Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Domingo, 19 de Febreiro de 2006

Garganta profunda

Despois de Bill Plympton... falamos de porno.



Título Orixinal: Deep throat
Ano: 1972
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Gerard Damiano
Guión: Gerard Damiano
Interpretes: Linda Lovelace, Harry Reems (Dr. Young), Dolly Sharp (Helen), Bill Harrison (Mr. Maltz), William Love (Wilbur Wang), Carol Connors (Enfermeira), Bob Phillips (Mr. Fenster), Ted Street (Delivery Boy), Jack Byron (#11), Michael Powers (#12), Gerard Damiano (ultimo home)
Producción: Lou Peraino
Fotografía: Harry Flecks
Música: Gerard Damiano
Montaxe: Gerard Damiano

Sinopse: Unha muller non está satisfeita sexualmente e decide ir ó médico para que a axude.

Comentario:
O porno é un xénero morto, cinematográficamente falando. A chegada do video e posteriormente a irrupción de internet fixeron que sexa practicamente imposible falar de cinema porno xa que o mercado está colapsado de videos caseiros que nada teñen que ver co cinema. A esto axudou tamén o propio Star System do porno que abriron camiño pola súa conta e que deixaron de facer películas para forrarse cos vídeos.
En todo caso, segue habendo títulos no cine porno e algúns son máis que comentables. Por exemplo este: Garganta Profunda, un filme que trascende do xénero e que fixo historia.
Garganta Profunda é importante por dúas razóns. A primeira é que se trata do primeiro filme porno que se estrea en salas comerciais, algo impensable, tanto nos anos 70 como na actualidade. A segunda que o título deste filme, "Deep Throat", foi o alcune que escolleu o confidente de Bernstein e Woodguard (creo que se escribía así) e que daría orixe a que se destapase o escándalo Watergate (recentemente o filme "Inside deep throat" fala desto).
En canto ó filme é o que é, sen embargo hai herdanzas cinematográficas que non se borran aínda que se trate deste xénero. É certo que a historia non é gran cousa e que foi utilizada e tropecentos mil filmes máis. Sen embargo eu quédome con dúas cousas, por un lado o humor e por outro a montaxe. Naqueles inicios, os filmes porno estaban contados con moito sentido do humor e os chistes eran habituais. En certo sentido esto fai que hoxe en día para os consumidores de porno este filme poida ser demasiado inocente, sen embargo a min faime gracia ver determinados comportamentos puritanos contados con humor dentro dun filme porno.
Por outro lado está a montaxe. Un campo inviolable cando fas cinema en 35 mm e que dota a este filme dun ritmo que non existe nin no cinema porno actual nin en outras moitas películas de "cinema convencional". De entrada, a montaxe fai que non teñas que estar 20 minutos vendo como 2 ou máis persoas teñen unha relacción sexual, algo que sinceramente me parece aburrido ademais de antinatural, xa que o tempo cinematrográfico e o tempo real son cousas ben distintas e non é tan doado unificalas. En Garganta Profunda eso non pasa e ademáis o seu director Gerard Damiano tivo a feliz idea de incluir planos que non viñan a conto pero que provocan momentos máis que divertidos. Por exemplo, a min encántame o momento no que Linda Lovelace chega ó orgasmo e vemos un foguete estoupando e unha fonte de canguriños con cornetas que vai xirando sobre si mesma. Esto pareceume unha xenialidade.
En resumo, non sei se da para recomendar o seu visionado, pero creo que por importancia histórica é un filme que se debe recordar e ter presente.

Nota: 5

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (2) | Referencias (0)

Comentarios

Que ilsuión! Garganta profunda!
Una peli mítica en Argentina de la que todo el mundo tiene alguna referencia.
No se cuanta gente en realidad la vio pero sí todos sabemos de que se habla cuando se dice ¨Garganta Profunda¨.
Se me vinieron muchas caras a la mente muy de golpe... una cantidad de críos adolescentes juntándose en casa para ver porno cuando mis padres no estaban.
La peli en sí tampoco es para echar cohetes al aire pero es verdad que tiene algunas cosas muy graciosas
Mi momento favorito es la subida del cohete emulando la erección... sublime.

Bicho | 20-02-2006 21:21:51

"Que ilusión! Garganta profunda!"
Así fora de contexto esto non ten desperdicio Bicho :)

Fagot | 22-02-2006 14:12:24

Comentar


Recordar datos