Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Mércores, 22 de Febreiro de 2006
O filme máis caro da cinematografía turca conta a historia dun heroe que se enfronta ás tropas norteamericanas en Irak.

O que pensou que xa o tiña todo visto equivocouse. O pasado 9 de febreiro estreabase en Alemania "Kurtlar Vadisi" un filme inspirado nunha serie de televisión de gran éxito en Turquía. O filme aparecía en cartel co aliciente de ser a producción turca máis cara da historia, 8,4 millóns de euros que non está nada mal.
O título en Alemania foi "Tal der Woelfe" ou o que é o mesmo, "O val dos lobos" e conseguiu unha recadación histórica para un filme turco, vendeu 66.000 entradas nun só fin de semana.
A partires daí desatouse a polémica, xa que "Kurtlar Vadisi" conta a historia dun axente turco, Polat Alemdar que fará fronte ás forzas americanas en Irak en defensa da causa turca.
O filme arranca cunha voda celebrada pacificamente entre kurdos, árabes e turcos, na que irrumpen as forzas americanas a golpe de escopeta e matan ós presentes. A continuación atacan unha base turca humillando ós soldados detidos. Despois desto, o protagonista, Alemdar, xura vinganza e promete facerlles pagar ós EE.UU. pola súa intervención.
O filme, dirixido por Serdar Akar, é unha mestura de realidade e ficción que nos amosa escenas de enorme dureza, alusións a Abu Ghraib e secuencias con contidos antisemitas.
Con estes mimbres, xa son uns cantos os que pediron que o filme fose retirado das salas. Entre outros políticos, o Primeiro Ministro de Baviera, Edmund Stoiber, conservador para máis señas, advertiu de que o filme provocaba sentimentos antioccidentais. Pola súa parte o Presidente do Consello de Xudíos en Alemania, Paul Spiegel, tamén abogou pola retirada do filme polo seu contido antisemita.
Por contra, o presidente do Foro Xermano-Turco da Unión Cristianodemócrata (CDU), Bülent Arslan, apuntou que pese a evidencia dun "contido hostil" hacia os EE.UU., non deixa de ser verdade que moitas produccións de Hollywood son igualmente hostiles en sentido inverso.
Mentres se produce o cruce de declaracións, os distribuidores frotanse as mans e levan xa 266.000 entradas vendidas só en Alemania.
Esperemos que o filme chegue ás nosas pantallas :)
Por: Fagot | Cinema | Comentarios (2) | Referencias (0)
Saude, acabas de lembrarme um filme do que meu irmao me falara hai anos e que a verdade, nom sei se existira, mais vendo esta superproducçom turca, tudo pode ser...
O filme chamase "Guerrillas internacionales" e conta a historia dum bravo muyaidin que se enfronta aos ianquis e a um perfidisimo agente do Mossad. Ao final o tipo convertese em martir e xusto quando semelha que o sionista vai sair coa sua...chan ta ta chan, um fulminante raio divino de Ala esnaquizao.
Nom sei onde atopala, cecais ti poidas ajudarme.
Gharelo | 10-03-2006 14:46:21
Non tiña nin idea de tal cousa, pero pode tratarse desta:
http://www.imdb.com/title/tt0251144/
É o máis parecido que atopei.
Fagot | 10-03-2006 19:07:09