Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 23 de Febreiro de 2006

Sen recuperarnos de Berlín chega Fantasporto 2006

Esta 26 edición está marcada pola gran presencia oriental e pola homenaxe a Manoel de Oliveira.

Non ten o glamour de Berlín, pero Fantasporto é desas citas ás que non se pode faltar, especialmente os seguidores dos filmes de xénero. O certame, que comezou este luns e que rematará o domingo 3 de marzo ofrece, ademáis de novedades no cinema fantástico, importantes retrospectivas e oportunidade de ver en pantalla grande filmes de hai uns anos que non vimos no cinema no seu día.
O programa deste ano, está marcado pola gran presencia oriental. Así, na semana dos realizadores poderemos ver obras de Kim Ki Duk como "The Bow" ou "Samaritan Girl". Tamén terá, curiosamente, o seu espacio nesta semana o director español Carlos Bempar que ven de gañar o Goya co seu documental "Cineastas contra magnates" filme que será proxectado no Fantasporto xunto con "Cineastas en Acción". Tamén compite nesta sección o galego Juan Pinzás co filme "El desenlace". E no campo da retrospectiva non hai que perderse "Hair High" de Bill Plympton (do que recentemente comentábamos I married a strange person) ou o que é o mesmo, a particular visión do autor americano da famosa "Carrie" de Stephen King.
Xunto a esto o festival homenaxeará a Manoel de Oliveira, o cineasta portugués con maior renome internacional e do que se poderá ver "O espelho mágico" un dos seus filmes máis irónicos.
En canto á sección oficial, Fantasporto segue a liña doutros festivais de terror e ciencia-ficción, é dicir, é unha tremenda incognita no que se refire á calidade dos filmes que se van proxectar. De feito, a maior lacra dos festivais de terror é que xunto a curtas de gran nivel aparcen títulos que raian o impresentable (Para comprobalo ver os filmes de Sitges). Fantasporto parte cun nivel alto do ano pasado, no que gañou Código 46 de Winterbotton (que anda en tódolos lados). A sección oficial de cinema fantástico vaina abrir, o próximo venres, por primeira vez en 26 anos un filme portugués "Coisa Ruim" de Tiago Guedes e xunto a el unha producción española, "The Nun" de Luís de la Madrid e argumento de Jaume Balagueró. Continuará a presencia española con "Zulo" de Carlos Martín Ferrera e aparece tamén nesta sección "One missed call 2" que xa da medo só de ver eso de segunda parte. Outra das curiosidades é "Dead Meat" que compite en sección oficial é que é o primeiro filme irlandés de zombies (aí queda eso).
Pero sen dúbida o cartel máis atractivo é o da sección "Premiere/Panorama". Aquí podemos atopar de todo, desde "Ghost in the shell 2" ata "Frágiles" de Jaume Balagueró que será a encargada de pechar o festival. Tamén hai títulos imperdibles, sobre todo "Um Lobisomem na Amazonia", un filme brasileiro de Ivan Cardoso que conta coa participación estelar de Paul Naschy!!!!!, e atención á sinopse: "Ivan Cardoso estreia-se na lenda dos lobisomens brasileiros, nesta fantasia entre belas mulheres despidas e lobisomens nas paisagens paradisíacas da selva do Amazonas." Tamén en Premiere/Panorama se proxecta outro filme que seguro que non degrauda "Dúas irmáns". Trátase dun filme coreano, dirixido por Kim ji Woon e que segue a estela de títulos coñecidos como "La Maldición". A verdade é que é un filme un tanto incomprensible pero soe gustar ós adictos ó xénero.
E para redondear as dúas semanas de festa, a novidade de Fantasporto e a sección "Love Connection" onde se proxectará porno do leste e filmes "soft" xaponeses. De feito, esta sección foi a encargada de inaugurar o festival o pasado luns con "Pleasent days" ou o que é o mesmo un filme erótico húngaro ás 3 da tarde.
A festa grande terá lugar na noite do sábado 2 no Teatro Sá da Bandeira onde terá lugar o tradicional "Baile dos vampiros" para que todo o mundo vaia contento á entrega de premios o día seguinte.

Enlaces de interese:

Web de Fantasporto por se alguén quere inscribirse en próximas edicións.

Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009