Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 24 de Febreiro de 2006
De Sitges a Fantasporto

Título Orixinal: Janghwa, Hongryeon
Ano: 2003
Nacionalidade: Korea do Sur
Dirección: Kim Jee-Woon
Guión: Kim Jee-woon
Interpretes: Yeom Jeong-a Eun-Joo (madrastra) Im Soo-jung (Su-Mi)Moon Geun-young (Su-yeon) Kim Kab-su (Mu-Hyun)
Producción: Oh Gi-min, Oh Jeong-wan
Fotografía: Lee Mogae
Dirección Artística: Geun-hyeon Jo
Música: Lee Byoung-woo
Montaxe: Go Im-pyo
Sinopse: Su-mi e Su-yeon volven a casa despois dunha longa convalecencia no hospital. As cousas cambiaron moito desde a morte da súa nai. Son recibidas Eun-joo, a madrastra que as acosa permanentemente sen que teñan ningunha opción ademáis aguantar polo ben do seu pai. Su-mi prometelle a Su-yeon que non permitirá máis maltratos. De súpeto, cousas inexplicables comezan a ocurrer na casa. Algo cambiou, e ninguén sabe que está pasando, pero as irmáns poden sentilo.
Comentario:
Este é outro deses títulos que tan de moda se están poñendo no cinema oriental e que serven, entre outras cousas, para que unha productora americana merque os dereitos para facer un remake. Neste caso foi Dreamworks a que mercou os dereitos.
Pois eso, seguindo coa febre oriental, e coa febre do xénero, “2 hermanas” é un filme de terror fantasmagórico baseado nunha lenda popular coreana “Rosa e a Flor de loto” (traducción do título orixinal) que non debeu gustar á distribuidora así que o cambiaron pola das irmáns que é máis directo e comprensible. Esta historia xa fora levada ó cine, adaptada á televisión e ó teatro, pero non foi ata esta versión do 2003 dirixida por Kim Jee-Woon que conseguiu traspasar fronteiras.
Como filme, é deses que están de moda agora, é dicir, pantasmas, orientais, e feitos incomprensibles. Realmente, máis ca unha crítica o que merecería o filme sería un libro de instruccións.
O paralelismo máis claro sería con “La maldición”. O filme arranca como a sinopse, esa parte entendémola, despois aparecen mortos que non sabemos de onde saen e ó final do batiburrillo non sabemos quen está vivo, quen morto e quen é unha metáfora da sociedade moderna.
Con estes mimbres, o normal é que guste. Supoño que podes quedar mal se dis que non entendestes un filme, pero moitas veces, o problema non é que o espectador non saiba entender, senón que quen dirixe non sabe contar e creo que este é o caso.
A verdade é que me aburrín. Rescato catro ou cinco flashes que esteticamente che meten nunha atmósfera inquietante, pero fora deso o filme é bastante mediocre.
De feito, con tódolos respetos a Kim Jee-Woon, o filme parece un producto de marketing que aprobeita a situación actual do mercado para intentar facer pasta rápida. Esto xa o fixeron co de Dreamworks, así que mellor pasar páxina.
En todo caso un deses títulos que non se perden un festival terrorífico, léase primeiro Sitges e agora Fantasporto.
Nota: 4
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)