier Mundial de Buenos Días/Bos Días que é a nova curtametraxe de Dani de la Torre que xa antes dirixira "Minas" e "Lobos".
O acto foi o que soe ser no caso das curtas, estaba o equipo técnico, os actores, os familiares e os poucos que consideramos estes actos como oportunidades para ver cousas novas.
Botei de menos a tódolos productores engaravatados que soen andar polos sitios que dan pinchos gratis, pero está claro que a maioría (vis a 2 productores) non están interesados en coñecer moitas das cousas que se fan por estes lares.
O acto, aínda que se demorou un chisco, comezou ben. María Xosé Arrojo apareceu como mestra de cerimonias para presentarnos o corto. Vimos a súa versión "Buenos Días", a versión "Bos Días" atopábase en montaxe de audio.
E de seguido vimos a curta. Non digo nada.
Despois da curta vimos o making off que foi unha longa batería de imaxes onde aparecían tódolos membros do equipo técnico. Todos agás o guionista, que como non tiñan imaxes súas, apareceu retratado como unha páxina de guión. Eso causoume certa emoción, é algo verdadeiramente fermoso que unha persoa poida aparecer retratada como unha páxina con texto.
E despois deso os pinchos. Estes fixéronme especial gracia xa que como non se trataba dunha gala finolis, así como aparecía unha bandexa con pinchos, alí ía unha multitude esfameada. Había algún que acusaba a lei antitabaco e dubidaba de xeito case existencial se se debía decantar pola nicotina ou por un pincho de queixo, anchoas e tomatiños cherry.
Pero como esto é unha crónica non oficial, direi os pecados e non o pecador. Entre pincho e pincho dediqueime a facer de espía e a recadar opinións sobre a curta.
Co primeiro que falei, foi cun director de cinema e televisión, que andaba por alí. A súa opinión foi: "Está moi ben, facíanos falta algo así, que saian novos directores con esta forza".
O segundo co que falei foi con un dos dous productores que andaban por alí: "Moi ben, é un producto moi digno, moi correcto, está moi ben realizado, seguro que terá unha boa acollida en festivais. Levará algún premio".
Finalmente rematei a miña xeira de opinións (textuais) sobre a curta falando cun actor: "Dani está pedindo a gritos facer un largo, tiñan que darlle máis oportunidades a esta xente porque vemos que un corto se lle queda corto".
Perdón, tamén falei cun montador: "Eu picaría máis a primeira parte porque se me fixo un pouco longa".
Supoño que con declaracións de montadores, directores, productores e actores xa vos quedaría un pouco máis claro de que vai a curta. Pois nada, será que os profesionais non se expresan ben :)
Pois nada, contaremos nos algo: Buenos Días é unha curta que case daría para comparar cun episodio dunha sitcom xa que duran prácticamente o mesmo. En canto ó argumento é cunha comedia "romántica" un punto algo cíncico e con matices de enredo. Os actores están ben e a min gustoume especialmente Xavier Deive que creo que é un actor con grande proxección nos próximos anos.
Ten momentos divertidos que visualmente están moi ben dirixidos.
E non digo máis. Se podedes védea.

Por: Fagot | Cinema | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Marcadores deportivos