Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Domingo, 19 de Febreiro de 2006
Grbavica fíxose cun Oso de ouro moi competido.
As cousas pintaban ben desde o comezo desta 56 edición do festival de Berlín. A lista de nomes que pasaban estes días pola capital alemana parecían de ciclo de filmoteca por tanto bo director que alí aparecía. Algún como Sidney Lumet ata se permitía o luxo de facer bromas un tanto sarcásticas na presentación do seu filme "Find me Guilty" do que dicía que era unha comedia divertida e que por esa mesma razón non sabía porque o seleccionaran para un festival.
Unha broma que collía sentido ó ver os demáis filmes que se proxectaron nos seguintes días, nos que o drama con tintes políticos ocupaba case que todo o cartel. Mesmo filmes de marcado caracter comercial como "V de Ventura" con Natalie Portman nos presentaban historias nas que o mensaxe político é contundente (falo de oídas, xa que lamentablemente non vin os filmes).
Así, o momento máis esperado e probablemente o máis polémico do festival, produxose cando Michael Winterbotton presentou o seu filme "Road to Guantanamo" facendo subir a dous expresos do cárcere á platea de Berlín. As palabras de Winterbotton sobre o filme, nas que dicía que o filme estaba feito para lembralle ó mundo que Guantánamo existe e que nesa prisión hai persoas "coma ti e coma min" tiña cheiro a premio. Ademáis todo o que se publicou sobre o filme da para pensar que se trata dunha gran película. "Road to Guantanamo" é un docudrama (léase parte documental, parte ficción) que conta a historia de dous musulmans que acuden a unha voda e chegando á fronteira de Afganistan son detidos e convertidos en prisioneiros de guerra polas tropas estadounidenses e conducidos a Guantánamo onde pasan 2 anos sen ter contacto con ninguén.
Sen embargo, e para sorpresa xeral, entre os filmes favoritos colaronse as descoñecidas como Grbavica. Un filme que falaba das violacións a mulleres durante a guerra da antiga Iugoslavia.
Sumado esto a lista de estrelas, lease Chabrol, Lumet, Malick, Altman, Winterbotton, as produccións anfitrionas, "Perticulas elementales", as caras bonitas, George Clooney, Isabella Rossellini, e ás caricaturas de Mahoma, ó xurado que presidía Charlotte Rampling debeuselles facer un tremendo lío na cabeza e optaron polo camiño do medio, ou o que é o mesmo dar premios que non molestasen a ninguén.
Así Grbavica levouse o Oso de ouro e esperamos con ansia que apareza nas nosas pantallas. Winterbotton tivo que conformarse co oso de prata a mellor director parece que como agradecemento ó show que montou na súa estrea. Os premios para os actores quedaron na casa porque hai que promocionar o cinema patrio e levounos: O do mellor actor, Moritz Bleibtreu, por As partículas elementais, e o de mellor actriz a Sandra Hüller, por Requiem. E despois desto ven o Gran premio do xurado que é sempre o máis coñero sobre todo nesta ocasión na que decidiron premiar ex aequo ó filme dinamarqués "En Soap" e ó iraniano "Offside" e seguramente esto non teña nada que ver con certos disturbios de pasados días, nin con queimas de embaixadas, nin nada, só que o cinema é como a vida e está plagado de curiosidades.
E con esto pechamos Berlín coa única conclusión de que é unha auténtica estupidez escribir sobre filmes que non vin e dubido que mereza a pena volver a repetir esta experiencia se non estou in situ :(
En todo caso por aquelo de ofrecer máis información, aí vos vai a web do festival.
Saude!!!
Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (0)