Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 23 de Febreiro de 2006

Dygra opta ó premio de mellor productora europea no "Cartoon Movie"

Información de Galicia Hoxe.

A produtora de animación Dygra Films encabeza a lista de nominados a Mellor Produtora Europea por Soño dunha Noite de San Xoán nos ‘Cartoon Movies Tributes’. Estes premios foron convocados no marco do festival anual de películas de animación Cartoon Movie 2006, que constitúe un foro de fomento do financiamento e distribución de longametraxes de animación en Europa, dentro do programa Media da Unión Europea.
Os candidatos ós galardóns foron seleccionados pola organización de Cartoon Movie nas súas tres diferentes categorías: Mellor Director Europeo, Mellor Distribuidor Europeo e Mellor Produtor Europeo, e serán votados polos profesionais asistentes ó festival-mercado durante a súa celebración, que terá lugar en Postdam (Alemaña) entre o 9 e o 11 de marzo. Os nomes dos que resulten gañadores daranse a coñecer ó peche do certame.
Ademais de Dygra Films, única produtora española que opta a estes premios en calquera das súas categorías, tamén resultaron nominados na súa mesma clase as produtoras seguintes: M6 Studio, de nacionalidade francesa, por Asterix and the Vikings; TV-Loonland and Happy Life Animation, de procedencia sueca, por Pettson and Findus; e Aardman Animation, de nacionalidade británica, por Wallace & Gromit: A maldición das verduras.
A través destes premios, Cartoon Movie pretende recompensar a aqueles que achegan dinamismo e exercen unha influencia positiva na realización de animación así como axudar ó desenvolvemento desta industria en Europa; en definitiva, un recoñecemento do resto de profesionais da animación europea a unha empresa galega.
Por outra parte, este ano Dygra Films acudirá ó festival alemán con dous dos seus proxectos: Soño dunha Noite de San Xoán, dos directores Ángel de la Cruz e Manolo Gómez, na sección de películas completadas; e con Espírito do Bosque, dirixida por David Rubín e Juan Carlos Pena, na sección Lounge.

Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Lotto 6/49