Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 24 de Febreiro de 2006
Goya 2006 ós mellores efectos especiais.

Título Orixinal: Fragile
Ano: 2005
Nacionalidade: España
Dirección: Jaume Balagueró
Guión: Jordi Galcerán, Jaume Balagueró
Interpretes: Calista Flockhart, Richard Roxburgh, Elena Anaya, Gemma Jones, Yasmin Murphy, Colin McFarlane, Susie Trayling, Daniel Ortiz.
Producción: Julio Fernández, Joan Ginard.
Producción Executiva: Carlos Fernández, Julio Fernández
Fotografía: Xavi Giménez
Dirección Artística: Alain Bainée
Música: Roque Baños
Son: Albert Manera, Manu G. Escudero, Ken Ralston, José Vinader
Montaxe: Jaume Martí
Sinopse: Amy é unha enfermeira que comeza a traballar en el Mercy Falls, un hospital infantil situado na Illa de Wight e que ten de pechar as súas portas despois de cen anos de servicio. Amy non tardará en advertir fenómenos extraños.
Comentario:
Xa que falamos de Fantasporto, non está de máis meternos un pouquiño no cinema de xénero. Frágiles é o novo título de Jaume Balagueró que ven de conseguir o Goya a mellores efectos especiais e que merecía algunha nominación máis, léase Calista Flockhart a mellor actriz, claro que o cosmopolitismo da academia española impide que eso sexa posible.
En canto ó filme, teño que dicir que Balagueró non me acaba de enganchar. Os seus filmes sempre se quedan a medio camiño de “algo” non se sabe de que, pero creo que é a mellor forma de describilo. A súa labor de dirección é moi boa, a factura máis que digna, pero os seus filmes non pasan da anécdota ou da imaxe terrorífica extendida no tempo ata completar a metraxe.
Eso é Frágiles, un filme tecnicamente intachable no que te pasas hora e media esperando que chegue algo que nunca chega. Nese sentido é o mesmo que “Los sin nombre”, o filme que o deu a coñecer, no que cando te querías dar conta xa rematara o filme.
Aínda así, ese tempo de espera ten a súa chicha. O arranque do filme é expeluznante. Vemos nunha radiografía como se parte un hoso dun neno e da un punto de grimiña. É unha pena que a medida que o filme vai avanzando, se vai desinflando pese a que temos máis datos sobre a historia.
Por outra banda, o público non debe pensar coma min, xa que Jaume Balagueró é un deses directores avalados por éxitos de taquilla internacionais. En fin, o filme dá para pasar o rato e os sustos intermitentes que hai polo medio están logrados.
A armada catalana de Julio Fernández funciona de perlas.
Nota: 5
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (3) | Referencias (0)