Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Sábado, 18 de Febreiro de 2006

I married a strange person

Animación..., pero doutra clase.



Título Orixinal: I married a strange person
Ano: 1997
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Bill Plympton
Guión: P.C. Vey, Bill Plympton
Interpretes: Animación
Producción: Bill Plympton
Fotografía: John Donnelly
Deseño de Producción: Signe Baumane
Música: Maureen McElheron
Son: David Rovin
Montaxe: Anthony Arcidi

Sinopse: Un home desenvolve un estraño aparello que lle da a facultade de transformar ás persoas e as cousas ó seu antollo. A empresa para a que traballa “Smilecorp” non tardará en ver no estraño obxeto unha oportunidade para dominar o mundo.

Comentario:
Seguimos con máis productos difíciles de ver e con máis animación. Se cabe esta é algo máis rara porque acabo de comprobar que non hai nin unha soa páxina en español que fale deste filme. Sen embargo este filme distribuiuse en España baixo o título "Me case con una persona extraña" pero é imposible atopalo é máis fácil atopar o Dvd importado dos EE.UU.
Estamos ante unha pequena xoia, completamente idependente e completamente Plympton, a falta dunha definición mellor. Bill Plympton é unha persoa peculiar que arrancaba a súa carreira a finais dos 80 e que era nominado ó Oscar na categoría de mellor curta de animación con "Your Face" en 1987. Aquela nominación valía para que a Disney lle fixese unha substanciosa oferta que Plympton rexeitou para seguir tendo a libertade de facer o que lle petara.
Dez anos despois, tras facerse famoso con curtas para MTV e Cartoon Network, chegaba este filme. Estéticamente é idéntico a todo o que levaba feito Plympton, animación tradicional feita con lápices, trazos finos e xestos barrocos e excenarios baleiros no que non se ve nada que non sexa imprescindible.
Esa é unha das carácterísticas máis chamativas de Plympton, lonxe do preciosismo visual da escea, os planos de Plympton son como unha inmensa nada no que só entra o que el considera que debe entrar. A simple vista esto pode parecer algo cutre, sen embargo, Plympton, pon a simplicidade ó servicio da simboloxía e ese baleiro escénico fai que colla máis importancia a enorme carga simbólica que posue cada plano. Digo esto literalmente, non se trata dunha esaxeración. Plympton escapa dos diálogos e contanos as historias case que totalmente mediante símbolos.
O resultado soe ser un batiburrillo de cousas no que o que menos importa e a historia global e no que te quedas pillado vendo as sorpresas que che vai deparar cada secuencia do filme.
Esto é un arma de doble fío. De feito o argumento deste filme non me enganchou demasiado quizais o que mais disfrutei foron tódolos momentos colaterais. A visión que nos ensina Plympton do matrimonio é delirante e moi divertida. Especialmente o entorno familiar dos sogros cos que me rín bastante.
Neste apartado, Plympton, tamén se abona á cultura da reciclaxe e incorporou no filme, case que íntegra, unha das súas curtas máis famosas "How to make love a woman" no que aparece un dos seus planos máis famosos: un no que un pezón erecto acaba arrancando un ollo dun home que está mirando.
É un filme recomendable para tódolos amantes da experimentación e que sobre todo sirve para ver que hai moitas cousas máis no mundo, ademáis das que podemos ver habitualmente.
Pd: Non é apta para tódolos públicos.

Nota: 6

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (1)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Referencia

URL para referencias o trackbacks

Sen recuperarnos de Berlín chega Fantasporto 2006 | 2006-02-23 11:06:11
[...] I married a strange person) ou o que é o mesmo, a particular visión do autor americano da famosa "Carrie" de Stephen King. Xunto a esto o festival homenaxeará a Manoel de Oliveira, o cineasta portugués con maior renome internacional e do q [...]

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Rallies